sábado, marzo 08, 2014

Her ou a procura das couzas desnortadas

Daquel profético falar por falar que papaba oíntes coma couzas lembro un (¿quen se agocha tralo micro radiofónico?) que chamou para dicir que o excitaban as tartarugas, que si, que si, que non podía reprimirse e tiña que ir diariamente ao zoo (e imaxino que a visitar amigos con tartarugas a horas inapropiadas) para acougar o seu orixinal proído. Coma todas as couzas da noita peguei a miña orella ao transistor (pregúntome se este término figurará na wikipedia) para asegurarme que tiña escoitado ben pero sobre todo para comprobar que desta vez a reacción daquela versátil locutora amosaría algún indicio de sorpresa que eu interpretaría como unha proba de saúde psicolóxica. Non foi tal. Aquela tipiña, (hoxe creo que segue cazando coleópteros) con toda naturalidade dixo algo así como "ben, pois demos paso aos oíntes por se hai alguén a quen tamén lle pase o mesmo". Despeguei a orella un tanto desorientada. ¿chamaría alguén?. Si. Chamaron unha boa morea de couzas dicindo cousas como a min tamén me pasou cunha serpe..., creo que o mellor é que ese home merque unha tartaruga..., etc., etc., etc. Afortunadamente non dubidei da miña saúde mental e púxenme digamos en modo  guionista amedrentado por inminente despido. Eu tamén faría voces de oínte guillado e simularía chamadas de inocentes perturbados que finxían pasar polo mesmo calvario de terse enamorado (recoñezo que él dixera excitado pero ímolo poñer un pouco rosa como o da nosa carátula) dunha tartaruga e procurar consolo nun programa radiofónico onde a tododiós lle podía pasar de todo. Co tempo unha grosa capa pegañenta de cinismo aparentemente inocuo afástanos do delicioso mundo do real. Unhas veces, as máis, creo que se trata dunha ferramente de defensa coa que nos dotou a natureza para deferdérmonos da desesperación por non poder gozar da pureza dos sentimentos e das emocións. Outras, lóxicamente, é a incapacidade de facelo (o de gozar, digo) por un exceso de egoísmo ou racionalidade ou simplemente mala educación, no sentido literal. O caso é que "o cultural" impónse de tal xeito que a represión do síntoma á forza terá consecuencias psicóticas para toda a vida. Hai quen xurará que o conto da tartaruga é un caso veríco e tamén hai quen dirá que este estrambótico Joaquín Phoenix {cunha pinta metatade pervertido e metade seminarista  (o que da un resultado neto de pervertido cen por cen}é só un exemplo dos milleiros de couzas que andan por ahí falando e máis que falando cos seus trebellos electrónicos. A idea é boa para facer unha comedia, de feito estourei en gargalladas nun par de ocasións, felizmente por unha vez ao tempo do que o facían outros espectadores do cine) pero non o é de todo risas ¿va que non?
 ...
Software takes command, si, o software colle os mandos, di atinadamente Lev Manovich. Defende que o software sí que é un novo medio. Pouco hai de vello neste revolucionario modo de traballar, escribir, ler, crear e de sentir. Como moito, de vello quedan algunhas iconas que metafóricamente lembran as cousas de antes e só están ahí por puro interese comercial, para vender mellor os novos trebellos. Se nos enamoramos dun pincel de photoshop ou dun código fonte iso xa e problema noso e da confianza que depositemos no noso psicólogo virtual. Perder o paso ou mergullármonos de máis nas perigosas ondas do software terá consecuencias. Xestionar o desacougo diario non é cousa para delegar no software, a menos que algún gurú descubra que o demiurgo que puxo a funcionar todo esto é un microchip omnisciente que se agochaba no monolito de Kubrick.
....
¿pantalóns antiguados, L.? entón terías que recoñecer tamén o desfasado do bigote, sí, alguén o dixo, falso vintage (¿falso máis falso dará verdadeiro como na regla da multiplicación dos signos?) é seguramente un prognóstico de que volven os pantalóns de franela e as pretinas con corchetes, e o bigotiño ese, verás que delicioso manxar para as neonais hipermodernas (¿as que programaba Amy?). Eso si, de volver que volva o vintage completo, gorriños de baño con flores sobrepostas, bañadores con faldiña, Pepe Blanco e Carmen Morell e as palizas diarias ou con sorte semanais, ¡que gustazo!
...

1 comentario:

Sigrid dijo...

Pantalóns anticuados a tope de power, que diría a amiga Paula. E, por outra banda, a min como xa dixen, o que mais me interesa é a relación coa que foi a súa moza. O resto, parecenme epístolas morais a Fabio.

Que ben o paso cando paso por esta a súa casiña virtual!