domingo, noviembre 15, 2009

Pasatempo artístico de temporada.


Celebro a actualización de pasatempos vangardistas coa miña particular proposta.O caso é que o autor desta composición retoume hai un tempo a descubrir algunhas das referencias que me sinala. Para contentar ao artista teño que adiviñar polo menos cinco artistas pero eu só vexo por aí agochado a Munch e O Bosco. A ver oh....un pouco de axuda, amigos!

8 comentarios:

X dijo...

O debuxo de abaixo á esquerda podería ser o perfil de Gala durminte no cadro de Dalí "Sueño causado por el vuelo de una abeja alrededor de una granada un segundo antes de despertar" (1944).
Deixo o enlace:
http://personal.telefonica.terra.es/web/jack/dali/sueno.htm

Beluka dijo...

á dereita, no centro máis ou menos, parece unha señora sentada que ten moita pinta de ser Whistler's Mother (Arrangement in Gray and Black) [http://en.wikipedia.org/wiki/Whistler%27s_Mother]
E o d'ao lado podería ser unha menina?
Non o vexo moi claro, pero ollo, que me tiveches media hora aquí apampando para atopar máis!
bicos!

Ana Bande dijo...

pois non amigxs, o artista dime que non...a seguir...

Anónimo dijo...

eu vexo a picasso no gernika (cabeza marrón), algunha cousa das anatomías de leonardo (figura de abaixo á dereita) e os peitos en amarelo pode ser modigliani??

Rue Valette dijo...

Por dicir algo, por non quedar calado e, talvez o máis importante, porque me fastidia non ter a solución! A min paréceme ver a Goya e os seus grabados e, aínda máis, os debuxos de Castelao no seu Diario 1921.
Esta vez non vou poder reclamarlle cervexa no Hipólito (aínda me debe unha, pero secadra xa caducou o prazo).

Ana Bande dijo...

Anónimo, nin guernika, ni leonardo ni modigliani, pero xa se sabe que en arte as interpretacións son libres...
Rúa Valette, fenomenal, vou agora ao Hipolito a saldar contas, podes ir por alí cando queiras, so tes que dicir que es amigo meu...ei...que ben quedei joé! bicazo!

SurOeste dijo...

Ana, un día destes armo unha e obrígoche a pagar as que debes. De la Rúe, non as dea por perdidas tan doadamente, home, que a esta hai que poñela a andar.

Ana Bande dijo...

Bronca inmerecida, dama do vento!