P.D. Adicado a P.B. o meu ateo de cabeceira.
miércoles, diciembre 31, 2008
Noli me tangere
lunes, diciembre 29, 2008
De libros e de libres
Cando me decatei de que tiñan pasado dez anos sen ler un só libro decidín abandonar aquel traballo. Desprezar un bo salario e un contrato indefinido por unha razón aparentemente tan romántica pode parecer unha tolería nestes tempos de pensamento único nos que a felicidade só se relaciona coa crecemento exponencial da conta corrente mais par os que amamos o libro a rutina diaria só é levadeira se se lle cumpre o gusto aos sentidos. Temos que saciar a fame de lectura cunha boa enchenta de páxinas. Se poden ser cinco comidas diarias mellor que tres, e por suposto a dieta ten que ser variada en xéneros, rexistros e temas. A fuxida tiña un destino moi claro e malia ter as destrezas e a ferramenta para o traballo noutros oficios decidín que tiña que ir a vivir e tolear nun depósito de libros. Imaxino que o ideal sería un antro como aquel no que Jindřich Haňta, o de Bohumil Hrabal na súa marabillosa Unha soidade demasiado ruidosa prensaba os libros que desbotaba un réxime dictatorial no que tanto amolaban as letras. Eu tamén debecía por chuchar no zume verquido polos desaugadoiros da cultura lixo na que vivía. Pero son outros tempos e hoxe as moreas de papel que sobran por falta de ganas e tempo para ler, hibernan acomodadas en anaqueis de deseño, clasificadas, catalogadas e protexidas por especialistas que gostan chamarse xestores da información. O de bibliotecario, cicais por cheirar demasiado a vello vai quedando para uso literario. Conquerín aterrar nese territorio amigo e o balbordo de voces de tódolos séculos e lugares comezaba a ocupar tódolos espacios baleiros que tiñan sido violados polos vermes daquel mundo corrupto que ameazaba cada día con deixarme derreada. Tíñalle gañado o pulso ao capital. As primeiras xornadas ateigueime con case todo o que pasaba polas miñas mans. Os libros devoltos non ían ser recolocados inmediatamente naqueles estreitos habitáculos. Os seus veciños respirarían un pouco máis desfogados durante un tempo extra e aquelas páxinas apertadas podían estomballarse a gusto nun espacio provisionlmente baleiro. A menos que se tratase de libros de marketing ou gramáticas de linguas remotas, todos quedaban canda min o tempo preciso para ollar polo seu fecho. Non hai nada de fetichismo nesta sensación. O libro só é un intermediario da voz e da palabra. Mais tampouco é cousa de devalualo en exceso relegándoo á mera acepción de soporte. O libro agocha e garda as voces de poetas, interminables horas de reflexión filósofica, escrupulosas análises científicas, minuciosas recopilacións de pescudas de historiadores, etc., nunha sucesión de signos/imaxes moito máis acaídas á asimilación e comprensión do que o fan outros medios aparentemente moito máis desenvolvidos. E por suposto, o libro leva á persoa. Por moitos camiños. Gosto construir a miña biblioteca ideal turrando deses autores que xenerosamente sementan os seus textos de referencias que van erguendo un paraíso no que quero perderme. Sergio Pitol foi por un tempo un destes meus cicerones. Dende a súa maxia cheguei ao Cosmos de Gombrowicz, que me ensinou a apreciar a linguaxe das manchas da humidade na parece. Seguindo as pegadas do seu Diario Arxentino entrei nas Tendas de cor canela de Bruno Schulz para quedar prendida durante moito tempo dunha obra literaria e artística tan escasa como profunda. Sen mudar moito o rumbo crucei unha ponte entre a néboa liscando dunha ollada agochada por tras das Ventás cegadas de Alexandre Bona. Non sei se foi aí cando me namorei das pontes, pero hoxe, grazas a Rinoceronte, a xoia da coroa da nosa edición, sento moitas noites na kepia da Ponte do Drina de Ivo Andric e deixo pasar tódalas pantasmas do horror que cuspen as súas pedras. Sempre sentín que tiña que corresponder á xenerosidade destes heterodoxos que viviron para