martes, febrero 05, 2019

Debatiendo a Piketty. Una interpretación feminista del capitalismo patrimonial, Heather Boushey.




Unha intepretación feminista do capitalismo patrimonial. Heather Boushey.

Heather Boushey é a Directora Executiva e Economista en Xefe do Centro para o Crecemento Equitativo de Washington e coeditora dun volumen de 22 ensaios sobre cómo integrar a desigualdade no pensamento económico, "Despois de Piketty: A Axenda para a Economía e a Desigualdade". A súa investigación céntrase sobre a desigualdade económica e as políticas públicas, específicamente o emprego, a política social e o benestar económico familiar, e seu derradeiro libro é " Finding Time: The Economics of Work-Life Conflict " de Harvard University Press. The New York Times ten afirmado que Boushey é unha das "voces máis vibrantes neste campo" e Politico nomeounea dúas veces como unha das 50 principales "pensadoras, facedoras e visionarias que están transformando a política estadounidense". Boushey escribe regularmente para os medios de comunicación populares, incluindo " The Room of Debate" de The New York Times , "The Atlantic , and Democracy" ;   aparece regularmente nas cadenas de televisión Bloomberg, MSNBC, CNBC e PBS. Anteriormente, foi economista xefe do equipo de transición de Hillary Clinton, e como economista para o Center for American Progress, o Comité Económico Conxunto do Congreso dos EE. UU., o Center for Economic and Policy Research e o Economic Policy Institute. Forma parte da xunta directiva dp Opportunity Institute e é editora asociada de Feminist Economics . Recibiu o seu doctorado en economía na New School for Social Research e a súa licenciatura de Hampshire College [1]


O Capital no século XXI, de Piketty tense convertido hai tempo nun fenómeno editorial incuestionable. Que esto ocurra cun tratado académico de economía é, non cabe dúbida, síntoma de que a economía constitúe unha preocupación de primeira orde na actualidade. Ata certo punto esto é consecuencia, como é lóxico, da inquietude no ámbito académico e da inseguridade da cidadanía perante as incertezas que se derivan da grande recesión económica.

Dado que o fenómeno Piketty  tenta ser un texto que explicativo do estado do mundo, e non só da economía -de non ser así non se entendería tal éxito- temos que prestar moita atención ao seu contido, e dende logo situármonos no punto de escepticismo que toda predición dende este ámbito debe suscitar. Non creo que debamos axeonllarnos ante a contundencia con que nos falan as e os economistas. É certo que o enorme aparello científico co que se constrúe a teoría económica fai que estes tratados nos asoballen con gráficos e estatísticas. Ádoitan construír con eles modelos nos que semella que só a posteriori queren encaixar unha realidade que siempre é máis complexa e con variables que, ou ben non se teñen en conta porque non son doadamente cuantificables e polo tanto susceptibles dun tratamento metodolóxico convencional ou simplemente se ignoran por factores ou causas tan diferentes como unha moda determinada nunha área de investigación ou un xeito de ollar a realidade puramente convencional que non ten en conta determinados aspectos porque simplemente non interesan ou non se coñece a forza que poideran ter na configuración da nosa sociedade e da nosa economía. Fronte ao canon no económico, están as voces que dende a rigorosidade e a crítica nos obrigan a cuestionarnos os dogmas cos que aparentemente temos a obriga de construir a nosa visión, económica, neste caso, da realidade.  Refírome a tratados tamén moi intrincados ás veces pero ben interesantes polo que tieñen de desmitificadores como a Economía enmascarada de Steve Keen.

O Capital no século lo XXI de Piketty, ten sido xa moi sometido a crítica, dende logo, pero dende a perspectiva de xénero non hai, no noso contexto académico, moitos materiais para este debate en particular. Por iso é especialmente relevante Debatindo a Piketty, especialmente a ollada de Heather Boushey, unha economista moi descoñecida aínda no noso país por non estar traducida, aínda que leva ya moito tempo investigando sobre temas de desigualdade no traballo e sobre conciliación familiar.
 
