martes, noviembre 20, 2012

Iniciativas Solidarias Individuais



as Iniciativas Solidarias Individuais forman parte da solución, a dicir verdade, creo que poden ser a única solución, esta de Ronny é máis representativa que a metade dos gobernos que se dicen tal do mundo, só queda tomar conciencia de individuo -marx mediante, claro-, arranxar con ela e facer o que un@ saiba, debuxar, prantar, limpar, mallar, cavilar, zarapallar, remendar, inzar, amoucar, rachar, latricar,  gravar un filme, convidar, despezar...o pobo sábeo facer todo, os nosos representantes (sic) só zafarse e roubar, pero será ata que os deixemos, ata que os denunciemos a todos por incumprimento de contrato...

4 comentarios:

Paco E. dijo...

Non son necesarios os gobernos. A práctica diaria o está demostrando a cada momento. O individuo ten que recuperar o que é seu; ten que que ser consciente da súa valía e da súa independencia; da súa liberdade. Este pensamento, tan sinxelo, levaranos a conseguir un mundo mellor, máis xusto, entre todos. Poderíamos falar largo e tendido do tema.

Ana Bande dijo...

si, sinxelo só aparentemente...non é este lugar para falar pero da relación entre individuo e xeitos de goberno lévase reflexionando e escribindo dende moito antes de aristóteles e non se chegou a un sistema mínimamente xusto e que fose perdurable...que non o imos ver nós xa me consta, pero que andemos a cometer as falcatruadas -e a consentilas- as mesmas que dexeneraron nos rexímenes máis asasinos e violentos xa me bloquea abondo amigo Paco...porque como non paremos isto xa estou vendo camisas pardas baixando das fragonetas a mallar en nós...con armamento, quero dicir, porque mallar doutro xeito tamén retorcido xa o fan a dirario...saúdos dende o mar de Vigo, nesta marabillosa ría polo menos aínda temos brisa gratis e unha paixase que fai doado fuxir do fume...bicos

Paco E. dijo...

Éncheme de satisfación respirar as túas bafaradas de vento forte. Saúde e bicos.
Paco E.

Ana Bande dijo...

jajajajaj....me llena de orgullo y safisfacción....me recuerda ¿a quien me recuerda? ahhhhhh...si, ese que dicen que estaba de caza cuando se fue de golfo a la sierra y borracho perdido resbaló para partirse la cadera para brindársela a una espía rusa...¿no era así P.B.?...saúdosssss