miércoles, noviembre 11, 2009

O misterioso incidente do tanga a media mañá.

Cargada coas bolsas de plástico do Mercadona e vai e soa teléfono. Pouso unha bolsa para poder coller a chamada e reanudo o camiño á casa nunha imposible, ridícula e perigosa postura. A chaqueta de punto subíndoseme por detrás e o pantalón perigosamente descendendo dende a xa insegura posición inicial de cadera baixa cara vai ti saber onde. Mais o portal da casa estaba a escasos tres metros, tería tempo de abrir e e mentres viña o ascensor recolocarme un pouco decentemente suadeira e pantalón. Quen me mandaría a min coller aquela chamada, tan comprometida ademais. Torcendo o pescozo ía eu falando e tratando de cumprir co respeto que lle teño a amiga T. cando de súpeto ¡¡¡aquilo!!!. Sinto que alguén me turra pola cinta da miña tanga. Deus. Eu completamente inmobilizada grazas ao teléfono e ás bolsas da compra. E aquela vella a saloucar como unha vella, atribuíndome todas as indecencias da biblia. Con vergonza e de esguello, ollo ao meu redor para comprobar se non traspasaría o espello. Tiven un acceso de violencia que fun quen de desobedecer. En canto pousei as bolsas e subín ben o pantalón a vella xa fuxira coas présas que lle infundira a xenreira contra min. Seguín acudindo puntualmente ao mercadona pero, iso si, ben axeitadiña e tapada ata as orellas.
A foto é só un reclamo, todo parecido coa realidade é pura coincidencia. Pista aquí.

5 comentarios:

Legnaresa dijo...

Seica dende aquelas unha vella merca todas as semanasa no macramercado ese que di vostede unhas braga-tanga a moi bo precio. Loquitos andan os vellos do luar e algunha que outra consorte que reposan día tras día na fiestra da Caixa as súas cadeiras gastadas polo pasodobre e o sacho e os seus ollos translúcidos cheos de reflexos das obras do barrio. Non se me recate por un ¡quitame aquí unha tanga! Lembre o tema de Ian Dury "Tócame con la tanguita ritmica" e ¡A gosar!... Hoxe no mercado voulle mirando as costas a todos os mozos por si alguén vai na mesma situación que vostede lucindo palmito cun fermoso tanga leopardino e teño ocasión de...falar dos documentais da TV2.

Ana Bande dijo...

Vaia vaia...eu xa non sei se terá vostede algo que ver coa condanada da vella aquela....si...si...ten vestede moito visio, mañá baixo ao mercadona e irei cos ollos ben abertos, mercarei un bo melón por se nos atopamos na saída.

r.r. dijo...

Non me fai puta gracia, pero estou escarallándome de risa. Síntoo.

(Seica anda xente polos arredores do mercadona tirando euros polo chan cando ven pasar rapazolas de bo ver e mellor tocar cargadiñas de bolsas e coa tea do vaqueiro pegadiña ó cú)

Macho Varón dijo...

Por fin!. Fato de herexes. Ides arder baixo estas piras de libros, papeis e demáis trapalladas culturais que veño gardando nos anaqueis da casa. Xa estaba farto. non tiña espazo para imáxe do Sagrado Corazón. Pero , nunca mellor dito, hoxe 11 de novembro: a todo porcolle chega a seu San Martiño. ¡Penitenciagite!¡Penitenciagite!

setesoles dijo...

Tendo en conta o carácter que se lle adiviña á vella, parese que a cousa non rematou tan mal... :)

Pra que logo veña a Amenábar a falar de fundamentalismos.

Un saúdo.