viernes, julio 04, 2008

Paco, Héctor e Ingwie Malmsteen en Vigo.

Onte viñeron Paco e Héctor de Auria para asistir ao concerto de Malmsteen na Sala A. Foi unha tarde escatolóxicamente gloriosa. O mítico guitarrista non tivo a súa mellor tarde, eso noteino eu ben no medio do éxtase propiciado polos máis de 3000 vatios, os xogos de luces e o fume natural e artificial que adoita acompañar a este tipo de eventos. Malmsteen tocou ben pero pouco. Nen sequera lle deu tempo a sobar as catro Fender que tiña preparadas. Só bailou cunha delas, e grazas a Hendrix non a escachou para desgusto de Héctor que estaba ben disposto a arrapañar con tódolos anacos. Pero Malmsteen mareábase, eu decateime pronto, xa dixen. Mesmo tiven un pouco de medo de que se viñera abaixo. E por moito que berráramos, Ingwie quería marchar. Os seus seareiros, una lexión de heavies fieis á boa música daban un pouco de mágoa. Que rapaces tan tranquis. De ser un concerto de Bisbal, alí había "hondonadas de ostias", pero os jevis non son xentalla e iso que imaxino o amolados que estarían logo de pagar 35 euracos por poco máis dunha hora do seu deus. Quedamos a pedir máis e máis pero nada, por alí só apareceu un que colleu o micro para dicirnos o que xa sospeitabamos. Malmsteen tivera un baixón "de tensión" e estaban agardando a ambulancia. Marchamos. Non me importou porque eu a quen quería ver e sobre todo escoitar era ao meu amigo Paco, un pedazo de persoa do que me gostaría falarvos e contarvos milleiros de anécdotas. Paco, quérote. Héctor, que ben che acae o nome, L., tía, eres a máis grande, e L., a nena máis espelida do mundo mundial. Que sorte disfrutar da vosa amizade!


Héctor co batería da banda
Para os detallistas ¡atenta Vailima! Fíxense no bonito detalle da parede da sala de concertos alá ao fondo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas Ana! Son Héctor. Ó final colocaches ás fotos, eh? Bueno, dous detalles: o guitarrista é Yngwie, con 'y' (ainda que estea escrito en galego, ese é o seu nome orixinal, ou para máis detalle, déixoche o nome completo:'Lars Johann Yngwie Lannerback'), e outra cousa é que quero que quede patente o meu desprezo ós que abuchearon a Malmsteen cando se encontrou mal. Esos nin son fans nin son nada. O que tiñan que facer era animar ó seu ídolo, e se non o fixeron, é porque impórtalles un carallo o que lle pase a este músico. É certo que deberon devolver os cartos da entrada en compensación, ou polo menos parte deles, pero iso é responsabilidade do dono do local, e non de Malmsteen, o cal foi contratado para tocar e o cal non puxo á venta as entradas, senon o dono do local, ó cal só lle interesa gañar cartos. Era a ese señor ó que había que gritarlle e meterlle unha paliza para logo tiralo ó mar, e non a un músico que foi contratado a tocar cunha cantidade de cartos anteriormente pactada no contrato, independentemente das entradas vendidas.

Para o que queira, déixolle esta información adicional cos nomes dos compoñentes do grupo:


Guitarra: Yngwie Malmsteen

Vocalista: Tim “Ripper” Owens

Baixo: Bjorn Englen

Batería: Patrik Johansson

Teclista: Michael Troy

Tras esta 'breve intervención' despídome Ana, a ver se vémonos pronto.

Ana Bande dijo...

Ei Héctor. Grazas polas correccións e pola información do grupo. Haberá que facerlle un seguimento a estes rapaces, sobre todo ao batería, je..je..e ao baixo. Do teclista gustounos pouco e o cantante nen falar. Sorte. Vémonos pronto.