lunes, diciembre 08, 2008

Nace a Banda Sinfónica de Vigo

Hoxe asistimos ao Concerto inaugural da Banda Sinfónica de Vigo. Un proxecto ilusionante que viría cubrir un baleiro musical inexplicable nunha cidade como a nosa. E digo viría porque logo de tanto ser en potencia, como diría o filósofo, xa unha está afeita á volatilidade do curto prazo que caracteriza ao modus operandi deste concello noso. Velaí está a maxia da música. Logo de catro días de ensaio, moi intenso, eso sí, unha maxistral interpretación. Brincamos co Príncipe Igor e ceibamos as paixóns que arrincan os acordes da Novena de Dvorák. O noso mestre de mestres, Reveriano Soutullo volveu emocionar axs viguesxs sobre todo co seu pasodobre e suite "Vigo", xa non digamos a Ponteareas, tan nosa. Os aplausos foron longos e tamén acompasados, mais case nunca semellan bastantes en ocasións coma esta. Non podo ser moi obxectiva porque a miña princesiña poñía cor e ata algún que outro sorriso na sección de contrabaixos. Tres mozas preciosas a cargo da parte máis grave da orquestra. Cánto nos fixo vibrar tamén a percusión nas mans tamén de dúas mociñas concentradísimas nunha morea de intrumentos imposible: timbales, xilófono, campás, crótalos, tambo, caixa, castañuela, címbalos. Francisco Navarro, a batuta, fixo un bo traballo. Parabéns. Gustoume o seu estilo pero tamén a afouteza ao falarlle moi clariño ao alcalde. A multitude que ateigaba o auditorio fala claro. Gústanos a música e temos dereito a ter onde escoitala a gusto. Xs mozxs que pasan unha vida no Conservatorio e nas escolas de música teñen dereito a tocar para alguén. Non piden tanto ¿non é? e nós que a gustiño quedamos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois na prensa non aparece nin unha soa liña. Seica a pariron sorda e muda. Eso sí das actividades culturais dunha entidade bancaria da cidade aparece a súa oferta cultural do día tres veces no mesmo periódico.Vale, meréceno pois como versaba sobre unha temática cristiana o mellor fan a publicidade trinitariamente.