lunes, enero 11, 2016

Confirmado...foron homes!

Imaxe: Elaboración propia



CONFIRMADO. A totalidade dos responsables das 
agresións sexuais a mulleres en Alemaña e outros países europeos son.....homes!












P.D. (1). Chégame unha corrección. Seica todos son individuos dotados de órganos sexuais masculinos.


Lamentablemente é a única certeza coa que contamos sobre a autoría deste ataque masivo ás mulleres. A escaseza da información sobre este feito impresionante reflicte ou ben unha total incapacidade das institucións para garantir un mínimo de seguridade á poboación ou o que é peor, unha actuación deliberadamente deficiente que suporía ter que botar man de todas as teorías da conspiración contra as que tan acotío nos preveñen. Sexa o que for, a única certeza é a que encabeza o post. Todos os agresores son individuos dotados de órganos sexuais masculinos. Ás veces o máis simple non o vemos, como no experimento do orangután que se pasea tranquilamente no medio do partido de baloncesto sen que ninguén se decate. Neste caso é sinxelamente estarrecedor. Sexa da raza, aldea, relixión ou equipo de fútbol que for, todos son homes. ¿queremos as mulleres seguir sendo a moeda de intercambio no desprezable xogo de vicios disfrazados de valores culturais con que se divirten os patriarcas das culturas dominantes?

Malia as alancadas dos xa prehistóricos anos 60, as ideas chave daquela inicial toma de conciencia seguen vixentes plenamente. Aquela re-visión -concepto que actualizaríamos como a necesidade de ver con novos ollos as vellas prácticas que se seguen reproducindo no noso arredor- é un acto de supervivencia. Este suceso desgraciado pode ser o comezo dunha traxedia e a volta ao milenios escuros se non nos comportamos como cidadánxs responsables. No tocante ás mulleres cicais teñamos que esforzarnos en comprender as presuposicións nas que temos estado e seguimos inmersas. É imprescindible para evitar a nosa destrución nunha sociedade doadamente imaxinada como radicalizada na brutalidade dos comportamentos convencionais masculinos. Estamos igual ou peor que naqueles anos 60 onde se nos repetía que incluso os movementos revolucionarios perpetuaban as estructuras patriarcais (¿a algunha se lle escapa o uso que se fai da muller nas campañas electorais por exemplo? por non falar do bochornoso esquecemento das mulleres nos representantes da nova política en España).

A subordinación ao poder patriarcal produce unha situación de horrible igualdade entre todas as mulleres. Todas son potenciais obxecto de violación, mellor dito, de doble violación: a dos propios e a dos (outros) bárbaros. Os propios, lexitimados pola estarrecedora interpretación do principio de propiedade. Os outros (tamén bárbaros) pola consideración da muller do outro como territorio de obrigada conquista e dominación.

Non esquezamos que o concepto de patria, incomprensiblemente tan vixente dende a antigüidade, vestiuse sempre de muller (atemporal, eso si, para deixar claro o seu papel sagrado pero inmóvil) e esta muller, esta patria, nas inculturas nas que temos que vivir representan á amada máis pura que debe ser protexida de perigos e violacións (dos outros, enténdase) e que non debe mancillarse de xeito algún (polos outros, tamén).

Postscriptum 1.
Hai uns días B.V. publicou nunha revista dixital o artigo Vienen a violar a nuestras mujeres. A mesma autora publicou uns días despois este artigo no que revela a cantidade de insultos e ameazas que recibiu como resposta. Xs opinadorxs e francotiradorxs que se agochan no anonimato das redes son un bo corpus para analizar o actual contexto no que nos atopamos. Aínda que co nariz ben tapado cómpre ler e tomar nota (grazas Lorena).


Lecturas pertinentes:
Gayle Rubin

2 comentarios:

Lorena dijo...


https://www.diagonalperiodico.net/la-plaza/28975-la-banalidad-del-racismo-y-del-sexismo.html

Ana Bande dijo...

Amiga Lorena, paréceme gravísimo o que denuncia Brigitte no seu artigo. Tiña lido o que escribira sobre os sucesos, de feito, o seu foi o único razoable que se escribiu nos primeiros días, polo menos a única visión que non fedía a tópicos e conspiracións. Se a esta muller a están a insultar como di no seu artigo, creo que debería, ademáis de escribir, que o fai moi ben, digo, que debería denunciar os feitos. Pero ante todo, se o que conta é certo, a situación é como para exiliarse en Marte. Tamén hai que ter en conta que cando unha persoa escribe cun ánimo provocador, como ferramenta para espertar mamuts, no debe abraiarse co ruxido das bestas, dalgún xeito é necesario, que esperten as bestas, que se expoñan en público tal e como son, para que as vexamos todxs. Ás veces os foros e as redes sociais semellan o día de portas abertas do psicozoo mundial, pero afortunadamente non é así, a inmensísima maioría e xente de paz e ben e está disposta a deixarse querer, quero pensar.