jueves, diciembre 18, 2008

Prestitución

De non ser por errekeerre (algúns teñen apelidos ben acaídos) non rompería o ambiente erótico cultural desta miña illa para falar de temas serios. A prensa escrita as máis das veces só da conta do lado cutre e superficial da realidade, velaí a sobreabundancia de páxinas adicadas a arroutos de políticos que queren facer carreira e dos que a fixeron de mais. Onte abraiábame a miña obsolescencia en materia erótico circense ollando as páxinas de fomento da prestitución do noso diario local ao tempo que imaxinaba a inxente cantidade de sconosciutas que están sendo escravizadas pola cobiza e animalidade desas ovellas con pel de ovella (a rica ironía é dun político moi coñecido pola súa capacidade de resumir nunha frase o que a enciclopedia británica ocupaba vinte ou trinta) que poboan este paradiso democrático no que vivimos. E hoxe velaí está un dos gurús do postmodernismo comunicativo afirmando alegremente a necesidade de rematar coas televisións publicas porque son unha fastidiosa competencia no reparto do suculento pastel dos ingresos por publicidade. Si señor, agora que o liberalismo radical amosou a súa eficacia e que todo o mundo está convencido de que é o sistema máis acaído para procurar a felicidade de todos, PiterJota quere máis do mesmo. Privatización, bendita verba onde as haxa. A nosa máis sacrificada consellería tamén coa misma teima anda por aí presumindo do novo eslógan "The Galician Way", porque hai que venderse, si señor. Eu estou xa agardado o meu turno para facerme o tattu de Rosalía no cu. Piterjota vai máis aló e defende públicamente a conveniencia de fomentar a prostitución nos diarios nese anuncios de ¿contactos? que sen dúbida son para el un xeito completamente inocuo de fomentar as relacións sociais. A ética e a lei son para el obstáculos a modernización que hai de soslaiar en aras dunha progresía cara a liberdade. Unha inxeniosa combinación de prostitución de verbas e persoas que se confunden no ceo do capital. O noso filósofo gráfico da conta deste derradeiro arrouto de intelixencia na súa viñeta. Si. R. cánto máis dignas son as que venden o seu sexo que os que venden o seu cerebro.

13 comentarios:

R.R. dijo...

Gracias Anuska, qué ben lle diches. E digo eu: o de manter os anuncios tamén pode ser para promocionar traballos como aquel no que unha colombiana mexaba por riba dun director de prensa diaria mundial, ¿non?

Para que non lembre do que falo (con perdón, falo do verbo falar):

http://periodismoincendiario.blogspot.com/2006/07/abc-recuerda-el-vdeo-sexual-de-pedro-j.html

Ana Bande dijo...

Já, si R, estiven a puntiño de colgar o vidéo pero con esta xentalla hai que ter conta...

Anónimo dijo...

Filla de zoologo aluga mascotas.Osa formigueira do Sudán succiona termita. Mono narigudo de Borneo esnifa pepita.Miñoca do caurel arrastrase por buraco nejro. Piraña do Caribe ñaca ñaca a cigala polo natal.Descontos a familias con rapaces entre 2 e 17 anos. Descontos a xubilados-as con ou sen dentadura.
Servizo gratis de prevención de riscos.24 horas segundo hemisferio.

Anónimo dijo...

Lin en certa ocasión unha pintada-soneto nun muro de Lugo que falaba do caso que comenta r.r. Só lembro o primeiro cuarteto. Dicía algo como isto:

Mexado vou de vós, Exuperancia,
por cadoiros que baixan deica a pixa
e fan que se me poña un tanto fixa
e firme por favor desa constancia.

Anónimo dijo...

