domingo, enero 21, 2007

ESTAMOS PECHADOS NA REITORÍA DA UNIVERSIDADE DE VIGO



O colectivo de traballadores da Universidade de Vigo-persoal laboral-, levamos pechados na reitoría tres días logo de casi dos anos de negociacións frustrantes co equipo de goberno. ¿qué pedimos? pois algúns ser mileuristas que é o que se leva. Si, sí, podedes crelo, hai persoal desta universidade que gaña 800€ ao mes. Bueno, eu mesma, bibliotecaria do grupo III, gaño exactamente 975. As horas do peche dan para moito, entre outras cousas para poñerse ao día dos chanchullos que teñen lugar na institución, que parece que todo o mundo sabe pero ninguén é quen de denuncialo...milleiros de cartos que con motivo do Prestige se repartiron uns cantos, fundacións que reparte cartos entre ficticios equipos de investigación, directivos que levan a contabilidade de memoria e acosan aos administrativos que queren cumprimentar como Dios manda os libros de contabilidade... e nós pobriños conserxes, bibliotecarios (algúns, non os funcionarios que gañan dous veces máis que nós), auxiliares de deportes (os que veñen de aprobar a oposición gañan 800 euros), e outros moitos máis traballadores, nós somos agasallados dende hai dous anos con ameazas de cambios de quenda por razóns de servicio, incremento de funcións por 20 euros ao mes, en fin...unha mágoa de xestores que en tempos de abundacia enchen os petos e deixan que a institución a organice San Teleco que para iso se lle deixa facer o que lle peta no día da súa onomástica. Iso si, o humor non nos falta, se queredes podedes seguir o peche no noso blog.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu aínda non entendo como non se denuncia unha a unha todas as anomalías e falcatruadas que describe con todo detalle o Consello de Contas. Bueno, sí. Cando falo diso cun algún colega, rise e mira para outro lado: estará tamén el mezclado no escándalo? Unha vergonza. Nin oposición nin ostias: todos a chupar do bote.

Anónimo dijo...

Prezado Marcos Ende, todo é cuestión de comezar a remexer, se ti tes información debes facela circular; aos corruptos pásalles como aos bechos, medran no silencio e na obscuridade, cando hai portas e ventás abertas non o soportan e corren espavorecidos...

Anónimo dijo...

Eu non teño a información: é nada máis e nada menos que o Consello de Contas de Galiza o que descubriu todas esas falcatruadas. Non son ilegais, son incorrectas desde un punto de vista administrativo e contable, pero en todo caso son vergonzosas. Na web de CC.OO. (supoño que nas outras tamén estará) pode consultarse tales arbitrariedades.

Beluka dijo...

fascinante que se tiren tantos cartos en caralladas cando o persoal traballador non está a recibir o que merece. roubade as impresoras láser a cor, as pantallas planas, os aires acondicionados... son vosos, son os cartos que se gastaron ao tolo para que o orzamento non diminuíse ao ano seguinte no canto de se empregaren para o ben da educación ou do persoal traballador.
unha aperta grande e todo o meu apoio.

Ana Bande dijo...

Grazas Sabela pola túa comprensión, unha aperta.

cambote dijo...

pois forza e saúde!!

Anónimo dijo...

Sodes bibliotecarios do grupo III porque así o quixestedes nunha votación.
O natural, e polo que vexo máis beneficioso, é ser funcionario grupo C coma o caso do persoal de bibliotecas das universidades de Santiago e da Coruña.
Penso que vos iría mellor se pedírades a funcionarización.
Unha compañeira do Norte

Ana Bande dijo...

Tés toda a razón compañeira do norte mais o sur éche distinto, falar de funcionarización é predicar no deserto...hai sindicatos que levan séculos beneficiándose de convenios "a medida" e procesos selectivos que están a altura de calquera operación malaia...é difícil erradicar iso...se eu che contara...

Anónimo dijo...

http://www.ccontasgalicia.es/pdf/INFORMES/ADMINISTRACION_COMUNIDADE_AUTONOMA/ADMINISTRACION_INSTITUCIONAL/2003/Universidade_Vigo_2003_G.pdf

É o informe do Consello de Contas sobre a Universidade de Vigo. Algunhas alfaias:
A Unidade de control interno forma parte dos servizos administrativos da xerencia,
de xeito que non quedan asegurados os principios básicos de plena autonomía e
independencia respecto das autoridades ás que fiscaliza ou controla. En vez de controlar
ou fiscalizar a súa xestión, colabora con ela emitindo notas informativas para mellorar a
tramitación económica dos expedientes de gastos e pagos.
A Universidade conta cunha sociedade -Cidade Universitaria S.A- para intervir na
promoción inmobiliaria dos campus de Vigo, na que participa directamente nun 50,5%
do capital social. Esta sociedade, á súa vez, participa no 100% do capital da sociedade
Tenda Universitaria S.L. As contas desta sociedade limitada, na que a Universidade
participa de forma indirecta, non se renden ao Consello de Contas. Non está definida
ningunha forma de actuación do servizo de control interno sobre as actuacións destas
sociedades, polo que non se exerce ningún control sobre os aspectos relacionados coa
xestión do seu persoal e a contratación.
As obras de construción do edificio do aulario e da zona comercial, cine/teatro e zona
deportiva foron adxudicadas por Cidade Universitaria S.A. a unha empresa que non
acadou a maior puntuación en relación cos parámetros establecidos no prego de bases.
A documentación aportada pola sociedade non constitúe motivación suficiente que
xustifique as adxudicacións realizadas, polo que a pesar do cumprimento dos principios
de publicidade e concorrencia non queda acreditada a obxectividade nestas
contratacións.
O elevado importe de modificacións orzamentarias, que representan un 40% do
orzamento inicial de gastos, pon de manifesto a falta de previsión na fase de elaboración
deste instrumento. En xeral, as propostas das modificacións orzamentarias non expresan
suficientemente as razóns que xustifican estas operacións nin a incidencia que terán na
consecución dos obxectivos previstos.
A elaboración do orzamento do capítulo I non se efectúa atendendo ao custo dos
efectivos do persoal docente e investigador. Incúmprese deste xeito o disposto no artigo
81 da LOU, que establece que ao estado de gastos correntes acompañarase a relación de
postos do persoal de tódalas categorías da Universidade, especificando a totalidade dos
custos da mesma. O feito de que a Universidade non conte cunha relación de postos de
traballo do persoal docente e investigador impide verificar a existencia de prazas
vacantes e constatar se os novos postos adxudicados están dotados orzamentariamente.
A nómina do persoal, que representa máis da metade do gasto da Universidade, non é
obxecto de fiscalización polo servizo de control interno.
EN FIN, PARA QUÉ SEGUIR (SÓ EN DÚAS PÁXINAS DAS CONCLUSIÓNS)

Anónimo dijo...

Grazas de novo Marcos Ende, terei que ler con calma e mirar todo iso, aínda que sexa unha lectura árida hai que coñecer onde se coce o balalao desta Universidade ...para logo identificar aos Gil, Yagüe, Muñoces, Zaldívares, etc, etc, etc...

Anónimo dijo...

Grazas, Ana, pola tua xenerosidade.