lunes, agosto 23, 2010

Vamos hijo de puta

A centenaria vila mariñeira apesta hoxe a unha mestura de perfumes carísimos que anulou para sempre o arrecendo a peixe e salgadura. A maioría das nosas vilas mariñeiras amosan malformacións e deformidades de crecemento consecuencia dunha inxesta incontrolada de corrupción política e especulación que xa son irreversibles por mor dunha total perda do sentido estético da cidadanía. En Sanxenxo Inn esta alteración estética non se reflicte nese feismo propio de alpendres con fiestras de aluminio. Aquí todo rascuño de vulgaridade esterilízase para logo venderse como souvenir nunha xoiaría de todo a mil. Atravesar a pasarela de Sanxenxo Inn ten ese punto de sensación de estar máis alá do real que se experimenta en Second Life, ese brillo artificial que desacouga cada día a Truman na famosa película. Sentes que quedaches fóra da burbulla e observas o teu entorno coa curiosidade -e espanto- do aficionado á astronomía. Todo irreal, todo deseño, pero absolutamente creíble porque non esqueceron deixar entrar individuos, sabores e hábitos do real, ou sexa, do vulgar. Hai hippies de cartón pedra que constrúen castelos de area. Adoitan ser parellas de mozos e mozas exótico/as e guapo/as. Son os sen papeis de luxo que só tiveron que demostrar a autenticidade caribeña do seu moreno para recibir un pase de residencia cuxa duración coincide coa data de caducidade do bote de autobronceado. Pero para contrarrestar calquera sospeita, que hai visitantes moi listos de dios, tamén estipularon un numerus clausus de eivados reais aos que subvenciona o concello cun par de moedas a primeira hora da mañá e coas que mercarán eses atractivos sandwiches de imitación que fan tamén as delicias dos vástagos dos turisteo hight class. A min o que me fai máis graza son os canciños de compañía, complemento tan indispensable como as plaieiras versace ou os polos ralflauren. Moito rimos cando escoitamos a unha replicante de Coco Chanel dicirlle ao seu Yorkshire "nochupeai"...jajajaja...aproveitamos para unha clase de sexo oral moi divertida. Pero tamén hai cans de palleiro, concretamente coñecín dous hai pouco, un chamábase Vamos e o outro Hijo de puta, en serio. Segundo nos explicou tomihilfiger, o camareiro, eran dun hippy autóctono que para min que atopou nos nomes dos cans un xeito de desintoxicarse de tanto vicio.

4 comentarios:

Ana Cosque dijo...

Jajaja, botábasete de menos!

Ana Bande dijo...

tómalle algo anitaaaaaaaa!!!!

crispavon dijo...

hehehé,wellcome to machine, e volves ben jrasiosa!
Non sei se sairía no teu relato algún cuñao meu que anda polo Sanxenxo ese :)

Ana Bande dijo...

cris, ¿e quen non ten un cuñao en sanxenxo? aggggggggggg!