viernes, mayo 22, 2009

Festiña moi quente!


Acepto gustosa a reprimenda, recuperarei folgos e abandonarei completamente o estilo negra sombra para dar conta das alegrías, que son moitas máis, que das miñas alteracións psicosomáticas por mor dos cambios de quendas, temperaturas e biorritmos. Volto moi a modo ao rego do bló aínda que paseniñamente porque non podo evitar a chamada do diaño que de cando en vez me tenta coas ledicias dun ceo de metacrilato que disimula arrecender a xaropes celestiais. Volverei falar de libros e volverei ás barricadas, seguirei esnaquizando dogmas e seguirei na procura da excomunión liberadora. Mentres tanto, e coa deliciosa resaca do día despois, almorzo aínda cos restos dos sorrisos da esmorga de onte. Rurú retiroume o fannamberguanato cando andaba eu na procura de facerme vitalicia, pero traballarei abondo por recuperar o título. E fareime seareira doutros clubs, apuntareime a unhas clases de tiro e ata pode que me aficione a músicas estranas.

7 comentarios:

legnaresa dijo...

O mesmo que onte o excmo. sr. Ruibal predicaba as súas paiasadas com moito tino vostede debe manter a súa casa aberta e alerta.Pídalle os arneses o sr. Ruibal e siga improvisando sen partitura: a súa puñetera bola. As novas de onte falaban dun crego de trintaetantos que ante o despiporre laico-galaico postulaba nun bando ,cravado na porta da SUA igrexa, como as SÚAS feriguesas debían ser "apostolas" da falda de tubo e da redecilla recatada gardando así boas formas e maneiras . Por favor, non peche vostede ese lapislázuli que ten por ollo e manteña o rumbo que hai moito tocino empeanado e pitatola que baixar do poleiro.

Danilo dijo...

Agradézolle que pase de cando en cando polo Proxecto-Q. Xa me irá vostede contando...

Ana Bande dijo...

legnaresa,
supérame moito vostede, abofé que si...quedo, claro que quedo...

danilo,
non teño desculpa, dende o 2006 e non coñecer o seu proxecto, vou agora, irei mañá e verborreareille con sumo gusto, encantadísima de telo coñecido..

R.R. dijo...

¿Tes que sacarme con esa cara de cú? Para iso mándoche unha foto do propio cú. Uuuuii, que reoncorosismo...

Lula Fortune dijo...

¡Queremos o cú, queremos o cú! que a cara xa a temos moi vista.

folerpa dijo...

Foi un pracer compartir esa noite de viños e rosas, mais non se esqueza das espiñas.

R.R. dijo...

Ana, xa ten foto do cú con cara de cara na caixa de correo para sustituir esa da cara con cara de cú. ¿Para cando outra Festiña Quente? Váleeme aínda que sexa morna como a do outro día.