martes, enero 29, 2008

¿censura vs.democracia?

Hoxe chégame unha nova moi sinistra. O Corte Inglés seica ven de retirar dos seus andeis tódolos exemplares do libro "Zaplana, el brazo incorrupto del PP", de Alfredo Grimaldos. Contrastei a información directamente tentando reservalo pero inexplicablemente no Corte Inglés non teñen noticia desta publicación malia terlle facilitado tódolos datos do libro. Na rede atopoaredes información valiosa sobre este caso de flagrante censura na nosa exquisita democracia. Javier Ortiz, o editor da colección Foca que edita o libro o explica todo detalladamente no seu bló. Non sei se me cabrea máis que se publiquen as burdas mentiras de personaxes coma este (menos mal que temos historiadores como o xenial Espinosa que se molestan en deconstruilo) ou que se censuren traballos que son consecuencia de investigación seria que procuran un achegamento á verdade para que sexamos quen de recoñecer os feitos históricos e lembremos que o que temos agora témosllo que agradecer a milleros de cidadáns anónimos que morreron sen saber por qué, e non a encumbradas figuras políticas herdeiras do máis rancio do noso pasado. Eu, mentras non atope este libro botarei ollo destoutro do mesmo autor que tivo un pouco máis de sorte coas súa distribución, e xa vos contarei. A propósito, este venres Grimaldos virá a falar a Ponteareas. Saúde e boas lecturas.
Máis información: mundogaliza rebelión.org.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Hipotecas Zaplana: pídalas hoy y pague cuando le dé la gana

(Cita de encabezamento dun dos capítulos do libro en cuestión, que vai camiño de se converter en dito popular valenciano).

E, como diría Fraga,... notengonamáscañadirrr...

Anónimo dijo...

Pois xa ten moral ao querer ler ese libro sobre o Zaplana, play boy para damas.

Anónimo dijo...

Non, amigho: folleéino uns minutos nada máis, na procura dalgún episodio ou chascarrillo zugoso. E, por suposto, de balde: na biblioteca. Uma aperta!

Anónimo dijo...

Eu referíame a Ana, pero tamén pode valer para vostede. Aínda que iso de que o follou -perdón, folléou- uns minutiños non sei se será signo dalgunha oculta perversión que todos levamos dentro.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Unha cousa é fornicar e outra ler... non me foda! ;-) Outra aperta (esta sí, no meu nome).

Ana Bande dijo...

Non, o libro sobre Zaplana non preciso lelo, que hai que coidar o cada vez máis escaso sentido do humor que nos deixa a idade e a política. No de play boy para damas nin gosto da expresión nin concordo co calificativo, claro que eu non son unha dama e o Zaplana aparte de "poñerme" menos que unha lavadora, arrepíame de verdade, vamos que tería que tomar unhas cantas doses dese novo xarope contra a preguiza sexual feminina.

Anónimo dijo...

O de play boy para damas referido a Zaplana, obviamente, era unha ironía e, á vez, unha referencia á lenda urbana que afirma que, cando era presidente da comunidade autónoma valenciana, se comportaba como un baboso que ía detrás, cunha insistencia raiana no acoso, de toda femia que se lle puña a tiro. Contan as malas linguas que o asunto chegou a tales extremos e con mulleres casadas de homes da súa confianza política, que ese foi un dos motivos de "emigrar" á política madrileña.

Naturalmente que eu comprendo perfectamente que a calquera muller con ideas progresistas e cun mínimo de gusto, lle arrepíe un tipo como Zaplana en todos os planos, incluído o sexual. Pero a outras, doutro tipo, ao mellor non. Ten que haber de todo e para os gustos, incluso para os malos gustos.