Thomas Schütte |
Paco E. non ve o día en que todo estoure dunha vez, di que o que ten que vir que sexa xa, que non podemos aguantar moito máis esta agonía. Verbas inquietantes, sen dúbida, e interesantísimas, por canto me fan plantexarme moreas de cuestións...¿que é exactamente o "que ten que vir"?, ou mellor dito ¿existe na rúa, na conciencia cidadá, unha sensibilidade real de que o sistema ten que escachar?, ¿hai algún significado agochado baixo as conversas políticas de bar que poidan querer ir máis alá de botar ao árbitro?, ¿que están facendo, que están pensando todos os cidadáns que disfrutan de tempo para reflexionar sobre este deserto do real que diría o amigo esloveno?, ¿pódese pensar dignamente e con eficacia en compromisos de cambio dende un despacho dun departamento universitario onde se están a deseñar estratexias para acadar sexenios e xustificar sabáticos?, ¿pódese agardar algunha pinga de sensatez nas moreas de clientes que agardan por un postiño dunha deputación?, ¿dun brillante profesor de enxeñería de sistemas que agarda unha dimisión dun concelleiro para pasar os últimos anos da súa carreira profesional tomando notas para unha novela que publicará cos cartos que se aforraron ao pechar servicios de urxencia e atención primaria? ¿que podemos agardar de técnicos, directivos, asesores, auditores, presidentes, e adxuntos que pasan o día coloreando powerpoints (de calidade, sobre todo) cos que xustificar soldos e sobresoldos detraídos do peto do cidadán? ¿pódese confiar nun xuíz que amorea expedientes inspirado nas xeometrías inestables dun postartista de moda?, ¿que tipo de cambio están a imaxinar os senadores do periodismo cando analizan feitos coma se fosen formas inéditas da superficie lunar?, ¿quen desconecta aos millerios de rapaces e rapazas que pasan unha media de seis horas diarias apapostiados con trebellos que lles deforma o ego ata afogalos na súa asfixiante autocomplacencia?...cando as pozas son cumios...¿quen non está disposto a guindarse para chegar ao máis alto?...non sei o que ten que vir, pero eu case apostaba por que no lo traiga alguén, por exemplo, sentiría unha enormísima tranquilidade se mañá mismo nos invadisen os franceses...a revolución loce case máis se é de segunda man, por aquí adoitamos deixalo todo perdido cando nos tiramos ao monte...
P.D. (1) O que ten que vir...creo que estamos nun revirado período manierista no que custa moito diferenciar a xenialidade de artefactos novos que converteron en tradición o que apenas ten décadas de antigüidade. A vertixe á que nos empurran as présas dunha velocidade que xa non depende da física senón dunha escura ciencia oculta que non ten moitos visos de respetar paradigmas clásicos de coñecemento, confúndenos globalmente ata reducirnos a neutrinos moi atractivos para un científico tolo mais pouco preparados para acadar o único que paga a pena que é atopar fórmulas para facer do noso paso por este mundo unha experiencia feliz e divertida. O que ten que vir...¿quen o sabe Paco E.? Ninguén que loitou seriamente por un cambio tivo a oportunidade de comprobalo. Históricamente foi así, ben o sabes, pero e que nos episodios históricos revolucionarios as xeracións que se botaron rúa ou á gorxa dos xestores da cousa -pública, poucas veces- que se trocaran en verdugos, eran xeracións moito máis xenerosas e desprendidas das actuais. ¿quen pensa hoxe acometer accións que non reporten unha satisfacción inmediata? ¿quen se comprace hoxendía en adiar o goce ou a promesa que se albisca tras un clic? ¿son as manis destes tempos accións verdadeiramente reivindicativas ou posados colectivos estipulados nas cláusulas do presunto contrato social para facelo parecer tal? ¿que sentido ten berrar consignas e autoflaxelarse con chapiñas de todas as cores se o compromiso termina xusto sequera de que na praza alguén comece a debullar un pregón indescifrable por un altofalante tolo?...seguimos

2 comentarios:
Estoy con una investigación que seguro que te iba a gustar. Es un teólogo vasco que se llama José Antonio Pagola . Seguramente ya te lo habré comentado , esta muy bien porque en su libro 'Jesús aproximación histórica' él se basea en la vida de Jesús según los investigadores .Él dice la verdad sobre las mentiras de la Iglesia. Tienes que leerlo , porque la Iglesia lo secuestró hasta hace poco.
ESTE TEÓLOGO ES JESUÍTA
Publicar un comentario