a literatura e a biblioteca pareceume o territorio ideal para espallar a paixón pola escrita. Mais nestes tempos de modernidade líquida, que tan ben describe Zygmunt Bauman, onde impera a velocidade e o novedoso, a biblioteca xa non é a ágora onde a xente se divirte disfrutando coa maxia da palabra e, de socato, coma no conto, mergúllaste no deserto do real cando ven un estudante e che di: ¿dasme o Madison?. Supuxen que se trataba dun coñecido manual de Física mais quixen facer unha brincadeira respondéndolle ¿cal o Square Garden?. Resposta: non sei, non lembro os apelidos.Publicado no suplemento cultural "Nós" do XORNAL DE GALICIA do 27 de decembro de 2008, p. 16
Ilustración de Aser A. Fernández Rey
Ilustración de Aser A. Fernández Rey
domingo, diciembre 28, 2008
Bágoas blancas
viernes, diciembre 26, 2008
Cabo Silleiro...ruina montium. Unha reportaxe de Diego F.Carbonero.
Diego Fdez. Carbonero. Enviado Especial dende
Baiona para o Blog de Ana Bande
Baiona para o Blog de Ana Bande
Pola preciosa estrada
costeira que vai de Baiona ata A Garda, pasando a Virxe da Rocha, atópanse estas curiosas construccións militares. Hoxe están completamente abandonadas e logo da información que me deran A.B e A.F. quixen botar unha ollada a este lugar. Nesta web fíxenme unha idea bastante completa do tipo de armamento empregado noutro tempo nesta base. Facía unha preciosa tarde de sol e decidimos coller a pequena estrada que levaba
ao cumio. Cando chegamos arriba atopámonos os restos do que fora un asentamento militar defensivo nun estado de abandono total, como podedes comprobar nestas imaxes. Dende a casamata hai unhas vistas impresionantes e por unhas escaleiras que farían as ledicias de calquera director de películas de terror, entramos ás galerías subterráneas. Alí non hai
nada de luz e hai lixo por todas partes. As pareces e teitos totalmente garabateadas con mensaxes noxentas. No chan consérvanse aínda os raíles polos que no seu día debían ir as vagonetas coa munición. Hai que ter moitísimo coidado porque por veces no chan ábrense enormes buracos. 
Non podo entender como lugares coma este permanecen neste estado de total abandono. Eu proporía unha recuperación deste lugar para uso didáctico e turístico. Aínda que moi recente, estamos ante un xacemento militar que non deberiamos deixar perder. E tendo en conta a boa calidade constructiva dos corredores subterráneos, coido que non sería difícil restaurar e acondicionar todo esto para uso turísitico. Dende a casamata máis elevada hai unhas impresionantes vistas da ría de Vigo. Dende aquí observábase a extensión da mancha de fuel cando o Prestige. Coido que foi o derradeiro uso que se lle deu ao lugar. Agora só e un depósito de lixo e pintadas do máis noxentas. Os catro "Vickers" están totalmente destrozados. Dentro de pouco, se non se actúa, non quedará resto algún deste lugar e ata pode que ocorra algunha desgracia porque estes túneles son verdadeiramente perigosos.
Non podo entender como lugares coma este permanecen neste estado de total abandono. Eu proporía unha recuperación deste lugar para uso didáctico e turístico. Aínda que moi recente, estamos ante un xacemento militar que non deberiamos deixar perder. E tendo en conta a boa calidade constructiva dos corredores subterráneos, coido que non sería difícil restaurar e acondicionar todo esto para uso turísitico. Dende a casamata máis elevada hai unhas impresionantes vistas da ría de Vigo. Dende aquí observábase a extensión da mancha de fuel cando o Prestige. Coido que foi o derradeiro uso que se lle deu ao lugar. Agora só e un depósito de lixo e pintadas do máis noxentas. Os catro "Vickers" están totalmente destrozados. Dentro de pouco, se non se actúa, non quedará resto algún deste lugar e ata pode que ocorra algunha desgracia porque estes túneles son verdadeiramente perigosos.
jueves, diciembre 18, 2008
Prestitución
martes, diciembre 16, 2008
Voume a ver esto....

