miércoles, enero 16, 2008

Os curas protestan.

Esoutro día tiven a ledicia de voltar á miña Auria. Andiven polas rúas e recunchos do meu barrio do Couto lembrando o meu particular paraíso perdido. Perante esta imaxe, de súpeto quedei paralizada no medio da rúa. ¿pero que é esto? A igrexa dos Salesianos aparece tuneada cunha enorme pancarta ¿reveindicativa? Os curas séntense afogados...esa si que é boa, afogados, eles os representantes dunha institución que leva milenios chuchando dos máis pobres, eles, os máis perniciosos axentes de subdesenvolvemento, os que sobreviviron vendendo indulxencias, avasallando ao pobo. Semella que lle están a ver as orellas ao lobo, seica cada vez somos máis os que rexeitamos o fanatismo dunha clase que quere seguir vivindo do aire...en fin. Como antídoto aquí tendes unha boa lectura. Neste precioso libro B.Russel atina coas respostas ás cuestións máis sinxelas que adoitan ser tamén as máis problemáticas. As persoas máis escépticas nesto da relixión adoitan ser tamén as que amosan más coñecemento. ¿coñecedes a moitos cristiáns que lean os textos sagrados e se molesten en cotexar datos e plantexarse preguntas?

10 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Para qué! ¡Tenemos ffffe!

(Se debe estar muy bien en el infierno...)

R.R. dijo...

http://espello.blogspot.com/2008/01/por-que-son-atea-e-non-agnstica.html

¿Casualidade?

Anónimo dijo...

Si que hai moitos -millóns incluso- cristiáns que len os "textos sagrados". Todos os protestantes, sen ir máis lonxe. E varias veces nas súas vidas.

Outra cousa son os católicos, cuxa maioría nunca tiveron unha Biblia nas mans.

Eu recomendo sempre ler a Biblia. Non como fonte relixiosa, senón como unha obra de litetatura fantástica e de antropoloxía cultural. Insuperable!

Ana Bande dijo...

RR,
Veño de velo,excelente post o seu, coincido en case todo con ela. Este libro o lin hai tempo. É unha desas lecturas que fago por parellas. Por qué no soy cristiano,de B.Russel, e a obra de Marina "Por qué soy cristiano" (esta gustoume menos, por certo). Agora ando cos Ensaios Impopulares, tamén de B.R.

Apicultor,
Sempre atinadas as súas verbas. Coincido. ¿e será porque len tanto a biblia os protestantes que fixeron dos seus países sociedades moito máis desenvolvidas que as dos católicos?

Nuca dijo...

a pancarta leva nos salesianos unha morea de tempo sen que a ninguén pareza impactarlle moito a mensaxe...

Anónimo dijo...

A mín a pancarta pareceríame fenomenal sempre que reflictira unha realidade, cousa que máis ben penso que non é. A grande experencia en marketing da institución eclesiastica merece un respeto ¡oiga usted!.
Eu tamén me sinto afogado pola Consellería de Facenda todos os anos e aplicando o “benchmarking” e un bo catálogo de “boas prácticas”vou por no meu pequeno balcón unha pancarta similar aínda que máis pequerrechiña (magoa que non teña un palacete tan jrande coma o da súa empresa, cun patio de recreo tan grande coma para obter rentas por desgaste de patio,...). Que lle pregunten a empresaria da churrería que teñen xusto diante.
Agora si, reivindicar hai que revindicar que algo sempre queda. Eu, seguindo o seu exemplo, para o ano que ven no nadal ei mercar un moneco inchable para que suba gaveando pola fiestra en sustitución do Papa Noel,do Melchor, do Gaspar e do Baltasar. Cousas da educación “en un colegio de monjas”. Mira tí.

Anónimo dijo...

Sí hai cristiáns que fan preguntas. As menos, supoño que a sí mesmos; as máis, ós terceiros, por exemplo: o crego da parroquia (¿cuántas veces, hijo mío?, ¿solo, o en compañía de otros?), o presidente da Conferencia episcopal (¿has marcado ya la casilla correspondiente en tu declaración de la renta?), monseñor Rouco (Federico, hijo, ¿no te estarás pasando con las diatribas?); e así sucesivamente.

Por certo que monseñor Rouco, ademáis de facer preguntas tamén as recibe. Como por exemplo do seu sobriño ó dia seguinte de morrer o anterior bispo de Lucus Augusti (monseñor tío... ¿qué hay de lo mío?).

Ite, misa est. ¡Descreídos!

Anónimo dijo...

Si, aí ó Marina fóiselle un pouco a ciencia por algún burato na cabeza...

Anónimo dijo...

Esa frase, señor(it)a Bande, pronunciouna San Darío (foi súa muller, pero a igrexa ten estes vicios) mentres o botaban do cine logo dunha discusión que naceu do pecadento feito de aparecer na pantalla Harvey Keitel en bolas, non sei se lembra a "ricanédota". Aclaro porsilasflais.

Ana Bande dijo...

Occam,
Non é que me estrañe, Auria está afeita dende séculos ás falcatruadas da igrexa, mágoa que se perdera aquel espíritu rebelde dos aurienses que se opuxeron tan afoutadamente aos abusos do cabildo na idade media.
legnaresa,
curiosa visión a súa. Dende logo saben de marketing. E darán a misa en galego o só empregan esta lingua para as súas campañas?

Can,
Sempre tan retranqueiro vostede. Si, as mesmas preguntas dende séculos...son unha especie cunha capacidade de adaptación que xa quixeran as xirafas.

San Dario,
Lémbreme esa anécdota porfa...