Cando o vello tarro de nocilla se encheu totalmente de botóns Milena espallounos sobre a mesa lembrando cantas veces fixera o mesmo de nena con aquel tesouro co que se entretiña mentras a nai cosía eternamente naqueles uniformes, mais agora era o seu propio tarro e as pezas que se amorearon en todos estes anos eran parágrafos da súa vida que podían axudala a reconstruir episodios esquecidos, velaí está o máis atrevido, o botón do estrano vestido co que casara, agora ben mais falangueiro e lixeiro, ou esoutros forrados de interminables xornadas de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades, si, destes hai moitos, descosíanse decote porque Milena daquela non se espía, arrancaba a roupa do seu corpo cada noite para desfacerse dunha pel allea que lle proía, e velaí están tamén os minúsculos botóns que nunca coseu e que lle falan de horas que non existiron, de baleiros que un anxo enchía e adobiaba cada día para ela, para que ao acordar fuxiran os pesadelos e só puidese ollar o sorriso mais xeneroso do mundo...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Mmmmm, delicioso bocado, señora de Bande. Quero máis!
de neno furgaba nos fondos do costureiro e pouco hai volvín furgar atopando alí escritos os meus recordos. si. os botóns, grazas por recordárnolo.
¿señora de Bande? máis quixera...vai ser que non, miña nena, de momento vivo e coleo a gusto entre a pleba que hai moita máis marcha...bicooooo!!!
Manuel, conte...conte...¿que segredos gardabe nese costureiro?
ana, íache falar algo sobre a vida, os tarros, os ocos baleiros que deixan as simetrías dos botóns, pero axiña me notei pedante e torpe.
un texto precioso.
Betrix, veña...agora non nos deixes así...
Publicar un comentario