Non é por Jude, que non é meu tipo, vou porque aquela habitación e aquela historia abrironme o apetito e quedei con ganas de máis. E se a música e estahaberá pecado, seguro.
P.D. (logo de ver a peli) ...corrixo, si, Jude é meu tipo, definitivamente.
De poder elixir custaríame facelo entre os beizos de Lissy (N.Jones ¿que é o que non sabes facer Nora?), a ollada de Sue Lynne (Raquel Weisz, a inesquecible Tessa do Xardineiro fiel ou a deliciosa afouteza de Leslie (Natalie Portman). O filme é un percorrido de Lissy na procura dela mesma logo do doloroso final dunha relación amorosa. Nesa viaxe física e tamén interna, aparecen as complicadísimas respostas as preguntas que lle plantea a Jeremy (J.Law) sobre o significado daquelas chaves esquecidas, a metáfora coa que inicia e se pecha o filme: ¿que pasou? [Leslie]. Pasou a vida [Jeremy]. A obsesión ¿amorosa? de Andy, o xenial David Strathairn que protagoniza a escea cumio do filme no que a interpretación se refire, remata na autodestrucción por un amor que non se deixa atrapar e que coa forza da súa beleza inflinxe unha dor punzante que o espectador sufre en estómago propio cando a voluptuosidade de Suy Lynne pasea collida da cintura deses vaqueiros diante da ollada derrubada do seu home. W.K.W. gosta da ollada máis que das verbas o que propicia un ritmo lentísimo que nos franquea un apaixoante mundo interior e, polo que vin, a fuxida de espectadores con dificultades para afacerse a mudar o concepto de tempo. E como vos dicía, a música, de pecado.
lunes, diciembre 15, 2008
Pasatempo narrativo
Non lembro a ollada paralizante máis sempre tiven este tacto húmido que fai máis arrepiante a soidade eterna. O vento frío dalle pulo as feridas nas que acougou o xeo hai séculos. A metade do ano debezo polo sol mais só aturo o seu saúdo porque unha vez que desaparecen as chagas xa é o inferno. E entón soño outra vez coas brétemas e as xeadas. A ninguén lle importou o meu terror á vertixe e estou condenado a permanecer idades aínda sen nome nestas desacougantes alturas. Só te vexo a ti. Mais tes que ser una quimera pois non lembro que o sentido da vista me teña agasallado
coas cores que reflicten os teus cristais cando o sol empurra por entre as nubes. A túa é tamén unha ollada eterna....
E que xa estou farta de tanto traballar en solitario. Eu fago o texto e ti trata de adiviñar a foto máis acaída á narración.
