A maldición obsesiónase doadamente e adoita ensañarse co máis infeliz e inxenuo, co que malia coñecer o sabor do seu propio sangue expón a vida miserable que conserva para que lla volvan arrebatar unha e otra vez. A maldición obsesionouse dende hai séculos con México onde os homes disimularon a súa irrefrenable pulsión asesina con rituais de sacrificios humanos que tiñan a función de saciar aos seus deuses. Pero estas prácticas non son orixinarias da rexión. Están documentadas en todas as civilizacións, son o berce da nosa propia cultur. Pero semella que os deuses mexicas non se sacian nunca e os antigos Tláloc, Huitzilopochtli e Quétzalcoatl disfrázanse agora de policías, narcotraficantes, políticos, funcionarios, empresarios, mafiosos, procuradores e presidentes asasinos. Imaxine vivir nun país onde a súa filla non volve un día a casa e pasados dous meses ten que recoñecela nun corpo ao que lle arrincaron un peito ou o corazón. Imaxine que seu fillo de trece anos sae un día para ensaiar cos seus colegas de instituto e aparecen tiroteados no garaxe, entre os seus intrumentos musicaes e coas primeiras partituras que debuxaban na súa vida metidas nas súas bocas ensanguentadas. E malia todo os mexicas son un dos pobos máis alegres e apaixoados. Cicais esa curiosa complicidade coa morte lles fai tan valerosos e dignos. Non sei. De momento eu estou coma bloqueada co que pasa alí e procurando respostas atopo esceas como esta que vos deixo. Trátase dunha película que vos recomendo, O Violín, de Francisco Vargas, non a perdades.
IGNACIO MARTÍNEZ DE PISÓN: ENTREVISTA
-
"ESCRIBO DESDE EL FONDO DE UN RINCÓN OSCURO DEL CORAZÓN"El Premio de las
Letras Aragonesas de 2011, guionista de la película ‘Chico y
Rita’, ca...
Hace 5 horas
