viernes, mayo 22, 2009

Fantasías eróticas de Susana Moo.

Descanso por momentos de lecturas obrigadas para deitarme nas páxinas de Erotómana. Andaba o fodemillo de capa caída de xeito que, Susana, queréndoo ou non, chegaches a tempo para tapar un par de buracos que degoxaban pola túa intrépida língua. ¿como explicar o desinterese dos nosos creadores polo xénero erótico tendo un público potencial tan previsiblemente disposto a gozar desta oferta? ¿persistencia obstinada desas ríxidas prevencións morais que modelan individuos tan perigosamente reprimidos? ¿a que ven este desprezo cara o sexo na escrita? O mesmo pasa co humor, todo un reto seres quen de provocar xa non unha gargallada senón unha leve deformación cara arriba do beizo superior. Pódese dicir que pasei un bo rato coas tribulacións da pobre Jane aprendéndolle ao seu superheroe a domear os seus instintos animais para procurarlle pracer porque Tarzán é precoz, puñeteiramente precor. Xusto cando estou no cume da paixón polo meu esposo, este mete uns gruñidos xordos, como querendo facer o berro do rei pero en xordina. Correuse. Xa se correu (esto...ejem...). Unha lectura lixeira, pracenteira e desmitificadora ideal para escorrentar por un momento o persistente cabreo que nos produce esta escalada alarmante na proporción de estúpidos que dos que fala Carlo M. Cipolla.
¡¡¡ boa fin de semana a todxs !!!

9 comentarios:

R.R. dijo...

¡O de Cipolla estouno lendo precisamente agora!

Sobra o dos tabús, pois si. Dígollo eu. Mesmo xente de pelo en peito (aínda que pouco na cabeza, por dar pistas) empeza a traballar coa imaxinación para buscar fuxidas se se lle escriben esceas de sexo. Teño a impresión de que ó noso redor todo está influído de máis polo catolicismo. E o que nos queda, porque dentro de pouco os pecados van volver ser delitos polo camiño que imos... E xa non podemos botarlle a culpa ás vellas xeracións, porque agora os que mandan escollémolos nós e, moi pronto, os nosos fillos.

Por outra parte, que o fodemillo estea de capa caída fala ben mal da fertilidade da nosa cultura.

R.R. dijo...

Por certo, estouno lendo nunha tradución dos Rinocerontes, que precisan do noso apoio máis que nunca.

cãosemdono dijo...

Como dicía Berlanga, a literatura erótica, se é boa, háse de ler cunha soa man.

Así que, xa sabedes: ou conducimos ou lemos. Não as dúas coisas!

Bicos!

Ronsel dijo...

Anoto título para convertelo rapidamente no próximo título a ler. Grazas pola recomendación.
Saúdos

susanamoo dijo...

Grazas polas túas palabras, Ana.

Ai se atopara un editor ou editora!

Editeino en bubook, pero ademais de sair careiro para o que é: duas horas de lectura, é unha edición cutriña de todo... se lle metía imaxes ou florituras, salía a cousa polas nubes e non era meu interés. O peor é que só se consigue mercandoo por internet.

Que che fixera rir, éncheme de contento.

legnaresa dijo...

Rompamos os 9 candados que gardan a Santa Tareixa, patrona dos escritores. Pidámoslle as tres chaves a duques de Alba pois ela non terá reparos en recuperar a poética de San Juan de La Cruz a festa da transverberación ou deixarnos unhas cantas egüas brancas para trotar espidas-os polo fodemillo o son do "me gusta el mueve-mueve, me gusta el mueve-mueve,.." mentras saboreamos a primeira caipiriña entre chiscadas de ollos e pícaras sorrisas verticais. No tacante o sesudo Cipolla, pola miña parte ben podía converterse nunha fermosa e lareteira Cipalla.

De la Highway 61 dijo...

Pero por favor! Ninguén vai facer ningún chiste con Cipolla?

Chousa da Alcandra dijo...

Pois o próximo proxecto literario que teñas (Susana), plantéxao e configuramos unha editorial dende o blogomillo que pode ser canle de sementes de bos/boas sementador@s que poboan por estes lares. Non é?.
Eu tamén gustei das fANTASías paspallenses con albarabía.

Larvós dijo...

Saiba vostede que (miña querida) Rinoceronte editora venlle de publicar as leis da estupidez en galego. Iso si que é unha boa nova. Esta editora está a darme moitas ledicias.

Saúdos.