Pista da foto CLIC
Do concerto de Antony and the Johnsons onte no Coliseo de Porto non podo engadir unha coma á maxistral e rotunda recensión do amigo Arume, sempre sobrepasando coa súa apaixoante erudición os límites do elástico, que dicía outro dos grandes. Escoitade espidas diante dun espello ou disfrutando dunha fermosa película, ou nesas noites brancas que deitan fermosas verbas nos beizos, pero mellor disfrutade do seu directo, eso si, coa lección aprendida tiraredes moito máis proveito, gosta de falar largo co tendido.
Free at last and thousand kissis for you
Arume, Lula, Legaresa and Carpediem
3 comentarios:
ía comentar algo sobre Antoni@ pero logo de saber que podo falar polo feisbú con Benedicto agora si que teño un dilema. Non sei si refinitivamente asociarme o feisbú agora que ten a venia papal ou manterme alonxado dese foco de perversión ou convertirme nun Jonhson máis e facerlle os coros ao Antonio.
Algo está cambiando. Bieito XVI non é meu amigo senon entro polo feisbú.Xa chegaron as novas tecnoloxías e eu con estos pelos.Que me qeuren levar ó rego polo civil ou polo criminal.Mentras o Benitiño dase un mundanal baño de feisbú e a discusión educativa centrase sobre a pertinencia ou non do incremento dos ordenadores nas aulas, nas bibliotecas, como na vida dos analfabetos-as dixitais,so se fala de regletas, enchufes, ladróns,etc... será que a política chega a todos lados? Lembro a anecdota da inauguración dunha nova biblioteca na que o mesmo día de cortar a cinta decatáronse de que non había enchufes e, xaquelogo, tampouco contempñaran a necesidade dunha potencia electrica minima. Solución = Argimira tíralle do aire. O mellor os problemas resolvense cun susurrante fío musical da Antoñit@ and the coJonhes que inoculen un pouco de acougo e sentidiño. E é que van como tolos! Non corrades moito non vai ser que se esqueceraran do freo e nos arrastre o Heavy.
legnaresa,
agora xa non tes escusa, co Bieito no feisbú sería imperdonable a túa ausencia nese foro orxiástico que agora tanto promete coa incursión do santopadre, agora sí, legnaresa, os tempos son chegados, solta a melena e cólgate da lámpada como a Santa e arranxa con tódolos escapularios que amoreaches en tantos anos e tira para alá, hai diversión asegurada.
Publicar un comentario