No seu capítulo de Debatindo a Piketty preséntanos, en poucas páxinas, unha análise das tesis deste economista dende un punto de vista completamente novedoso, aínda que sempre dende unha clara intención de complementariedade ás ideas do economista galo. O novedoso da súa análise é que a autora observa a realidade económica dende unha perspectiva similar á de Piketty aceptando algunhas das súas premisas, como a existencia dun estado de desigualdade económica e unha interpretación orixinal sobre o mesmo atribuíndoo a un posible retorno a un sistema de “capitalismo patrimonial”, pero engadíndolle a nosa economista aspectos que, ao seu xuizo, lle faltan precisamente a Piketty por obviar enfoques e datos que tradicionalmente non se teñen en conta na elaboración dos discursos económicos canónicos. Tamén é novedoso por incorporar un punto de vista de xénero dado que existen evidencias, como o feito de que mailia as mulleres, non computar no PIB, sí que contan para a econonomía; de feito contan tanto que as consecuencias, tanto de aplicarlles un réxime particular e diferente no ámbito económico como o de promover políticas de igualdade, son directamente responsables do crecemento ou do decrecemento económico.

A tese central de  O Capital no século XXI de Piketty, é que estamos a vivir unha volta ao “capitalismo patrimonial”, o que significa que o crecemento económico semella depender outra vez das rendas do capital máis que das do traballo. Sen dúbida é esta unha declaración importante e a debater, porque de ser verificada significaría unha regresión a modelos económicos propios do século XIX e que xa dabamos por superados. De dar por certa esta hipótese, ou para demostrala, teríamos que atender á institución que fai posible esta acumulación do capital, é dicir, ao réxime das herdanzas. A proposta de Piketty é, dende logo, desacougante e contén, ademáis, unha advertencia que considero moi productiva na orde da investigación económica, porque reflicte que “a distribución do patrimonio sempre ten sido profundamente política e non pode reducirse a un puro mecanismo económico”. Nesta sentenza contense, non sei se ao seu pesar, unha invitación a dubidar de toda unha serie de tratados de economía que se teñen artellado casi exclusivamente en base a modelos apriorísticos sen ter en conta outras realidades, cicais a realidade mesma. Na obra de Piketty hai unha ¿disimulada? proposta para que pensemos a economía dende unha óptica diferente, incorporando o papel das instituciones e da política, é dicir, os xeitos nos que nos organizamos como colectividade, como sociedade, e a súa incidencia no crecemento. Boushey acepta o reto, dende logo, ofrecento unha análise sumamente interesante e complexa que paga a pena descubrir porque non só somete a crítica a metodoloxía e as conclusións de Piketty, senon que fai un percorrido pola teoría económica para incorporar o punto de vista feminista, amosando unha visión do futuro que pode agardar ás mulleres.

Boushey analiza a versión neoclásica da economía, optimista por natureza, e a súa posible repercusión nas mulleres. Neste sentido convídanos a repensar as sucesivas teses que dende Kunzets a Chang-Tai-Hsieh teñen insistido tanto en que o crecemento sempre, como se foxe maxia, ten como consecuencia a reducción da desigualdade. Boushey convence porque a súa crítica constrúese conxugando, ou mellor dito, compaxinando, as afirmacións teóricas orixinais da economía canónica, someténdoas a debate, con datos reais que deberían sustentalas.

Por exemplo, no que atinxe á curva do crecemento de Kunzets, Boushey lémbranos que foi o mesmo autor da teoría o que recoñeceu que o seu modelo estaba máis fundamentado en “ilusións” que en datos empíricos. No modelo neoclásico todos semellan coincidir en que nunha economía na que o capital humano (a preparación, a aptitude, a habilidade das persoas que traballan) é o que conta, nunca se xustifica o coste de desperdiciar talento con políticas pouco sensibles ao fomento da igualdade.  Con esta premisa, a clase política tería na súa man reducir a pobreza, decidíndose a incluir no sistema económico a todas a persoas que teñen sido tradicionalmente excluidas por razón de xénero ou raza. Esta previsión de Boushey, aínda que dunha lóxica aparentemente incontestable, bátese precisamente nos nosos días coas políticas en boga de retroceso en materia de igualdade.

Habería que preguntarse e reflexionar moito sobre este feito; sobre si realmente é o factor humano (a habilidade das e dos traballadores) o que está actuando como estímulo ou motor de crecemento, nun momento coma o noso no que tanto homes como mulleres teñen unha preparación moi superior ás esixencias do mercado laboral e que ademáis ou ben están no paro ou traballando en postos moi por debaixo da súa capacitación profesional.

