jueves, enero 31, 2008

De pollas y de arte...





















[Foto:
Gárgola do mosterio de San Martiño Pinario.Aser A. Fdez.
Non imos desprezar as fermosísimas e mal chamadas gárgolas de Notre Dame que tanto sorprederon e gostaron a Castelao segundo el mesmo recoñece no seu diario. Recomendo moito ese libro, por certo, no que deixou ducias de debuxos deses monstros hoxendía famosos grazas máis as películas de disney que aos contidos dos programas de estudos. Temos aquí en Galicia exemplos ben sobranceiros da portentosa imaxinación daqueles anónimos mestres imaxineiros que eran quen facer extraordinarios programas escultóricos que movían ás xentiñas cara a igrexa aínda que logo e como terapia contra tanta bobada e polo mesmo prezo deixaron fermosas pegadas como esta que vos poño aquí.

E falando de pollas e de arte, que era o tema do post, aquí vos deixo un artigo tan interesante como o seu título: La polla de Cervantes. Consideraciones sobre cómo la remetería y que pajillas echaría, de
Fernando Iwasaki, ao que chego, como moitas veces pola vía do interesantísimo traballo do repositorio InfoEditexto.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Que susto levei co título do post! Pensei que ía entrar en terreos movedizos.

A min, as quimeras de Eugène Viollet le Duc en Notre Dame parécenme sinxelamente deliciosas. Xa sei que son impostadas, pero, despois de tanto tempo, forman xa parte indisociable da súa arquitectura: o artificio devén natural.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Ah, supoño que, ademais da edición de Galaxia, miraría a edición facsímil dos Diarios de Castelao publicada pola Deputación de Pontevedra hai anos. Unha marabilla, os seus debuxos, a súa letra, ...

Outro saúdo.

Ana Bande dijo...

O post, entre outras cousas é unha especie de xogo para comprobar a importancia do título en relación co "indice de audiencia". Chamoume a atención o título do artigo de Iwasaki e ata fun mergullarme na rede na súa procura, e menos mal que pagou a pena...logo lembrei, non sei a conto de que polla...ja..ja..esa bonita foto que adorna a miña mesa de comedor...Si, a min tamén me gustan as quimeras de Notre Dame, por suposto. O diario de Castelao que estiven a ler hai pouco foi a edición facsímil publicada pola Deputación de Pontevedra que temos aqui na biblioteca, un libro precioso, tanto os textos como os debuxos. Chamoume a atención a profundide e actualidade de moitos dos seus comentarios sobre arte case tanto como o "pailanismo" doutros que hai que comprender no seu contexto. Eu vexo a Castelao con dous patacóns morto de frío no medio e medio dos Campos Elíseos e sobre todo naquelas exposicións dos modernistas que non acababa de entender...¿imaxina? Vindo dunha Galiza oscura, famenta e aínda vivindo naquela eterna longa noite de pedra....

Xaime dijo...

Non fai falla que o imaxine morto de frío en Paris é que nasceu, viveu e morreu soziño e mortiño de frío entregado a unha causa que non sei se saberemos sobrelevar.
Dito esto, Castelao elle máis estudoso que artista ( que me perdoen os puristas, xa sei que gañei o inferno.
Por certo Apicultor, sabe quén era o Presidente da Diputación cando se publicou o Diario de Castelao e por que se fixo.

Xaime dijo...

Pois na edición que teño eu o Rajuá (XDC sic), sobor dunha primeira que fixera Filgueira Valvede sendo Director do Museo Provincial que me parece que é que ten os dereitos e o orixinal, xa que fora becado polo Diputación para a viaxe a Francia.
Houbera na Boa Vila un pequeno gran revuelo na sociedade ben pensante pontevedra xa que algunhas das cousas que dicía Castelao non se podían -ou non se debían- publicar.

Anónimo dijo...

O "bo" que tiñan en Galicia estes do PP era que como a cultura lles importaba tres pitos, deixaban facer aos demais sen demasiadas complicacións. Neste sentido, din que agora é distinto, que hai máis control.

conde-duque dijo...

El facsímil del Diario es precioso. Os lo recomiendo a todos. Imagino que en alguna librería de viejo se podrá conseguir.
¿Por qué no lo vuelven a publicar en Galicia? No lo entiendo. Para mí, junto con "Cousas" y las Memorias de un esqueleto, es lo mejor que escribió Castelao.

Anónimo dijo...

si no le importa me quedo con la imagen,
(¡que carallo,! ¿y, si le importa?)

bueno si le importa me lo escribe en gallego y como casi no me entero, si eso...
- ..NO, no es por una buena causa, no.
No obstante un saludote

Ana Bande dijo...

Anarkasis, con ese alcume precioso, non ten que pedir permiso para apropiarse da foto. Parabéns polo seu precioso espazo, xa hai moito que está entre as miñas visitas obrigadas.

Beluka dijo...

Aniña! Volvín! E non só á blogsfera. Vémonos pola FFT, como doutoranda e como profe... Seica. :)
Moitos bicos!

Ana Bande dijo...

Parabéns Belukinha, pero non estou na FFT, ven pola biblioteca Central pola mañá.

A profa dijo...

Menudo achado!
:D

Nuca dijo...

Cando dí "exemplos ben sobranceiros da portentosa imaxinación daqueles anónimos mestres" refírese a notable desproporción anatómica do monstruiño?

R.R. dijo...

¿QUé?