viernes, enero 19, 2007

Blog archivium-sancti-iacobi


Foto: Ana Bande.

Esta é unha foto que fixen hai uns vinte anos, creo, nun dos mosteiros da Rioxa, ¿San Millán?, pode ser. Lembro ir por un corredor e tirar desta humilde portiña na parede blanca e a sorpresa que levei cando se me apareceron estes pesados e ricos libros. Temén me asombrei do deplorable estado no que se conservaban nun mosteiro tan importante e que acolle as primeiras letras no castelán. Rotos, cheos de polvo e deformados pola incomodidade da postura á que se lles condenou durante séculos conservaban toda a súa dignidade erguidos sobre uns raís de madeira dos que se tira por medio dunhas argolas de ferro. Aproveito a foto para darvos a coñecer o blog archivium-sancti-iacobi, unha iniciativa dun grupo de investigadores sobre documentación medieval.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Amiga Ana. Noraboa por este blog tan necesario e grazas por esa información. Teñoo no meu blog coma visitados con frecuencia.

Ana Bande dijo...

Prezaso arume,
estiven polo teu barrio e disfrutei moito das túas reflexións. Apertas.

Anónimo dijo...

Ana, yo tengo la misma foto hecha en 2006, ya te la enseñaré, porque no tengo ni puñetera idea de como ponerla en el comentario. Biquiños, paz (..del peche)