Na ollada pesimista que nos presenta Boushey a escasa confianza que ofrece o crecemento como factor de inclusión é cicais onde reside o maior interese do texto. Aquí Boushey armoniza as teses de Piketty coas do feminismo ao resaltar as metodoloxías que comparten (preminencia dos datos, avaliación dos mesmos e incorporación das instituciones sociais como actores económicos) pero sobre todo interésanos porque sinala algunas das estridencias daquelas teses, principalmente as derivadas das contradicións que supoñen o empeño de Piketty por rachar coas teorías económicas modernas  e a súa simultánea incapacidade para crebar os  modelos estándares que precisamente é o que critica. A partir desta lagoa Boushey incorpora a teoría feminista porque é precisamente empregando esta metodoloxía cando realmente se cuestiona o modelo clásico e canónico ao incorporar variables, datos e perspectivas novedosas. O feminismo económico, efectivamente, xa tiña recoñecido a importancia das ciencias sociais e das estructuras de poder nos resultados económicos. O feminismo económico tamén tiña xa feito unha crítica á metodoloxía do uso dos datos nas investigación económicas, cunha crítica das fontes moi relevante, porque tiña sinalado que a unidade fiscal tomada, a unidade familiar, non era axustado, por non ofrecer datos desagregados que permitisen un estudo de calidade de determinadas institucións ou de factores tan relevantes como a importancia da raza ou o xénero na economía.

Por otra banda, Boushey critícalle a Piketty que cando fala de capitalismo patrimonial está comentendo un erro de base, porque o emprego deste sintagma non é neutro ao referirse espefícamente ao estudos das herdanzas a través dos pais, o que deixa fóra a posibilidade de observación da muller no estudo desta institución imprescindible na hora de abordar unha investigación rigorosa sobre o capitalismo patrimonial.

Boushey, a partir de aquí, expón un contrafactual do libro de Piketty, porque refire os resultados aos que Piketty chegaría no caso de ter empregado una ollada de xénero no seu estudo. Boushey incorpora argumentos e perspectivas a unha investigación coa que comparte moitos argumentos pero que que contén elementos que a limitan na súa capacidade de comprensión da situación económica do mundo actual, que é, en definitiva, o obxectivo de Piketty.  ¿Cal son estes elementos ou as súas fallas no Capital no século XXI

En primeiro lugar e cicais o máis relevante son os datos. Piketty emprega estatísticas tributarias, pero unha vez máis e igual que fixo co PIB, esta fonte non abonda porque para coñecer a evolución do proceso de transmisión de herdanzas é imprescindible ter en conta o proceso de incorporación da muller ao traballo ou o emparellamento selectivo como mecanismo de movilidade social. Unha vez máis a crítica a Piketty o déficit do propio obxectivo que é a incidencia das institucións sociais, económicas ou culturais que marcan o matrimonio, as relacións de xénero ou a familia como aspectos que determinan completamente o réxime das herdanzas.  Boushey descobre con sorpresa este déficit para interpretar o contexto na obra de Piketty cando precisamente é o autor o que incorpora datos directamente collidos de fontes literarias que falan precisamente da importancia das estratexias matrimoniaies e do papel da muller en relación coa economía no século XIX. 

Boushey pregúntase polas estratexias actuáis no ámbito da movilidade social e do matrimonio como dinámicas que non veñen reflectidas nas estatísticas pero que se manteñen como unha vía para reducir a desigualdade. Fálanos doutros datos, doutras medidas e constrúe hipótesis que deixan espazo para interpretaciones abertas, interesantes e complexas, que, dende logo, ofrencen unha lectura moito menos ríxida na que todos e todas podemos implicarnos e tirar as nosas propias conclusións. Non hai sentenzas nin fórmulas que pechen previsións de futuro, e, neste sentido, a economista norteamericana apunta a que a situación da muller é un dilema que pode resolverse en direccións moi variadas; pode ser que o crecemento económico empurre a unha necesaria igualdade, digamos que por imperativo de eficiencia do sistema, pero tamén podemos crer que as elites, aínda maioritariamente masculinas, empreguen o seu poder para intervir no proceso de transmisión de herdanzas distópico que conduza irremesiblemente a un retorno ao patriarcado decimonónico. Estas mesmas cuestión son as que plantexan hoxe investigadoras como Mercedes d´Alessandro. Dende logo, incorporar a perspectia de xénero é abrir unha porta á interacción con outros aspectos que hai que ter en conta na análise do sistema económico capitalista no que vivimos.

No hay comentarios: