O nadal sempre é arrepiante...pero este ano está sendo sin(xela)mente insoportable. Os mortos de Gaza que cada día nos cuspen os medios son coma unha especie de lembranza da insoportable condición humana. As case inexistentes reaccións que provocan nos medios sinto unha vergonza indescriptible. Preferiría un día enteiro escoitando panxoliñas a todo volume que a lectura das miserentas verbas coas que reaccionamos neste mundo tan endiañadamente desenvolvido. Hamas, Mártires de Al Aqsa, Al Qaeda, Exército Israelí, nenos soldados, androides asesinos, pedran contra tanques, tanques contra nenos...somos todos joder...todos somos quen de prendernos lume e de memorizar coráns...todos somos quen de facer un verso cunha man e violar e matar coa outra...todos somos os bos e o malos a un tempo...todos podemos ser un deses mortos que se amorean no deserto ou os asasinos....todo depende do patio do colexio no que nos tocou xogar e do listado de vinganzas pendientes co que viñemos ao mundo. Non hai máis solución que poñer o contador a cero. ¿que non é posible? e ¿e posible ver e calar? Agora mesmo penso na nosa Dama Blanca e a xustiza dese seu camiñar, ela soíña contra o clima máis feroz da terra, contra todo un continente...rachando co sentido da metade do diccionario global para chegar un día a ese punto cero onde non deixará máis pegada que un par de bágoas de ledicia. Ogallá fosen bágoas máxicas e derretisen o xeo que aniñou no eterno verán de todo o occidente. Ese é o meu desexo, nada menos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Comparto a reflexión. Hai anos que non lle desexo- persoalmente- a ninguén que teña un bo Nadal... paréceme unha frivolidade neste desatino irracional do consumismo abafante e irrespirable que nos envolve. A pasividade coa que ollamos a realidade dos pobos que están a sufrir ocupacións, expolios, torturas... é inmoral.
Publicar un comentario