A María Carballido, filla de Esmeralda
Ola a todas as que sempre abrides esta fiestra; estiven ausente demasiado tempo, pero podo xustificarvos o meu silencio. Xa sabedes que levo anos un pouco "alongada", como diría Valente, (o Grande) da miña terra virtual por mor da miña investigación chaceliana, que me mantén deliciosamente secuestrada. Ireivos contando pouco a pouco; aquí vos irei deixando algún ratallo dos meus traballos. Este de Esmeralda, do que aínda descoñezo o destino editorial, fíxeno grazas ao pulo de coñecer a María, a filla da muller arxentina máis bela da cidade porteña dos 50 do pasado século. María presentoume á súa nai a partires das miñas pesquisas investigadoras, grazas tamén á súa xenerosidade ao doar as cartas de Rosa Chacel á Biblioteca Nacional, e así puiden entrar en Boulogne, a estancia desta salonnière que foi quen de reunir na súa tertulia a intelectuais da talla de Pepe Bianco, Vera Makarow, Silvina Ocampo, Alejandra Pizarnik, José Hernández, Enrique Pezzoni ou Rosa Chacel, of course; un grupo auténticamente queer e de cultura infinita que en breve agardo presentarvos, se as revistas se portan ben e me deixan traballar en paz os cobizosos de traballos alleos... avanti!!
Próximas entregas: Correspondencias de Rosa Chacel con Concha de Albornoz, Celia de Diego e Fernanda Monasterio.