miércoles, diciembre 19, 2007

Educación, deseducación...

Cada vez que temos os resultados do informe famoso, poñemos a misma cara de parvos fronte a coñecidísima desfeita producida pola atrofia dos diferentes gobernos en materia de educación. E non estou falando do tema do día. Aínda que rexeito as xeralizacións, confeso que me costa moitísimo quitarme de dúas. A primeira, e que emprego cada vez máis nunha procura desesperada de ideas que me fagan reflexionar sobre a posibilidade de que poida ser falsa e esa de "semella tan ignorante como un concelleiro do bloque". A outra refírese aos pedagogos, os mestres da deseducación. E non vos incomodedes comigo, non tendes máis que lembras o tempo do C.A.P. e xa me contaredes (os que non o fixérades, aproveitade pare ler o artigo de Moncha Fuentes sobre o vergoñento sistema de oposición a mestres de secundaria). Non sería mala idea abrir un debate sobre as bobadas que nos dixeron/fixeron un par de idiotas con título universitario durante seis meses (eu fun afortunada, fixen a versión reducida). E logo está a versión híbrida, o cumio da excelencia, que dirían os técnicos de calidade, esoutros "desfacedores de entuertos": o concelleiro do bloque titulado en pedagoxía ou ramas afíns. Antonio Muñoz Molina no seu artigo El libro ilimitado fai unha severa e certeira análise. Recomendo a súa lectura.

2 comentarios:

R.R. dijo...

En caso de querer facela máis xeral, deixaría a afirmación en "máis ignorante que un concelleiro", pero alá usté.

O texto de Muñoz Molina é moi bo.

E eu no CAP aburrínme bastante con todo o mundo pero tiven a sorte de dar con Suso Jares e aí saín gañando. De tódolos xeitos, o estado da educación non é culpa só dos profes, nin só dos pais nin só dos alumnos. Aí entran os medios e a sociedade en xeral, unha máquina de transmitir valores nefastos. E iso ten difícil remedio porque estou convencido de que ós políticos e ós que teñen o diñeiro interesamoslles analfabetos e consumidores: canto máis ignorantes sexamos máis fácil será controlar a nosa conciencia, a nosa actitude e o noso voto.

Déixolle aquí o enlace a un decálogo do señor Apicultor noutro bló. Ten chicha a cousa.

Saúdos e paciencia, Ana, pero pouca, non deixes de rosmar.

Ana Bande dijo...

O que pasa que o de botarse a culpa á sociedade e aos medios é un xeito de diluir responsabilidades que fai imposible a procura de solucións. A sociedade e os medios, e as institucións e os profesores, o os pais/nais, somos cada un de nós. A educación, coma outros eidos da convivencia está rexida por normas, as normas as fan uns determinados representantes e as executan uns determinados responsables. ¿e que acaso cando hai unha subida galopante dos tipos de interés que ameazan con deixarnos a casi todos co cú ao aire botámoslle a culpa á sociedade? ¿ou cando hai unha guerra? ¿ou nos casos de corrupción urbanística?