Na Antigüidade o intercambio era a una formula económica esencial e pouco temos mudado o respecto. O corpo coma mercaduría foi unha máis das transacións posibles nos que coma case sempre a peor parte levouna a muller a quen se considerou "strictu sensu" un obxecto e coma tal entraban a formar parte do botín de guerra ou moeda de cambio como as ovellas ou as cabras nun mundo dominado polo home, polo pai, polo clan,pola familia... Os anuncios da prensa dos que falas están pois onde deben de estar. Non se ofrecen ahí compra-venta de casas e outros obxectos, non se busca-ofrece traballo?. Non é prostitución o traballo? Non é prostitución educar para obter un resultado económico, para traballar?. Pero de que nos asustamos? A vida en si é unha constante prostitución e iso non e sustancialmente nin bo nin malo. O problema está na libertade ou non para facer as cousas. Somos uns perfectos hipócritas e tendemos a pensar que somos quen de inventar.Pero inventar obxectos é máis doado que inventar actitudes e sentementos. Marketing e publicidade. Ben coñecidos son os graffitis pompeianos onde unha parede facía de intermediario das necesidades, relacións, frustracións, satisfaccións... pero P.J. non quere ese rol de intermediario sen lucro, o seu e traballo e coma tal se hai cartos polo medio todo resulta máis levadeiro e menos punible. Vexamos algúns exemplos pompeianos : Harpocras cogió aquí estupendamente con Drauca por un denario.
Satir, no te dediques a chupar conchas fuera de casa. Hazlo dentro.
A mí, a mí, chúpame la verga.
(En la pared de una habitación) Lancen gritos de dolor , mujeres; quiero dar por culo.
Dioniso, a la hora que le da la gana puede follar.
Cosmo, hijo de Equicia, gran invertido y mamón, es un pierniabierto.
Menéate, mamón.
Isidoro puteolano, esclavo nacido en casa, cunnilinguamente.
Soy tuya por dos ases de bronce.
Lais chupa por dos ases.
Félix chupa por un as.
Esperanza, de complacientes maneras, nueve ases.

Anónimo dijo...

Xa, pero que se pode esperar de tipos como PeterJ ou FedericoJ, que dan cobertura nos seus medios a xente que escribe cousas como:"La prostituta ejerce un servicio a la comunidad donde su herramienta de trabajo es su cuerpo. Evidentemente, la prostituta tiene total derecho de propiedad sobre su cuerpo, y por lo tanto puede explotarlo como quiera. La prostituta sabe muy bien que existen otros tipos de trabajos, pero ella quiere ejercer la prostitución y no montar piezas en una fábrica ganando una décima parte. Por otra parte, el cliente se beneficia del servicio que ofrece la prostituta —como de cualquier otro servicio. En este intercambio (sexo por dinero y al revés) todas las partes ganan sin dañar a nadie." ou "Probablemente la prostituta infantil no quiera serlo, pero a nadie le gusta trabajar.".
http://www.jorgevalin.com/artic/heroes_libertad.htm
A ese fulano teno Don Federico en LibertadDigital. Noxo!

Vailima dijo...

En los anuncios de El Diario Vasco siempre hay alguna damnificada que tiene "ciento veinte pechos". No sé cómo serán pero les tiene que doler la espalda...
besos, guapa

Ana Bande dijo...

Qwerty,
Sóame esa estrofa, menuda memoria a de vostede por certo.

legnaresa,
Concordo en todo mais a antigüidade dun abuso non o fai menos grave.

Nacho,
Os argumentos de PiterJota son os clixés de sempre, é o bo que teñen os conservadores de oficio, teñen os discursos feitos, roen no mesmo óso durante séculos e quedan tan anchos.

Ana Bande dijo...

Vailima,
jajajajajajajaja...son la ostitú estos vascos.

Nuca dijo...

Ruibal, pero parece mentira, home de Dios. Non ten nin idea destas cousas. Exuperancia Rapú Muebake é guineana non colombiana!!

R.R. dijo...

Joder, qué burro o Ruibal, Occam...

AnaBandeelevadoa2: no comentario que lle fai a Legnaresa, ¿fala do "traballo" en xeral ou dalgún oficio concreto?

Anónimo dijo...

Bicos e Bo Nadal. Voume correndo para Coru. Qué o pases divinamente, como mereces e máis alá. Púxente no meu blogobelén, e tamén a RR...hai que atoparse ja, ja.

dytudtyujdytdgh dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.