coas cores que reflicten os teus cristais cando o sol empurra por entre as nubes. A túa é tamén unha ollada eterna....And...the winner is....¡Qwerty, alias Ganímedes, alias O meu primo! que nos achega esta bonita imaxe
jueves, diciembre 11, 2008
Querido Tío Pepín:
Rematei este marabilloso libro que me recomendou vostede nunha das moitas conversas que tivemos sobre Bohumil Hrabal neste recuncho. Ogallá tivese ocasión de contarlle polo miúdo as impresións que me procurou esta lectura nunha cervexería de Malá Strana ou sentados nos refugallos que quedarían daquel En el Muelle onde B. celebraba as bodas en casa. Cunha xerriña de Pilsen entre as mans fálase máis fluido e se escoita moito mellor. Que llo digan a él. A punto estiven de coller a miña Olivetti para poñerlle unhas letras e así, de paso, ao mellor sucedía tamén aquel milagro fermosísimo que cuspía a
ue non deixaba refugallo nin cabicha sen recoller para logo baixo as pesadas teclas transformalo todo nese delicatessen que constitúe cada un dos seus parágrafos. Así que, Tío Pepín, estouche tan agradecida como debía estalo Bohumil. Por fin púxenche cara, meu. Gustoume esa foto onde estades a facer o parvo os dous nun avión de cartón, ti cunha botella e un funil e cun dos teus discursos facendo as ledicias do sobriño. A foto lembroume moito a unha que tamén fixeron así Lorca e Salvador Dalí, o admiradísimo autor do método paranoico-crítico do que tanto gustaba o rapaz. Queda moito por falar deste libro pero ímolo deixar para ese encontro eternamente adiado.Grazas outra vez a Rubén Ruibal porque foi el o primeiro que me recomendou a lectura da obra de B.H.
miércoles, diciembre 10, 2008
A erótica das mecanógrafas, Katherine Mullin
Katherine Mullin, profesora da Universidade de Leeds e experta investigadora da relación entre cultura popular e imaxinarios colectivos disertará na Universidade de Vigo sobre a representación das mecanógrafas a comenzos do século XX en Gran Bretaña.
A profesora Mullin explorará a imaxinería erótica que caracterizou a representación das secretarias en novelas tanemblemáticas como Ulises e Drácula así como en fotografías artísticas, textos publicitarios e películas mudas da época.
A conferencia, organizada polo Departamento de Filoloxía Inglesa, celabrase no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Traducción ás 11 da mañan do xoves 11 de decembro e contará con servicio de interpretación simultánea.
Grazas a T.C. pola información. O tema semella interesante, terei que superar a preguiza destes días fríos e escuros para subir ao campus, non prometo nada...
A profesora Mullin explorará a imaxinería erótica que caracterizou a representación das secretarias en novelas tanemblemáticas como Ulises e Drácula así como en fotografías artísticas, textos publicitarios e películas mudas da época.
A conferencia, organizada polo Departamento de Filoloxía Inglesa, celabrase no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Traducción ás 11 da mañan do xoves 11 de decembro e contará con servicio de interpretación simultánea.
Grazas a T.C. pola información. O tema semella interesante, terei que superar a preguiza destes días fríos e escuros para subir ao campus, non prometo nada...
Foto: A mecanógrafa de...
lunes, diciembre 08, 2008
Nace a Banda Sinfónica de Vigo
sábado, diciembre 06, 2008
¡¡¡Quiero ser Christopher Walken!!!
Eses altofalantes! ¡a todo volume!
¡Boa fin de semana longa, longa, longa!
PD. Adicado ao primeiro fillo "in vitro" deste bló. Parécese un pouco a min, mirade.
¡Boa fin de semana longa, longa, longa!
PD. Adicado ao primeiro fillo "in vitro" deste bló. Parécese un pouco a min, mirade.
jueves, diciembre 04, 2008
Pero Vigo...¿ti que entendes por cultura?
Non me afago á mediocridade dos políticos desta cidade que non se deixa querer. O desprezo pola cultura fai devecer pola miseria do tempo dos caciques. Desprezan os edificios máis sobranceiros e queridos polos cidadans. ¿canto falta para que derruben a empacadora?. Desprezan as infraestructuras mínimas que toda vila reclama para sí en materia de cultura. Velaí os vergoñentos datos no que a dotación bibliotecaria se refire. O proxecto de auditorio, do que case ninguén fiaba dende o comezo preséntase agora como un morto ao que aínda hai que matar e temos que ver tódolos días ese chan baleiro no que non se ergue máis que a cobiza e a mediocridade de alcaldes e concelleiros que fan alarde da súa ignorancia cada día en vivo e en directo. E agora, a creación dunha Banda Sinfónica, un proxecto que podía facer esquecer por un momento que estamos na cidade máis castigada políticamente do occidente, sae na prensa só co gallo dunha nova pelexa de galos por saír na foto. Menos mal que os mozos que van facer posible o proxecto teñen que ensaiar todo o santo día e non poden ler o xornal. Outro día, e non é por alporizar a ninguén, cóntovos o ben que o fan na Coruña nesto da música, por exemplo.
miércoles, diciembre 03, 2008
La verdad de el caso Savolta, Eduardo Mendoza.
