Mostrando entradas con la etiqueta Arquivos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arquivos. Mostrar todas las entradas

miércoles, julio 11, 2007

Recuperación do patrimonio documental en Santiago e Ourense

Sentencia de Alfonso X "El Sabio" no pleito dos veciños de Ourense contra o Cabildo e Obispo da cidade.
Arquivo do Concello de Ourense. [foto: Ana B.B]


Veño de coñecer unha importante noticia sobre a recuperación do patrimonio documental e histórico en Santiago e Ourense. O Proxecto Urbe, do Consorcio de Santiago, presentou un macroprograma que pretende recuperar os documentos relacionados coa historia de Santiago. Por outra banda, o Arquivo da Catedral de Ourense vai ser tamén dixitalizado. Neste caso o proxecto forma parte do plan "Fuentes de Estudios de Historia Leonesa". Chama a atención que o traballo non responda a un interese da nosa comunidade, que sería o lóxico, pero logo de séculos de escurantismo non imos poñer reparos. A época tecnolóxica axuda a afrontar este tipo de proxectos pero non deberiamos esquecer o labor tamén titánico dos que soterraron parte da súa vida na recuperación dun patrimonio só existe grazas a un durísimo e non recoñecido traballo de investigación. Estou a pensar en Emilio Duro Peña, unha persoa con apelidos moi ben acaídos pero víctima dunha incomprensión absoluta que deixou uns traballos tamén titánicos nos que as ferramentas tecnolóxicas pouco máis eran que unha boa lámpara (aínda que esto é dudoso) e un lapis. O noso patrimonio documental aínda precisa de moitas medidas se queremos evitar máis desastres. Os arquivos dos concellos, por exemplo, son cotos illados onde as perdas son xa irreparables. A foto que vos presento é dunha sentenza de Alfonso X milagrosamente recuperada polo arquiveiro do concello de Ourense, D. Francisco Espino Domarco. É unha reliquia, os documentos medievais deste concello cóntanse cos dedos dunha man. Este, por exemplo, foi recuperado grazas á sensibilidade e profesionalidade deste arquiveiro do que tamén diremos en pouco tempo que enterrou moitas horas para mirar por uns papeliños de nada. Da para moito esta historia da triste desaparición de documentos, e como este post era para felicitarnos, pois eso, parabéns por estas medidas, e que se multipliquen, xa falaremos, se queredes abrir un debate, deste tema.

miércoles, mayo 09, 2007

Os Gallego Domínguez de Ourense

Marcos Valcárcel lémbranos ao doutor Gallego nos seu impagable blog. Non me gustaría que nos esquecésemos deste home excepcional e bo porque foron moitísimas as persoas ás que dende a súa humilde consulta procurou axuda durante moitisimos anos. Estou un pouco desolada porque non atopo noticia algunha na rede sobre este médico exemplar. A súa sobranceira xenerosidade e humildade seguramente irán en detrimento do seu recoñecemento, pero dende aquí me gustaría facer un chamamento para que todos os que o coñeceron e disfrutaron da súa atención como médico ou amigo deixen por escritos algúns datos. Por motivos profesionais coñecín a Doña Olga, a súa irmá, arquiveira e investigadora infatigable cunha obra abundante e erudita que invita á seguir os seus pasos. Persoas así de xenerosas nos súas profesións son hoxe exemplares en vías de extinción e non faríamos mal en tomalos como referencia en moitos aspectos, sobre todo na humanidade que desprenden. Porque a felicidade é ese momento no que atopas un documento ou un dato de arquivo que contribúa a esclarecer un proceso histórico, ou un diagnóstico axeitado que vai procurar a curación dunha doenza, non un flamante artigo publicado nunha revista cun alto índice de impacto que vai repercutir nun novo sexenio. Se cadra hai que repensar un pouco todo amigos.
[foto de Olga Gallego Domínguez]

jueves, noviembre 09, 2006

Arquivos Militares...¿será verdade?

Veño de coñecer -Via Iwetel- a apertura dos arquivos militares. Poderíamos dicir o de "máis vale tarde...", pero non, non vale. Foron moitas as inxustizas que xa non teñen reparación, foron moitos tamén os relatos que quedaron sen escribir...moitos aburríronse de esperar, gastar cartos e chamar ás portas de burócratas murchos e arquiveiros do réxime. Bo momento para agradecer o traballo de historiadores que malia tantas dificultades na súas investigacións, acadaron traballos tan salientables, como Francisco Espinosa, por exemplo. Recomento outra vez, a lectura do seu traballo "La investigación del pasado reciente. Un combate por la historia".

domingo, octubre 15, 2006

Paleografía e arquivística na blogosfera




















A foto (Vía Arquiveiros) é indicativa do estado no que aínda permanecen algúns arquivos. ¿por que me lembro de Todos os Nomes de Saramago? A blogosfera xa conta con información relativa á especialidade de arquivística e paleografía. Un dos blogs más interesantes que atopo é Cartularios Medievales, esperemos que se animen os profesionais deste sector para facer visible a riqueza que conteñen os arquivos. Recopilei uns cantos enlaces que vos animo a visitar: Archivum, Paleografía y Ecdótica, Archivologo, O arquivista, Mundo Archivístico e Archivística.net (neste último podedes acceder a unha chea de sitios sobre o tema. Hai máis na columna de ligazóns)