Xa vos teño falado deste blogueiro insular, e agora volvo recomendar unha visita á súa morada virtual. Deste Can Sen Dono, gústame o nome, a súa ollada crítica e aceda da realidade, a súa paixón pola terra, o súa escrita irónica e intelixente, as súas ligazóns, a frescura dos seus post, e agora gústame tamén a seu agochado autorretrato, as súas zapatillas e o recuncho dende onde fai as súas marabillosas deposicións...Achégame esta foto por correo-e e penso que teño permiso para publicala, por seguir co meme aquel. Bicos e apertas canciño, que sigas aí por moito tempo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
a min tamén me gusta visitar ao can sen dono. o mundo sería algo máis cincento sen cans ceibes que amosen as súas zapatillas.
grazas pola foto, agora xa poderei miralo aos ollos cando o vaia visitar.
beatriz (toxomar)
Ah, pois a este can non o visitara eu nunca (o outro can que si era Cave Canem) e gustóucheme ben a súa covacha. Volverei.
Cachis la tos, hombre...! E que ninguén me vai dicir o ben que me queda a boina, que non txapela??
A boina, si señor, ía botarlle ue o responso a Dona Ana por non mencionala...
Tes pegado un chicle na zapatilla.
Canciño, canciño...
Non é un chicle, miña nena: é un pegote de cola especial marca ACME co que tiven a nefasta idea de tentar poñer unhas molduras no teito.
Oito ou dez horas a porfiar máis tarde, e entre bufidos e maldicións, foi cando por fín me decatei de por qué Deus noso señor criara ós profisionais da ñapa...
a postura é tamén de ioga o estilo lula fortune ou é colleita propia?
Máis que un can xa pareces o coyote con eso da marca ACME.
Biquiños.
E outro para ti, Ana, que esto é un abuso. Voulle dar a murga a Cansendono na súa casa.
Publicar un comentario