martes, octubre 06, 2015

Café literario (Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo) : Memorias de Leticia Valle, de Rosa Chacel.


O meu máis "inaudito" agradecemento ás magníficas que o pasado día 30 de outubro asistiron ao debate spbre a novela "Memorias de Leticia Valle". A Rosa Chacel -perdoade amigas- en primeiro lugar por ter existido -un acto deliberado seu, por suposto-, e pola súa audacia e incluso diría eu, temeridade. Voltar a esta inconmensurable escritora acalmou parte da miña consubstancial rabia vital, e ata diría que me reconcilíou un chisco con este país, malia non acreditar eu na xustificación de fronteira ningunha. Grazas Teresa, Alma, Silvie, Corona, Ana, Ángeles, Chis, Victoria, María Jesús e ás outras cuxos nomes non puiden reter de tan concentradas na nosa angueira de destecedoras artesanais, penélopes invertidas e teimosas na procura dun achegamento mínimamente aceptábel perante a ollada dunha mestra que nos fai chiscadelas dende o outro lado. O inaudito segue aí, amigas, agochado entre puntos suspensivos e silencios enxordecedores que nos obrigan a seguir destecendo e rachando veos.  Aquí artellei un pequeno espazo para compartir interpretacións e ideas onde agardo quedemos conectadas. Grazas. Foi moi emocionante. ¡por Rosa Chacel!

2 comentarios:

crispavon dijo...

Grazas outra vez, Ana, por descubrirme unha lectura tan apaixonante coma esta.

Ana Bande dijo...

pois alégrome ben, estou completamente abducida con esta muller, teño lectura para un ano mínimo.