sábado, enero 26, 2008

Benvida a Galería Chroma en Vigo.

Ana Legido.

Logo da fantástica sorpresa da apertura da Galería Chroma na Avenida Florida, a unha carreiriña da miña casa, celebro hoxe a chegada ao fantástico mundo do virtual do seu bló. Deséxolle a Mari Luz e Álvaro tanto éxito como xenerosidade amosan abrindo este precioso espazo para disfrute da cidadanía. Ogallá estén aquí moitos anos. Ata o 31 de xaneiro podemos ver obras de Antón Pulido, Ana Legido, Antonia Payero, Xosé Luis de Dios e Antonio Quesada. Podedes aproveitar a tarde para tomar unha tortilla no Carballo, unhas croquetas non Tapeo, ou mesmo unha brocheta de canguro na cervexería Bremen. Para rematar por suposto, un cafeciño no Hipólito.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ana Bande: Se queres ver una boa exposicion de pintura expresionista abstracta, vai a Galeria Chroma, dende o 7 de Marzo, expon o meu home Javier Riveiro.

Geni Fernandez
FFT