En fin, que eu opino que, lecturas obrigatorias volve ser un oxímoron intragable que habería que desbotar se o que se pretende e que os rapaces se acheguen ao marabilloso mundo da escrita. E se hai que facer que se lea a toda costa pois que haxa maior variedade.
E esta é a historia de como cheguei a esta lectura obrigatoria, que, todo hai que dicilo, merece un lugar de honra nos andeis da biblioteca ideal. Logo do máis de trinta anos da súa publicación confirmase o valor literario do caso Savolta, sobre todo no que á súa estructura narrativa se refire. A dificultade que supón a fragmentación, na primeira parte, deliberadamente excesiva do relato, obriga ao lector a participar moi activamente na reconstrucción dos feitos. O que non deixa de ser un recurso moi orixinal, aínda que non sei se premeditado por Mendoza, no caso dunha novela policíaca na que a intriga é o fío, a trabazón da historia, de principio a fin. Ese narrador en terceira persoa que o sabe todo e o que fala en primeira persoa manteñen unha dura competición con voces que chegan sempre doutros lugares e tempos. Comeza polo final e logo de case catrocentas páxinas precisamos as conclusións do inspector Vázquez para confirmar as nosas sospeitas. Unha gloria para os enamorados do xénero policíaco, dos que non pensaba eu que formaba parte. A novela é un monumento literario a Barcelona, e por monumento non me refiro a sólidas construccións que perpetúan as glorias de algo. Non, teríamos que falar de antimonumento, porque Claudedeu, Lepprince, María del Coral, Serramadriles, la Doloretas, Javier Miranda, Nemesio Díaz Cabrera, Savolta, Max e Parajito de Soto, son antiheroes. Son a cara cutre dos recoñecibles empresarios avarentos, executivos fachendosos, oficinistas murchos -¡peralejos esperta!-idealistas miserentos...tiveron nome e apelido naquel 1917 no que medrou a mediocridade que agroma neses períodos nos que unha crisis do sistema permite xuntar o lixo e mudalo nunha burbulla de riqueza que estoupará en canto o antibiótico do capital volva circular lixeiro. Tiveron nome tamén naquela transición onde o libro estivo condenado porque só lle faltaba eso, poñer os nomes. E teñen nome hoxendía, pero xa non importa porque agora están de moda os malandrines e os que viven do conto. Non fan piruetas en cabarets de mala morte (¿ou si?) nin se acompañan dunha parella de forzudos cutres que non poden agochar a súa miseria (¿ou si?) ero casi. Multitudes de voces, rexistros, matices, personaxes, fan desta "colmena" un libro imprescindible para estas noitiñas tan frías e húmidas. Máis información:Eduardo Mendoza,El caso Savolta 30 años después,wikipedia, Blogs de lengua y literatura
martes, diciembre 02, 2008
Con el agua al colofón
O fenómeno da acqua alta veneciano está a debuxar imaxes e metáforas incribles.
A simpar Luliña apaña para nós uns anacos da cidade máis marabillosa do mundo.
Se alguén vai para alá e ten sitio libre....as katiuskas póñoas eu
E falando de libros, veríades que na columna da dereita puxen unha estantería preciosa sobre violencia de xénero. Se queredes participar podedes mandarme un correo e vos meto no grupo. Irei actualizando a mostra con novos materiais (libros, DVS, ensaio...). Temos que facer o que sexa para parar esta barbarie.
lunes, diciembre 01, 2008
Premio Glaneuse.
Les glaneurs et la glaneuse
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
