miércoles, diciembre 09, 2015
Contra a política espectáculo
Viron bailar un día a Obama e tiráronse todos ao monte, coma se se poidese facer un setemil só por poñer o mellor traxe de montaña. O cheiro a vulgaridade inunda un xa mefítico ambiente no que votar ben sendo unha escatoloxía obrigada por prescripción democrática. Os que non queren bailar con Pablo Motos ou facer o ridículo a carón do pseudo star Bertín Osborne quedan fóra de xogo. Así, lles pasa aos que adoecen dese concepto tan pervertido do sentido do humor co que hoxe se engalanan os homes bos da poítica. Quedan fóra por real decreto das empresas de estatística (que son os que mandan, sen ter que disimular un chisquiño) os partidos que chegaron ao parlamento polo pecado de ter acadado algún que outro voto...UPyD, Esquerda Unida...desaparecidos, porque si, porque o din os executivos do merchandasing político e non sei que outras andrómenas que andan a artellar o chasis da postpolítica. E a xentiña toda tragando con gusto os bocadiños de lixo que fabrican dous listos, que son os que teñen todos os andraxosos medios de comunicación que enchen o baleiro intelectual dunha meseta cultural que aspira á beleza da liña infinita que representa todo estado crítico...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario