martes, enero 25, 2011

imeils/1: sobre a Cidade da Cultura, de Teresa de Hipona.

Diariamente recibo moreas de imeils de toda pelaxe que desbordan a miña caixa de correo facendo imposible calquera intento de xestionar este tipo de comunicación. Ao final tiven que crear as típicas carpetiñas amarelas nun intento absurdo de clasificar un material que me resisto a guindar no lixo. Os powerpoint de gatiños, os debates de foros profesionais, as mensaxes de solidariedade con todo tipo de causas, case todas xustísimas, as comunicacións persoais con amigxs...resístome a prescindir de todo cun simple clic. Así que, agás o que xa vén clasificado polo filtro do sistema como spam, decidín quedar con todo e compartir sen permiso (algunha veces) e sen vergonza (outras poucas) os correos que me parecen máis graciosos, irreverentes, desvergonzados, palustres, ultracomprometidos, insultantes, frívolos ou cando menos curiosos. Andamos a voltas estes días a ver se atopamos algunha razón para apandar co Gaiás. Do que leo e sei deduzo que temos que papalo con patatas porque lles peta aos que mandaron e aos que mandan, aos que están na pomada (uns poucos) ou aspiran a estalo (case todos)...pero que quede claro...

o da cidade da cultura é inenarrable, se che conto o que fixen alí o outro día alucinas. Cheguei pasadas as dúas da tarde, porque o sábado pechan a biblioteca Anxel Casal a esa hora, e antes de ir comer decidín ir ata alí para ver que horarios tiña e demais. Había un coctel con medio centear de persoas, entrei pola porta dirixinme a un garda de seguridade porque era o único persoal recoñecible que vin e antes de que lle preguntara nada xa me advertiu que non podía pasar ao ágape. En fin, repliqueille que só quería informarme de como funcionaba a biblioteca e díxome que preguntase máis adiante. Non había ninguén a quen preguntar, así que dei unha cantas voltas polos estantes, e vin que case toda a colección deses estantes era sobre biblioteconomía e documentación. Dez minutos máis tarde estaba sentada nunha mesa facendo test do tema de arquivos dun manual de academias da editorial X. Pensei, madre de deus, aquí estou facendo test nun continente de 400 millóns de euros, algo que podería facer en calquera biblioteca de barrio cuxa construcción se podería facer por 4 millóns de euros, máis ou menos. O do ágape era por un ciclo de conferencias sobre escritores que hai os sábados ás 12.00 horas e que, segundo publicou un xornal, custa 130.000 euros, non está nada mal para uns coloquios-jolgorios para disfrute de medio centear de diletantes e algúns interesados na literatura, que tamén os haberá, non digo que non, pero o mesmo, esas mesmas conferencias poderían terse impartido na sala Sargadelos no centro da cidade, ou en calquera aula de cultura das que hai en Compostela. De novo, santo deus un continente de 400 millóns de euros para que veña María Kodama a falarnos de Borges! Juapa, xa falamos, cóidate moito, non fumes, bicos e feliz frío día de domingo.
Foto: Granada, 2009

3 comentarios:

Ana Cosque dijo...

Un despropósito. E se agora hai libros, aínda que só sexan de biblioteconomía, é algo, que nas xornadas de principios de decembro non había nada. Metros e metros cúbicos de aire compostelano.

Non estaba alí, pero como se estivese dijo...

A dar esas suculentas conferencias, e aos seus non menos suculentos ágapes, xa se apuntaron a dalas varixs dxs que latricaban contra o invento de Gaias até o mesmo momento en que recibiron unha chamada telefónica propoñéndolle un negocio tan lucrativo. A partir de aí fixéronse "flexíbeis". A vaquiña é de todos e hai que saber munguila.

Alicia dijo...

Nena, ayer leí en el País que se va a inaugurar el Museo SIN FONDOS para que observemos la maravilla arquitectónica.
Prrrrrrrrrrrrrrr

Ali