martes, junio 10, 2008

A única igrexa que ilumina é a igrexa que arde.


Non é o despacho de billetes dun vello cine nin a entrada dun campo de fútbol. É o portelo de entrada da Catedral de Almería. Podíavos contar a indignación dos numerosos turistas que logo de enxurrar o colesterol á caloriña das rúas almerienses se atoparon con esta cálida benvida. Eu non ía dicir nada, simplemente dar media volta e marchar; sí que tiña claro que non ía pagar por ver unha catedral que ademáis non me ofrecía ninguna atracción (que perdoen os almerienses) especial. Mais non fun quen de aturar a ollada de desprezo que albiscaba nos desfalecidos guiris. E metín a cabeza nese buraco negro. Antes de que os meus ollos se afixerán á obscuridade soaron alto e claro os ouveos do acólito de turno, que me recibiu con hospitalidade característica dos que se achegan a unha sotana sen cartos no peto:

-¡señora, se quere entrar pague en punto!.

-Non, o que eu quero é que me explique alguén por que hai que pagar para visitar un templo, o que quero é que me deades unha folla de reclamación porque non estou de acordo...

-¡mire, déixese de metafísicas e se quere algo vaia ao bispado! [Fíxome moita graza o emprego do palabro, mais tiven que disimular o sorriso, querían que me tomaran en serio]

- Pero é que eu non quero visitar ao bispo...

E así un bo rato. Os "porteiros" turnábanse para mandarme a paseo (iso en Almería, en plexo xullo ás dúas da tarde xúrovos que é unha putada) e semellaban moi ofendidos coa miña aptitude.

Eran dous xitanos guapísimos, con ese brillo nos ollos que te fan tremer de medo nas portas das discotecas, imaxinade o que sería detrás dese portelo.



Non me fai nin anaquiño de graza esta pútrida institución que segue roubando pola graza de deus, matando pola graza que lles fai e deixando morrer porque o espíritu santo é o sumo propietario intelectual do seu corpus corruptus ininterruptus, a claro, haber quen se pon a razonar cunha pomba.

Unha pílula de desafogo contra os que literalmente nos cepillan a diario. Por certo Pedro ¿seguro que na Catedral de Santiago son 20 millos de euros ao ano o que "recaudan" con ese método? non o acabo de crer. Vou corrixir a miña declaración e poñerlle a cruciña, así non hai quen viva.

[A foto vina no bló de PaulM. que me ten diariamente pendiente das súas riquísimas entradas, e a idea creo que foi de mullerespúblicas]

10 comentarios:

Paul M. dijo...

gracias por lo de las riquísimas entradas ;)

en cuanto a lo otro, creo que la iglesia cumple una funcion muy importante en nuestra sociedad: la de recordarnos cosas como que, si se tiene el suficiente dinero, puedes convencer a la gente de que te lo subvencionen todo y despues encima quejarte; o que la sociedad esta dividida en espacios estancos: los privilegiados (que se saltan leyes, impuestos y lo que les apetece) y los demas.

la autentica verdad que pregona la iglesia es esa de que todxs somos corderxs del senhor. si no fueramos tan borregos, otro gallo cantaria.

un saludo,

câosemdono dijo...

Lembro unha estupenda colaboración de Javier Cercas no dominical de El País de hai un par de fins de semana ou tres. Viña a dicir que a Igrexa, como empresa cunha forma societaria absolutamente sui generis, atopou hai unha chea de séculos un produto que, en sí mesmo e polo sofisticado do invento, é unha xoia do marketing sen parangón.

Así, primeiro inoculan indiscriminadamente o veleno na xentiña (o sentemento de culpabilidade permanente e mesmo contumaz e a mala conciencia por case todo, sexan accións, omisións, palabras ou pensamentos, mesmo os máis inocentes), e acto seguido, por un módico prezo (nada menos que a propria alma), vendenche en frasquiños monodose o antídoto elaborado ad hoc polos mesmos pais do invento (que non é outro ca a absolución dos pecados previa confesión, os cales veñen no mesmo pack ca o resto dos sacramentos e, desde logo, os mandamentos).

Valoracións, todas as que se queiran. Pero, desde a perspectiva do éxito empresarial, vaia un invento macanudo, non si?

torredebabel dijo...

a sala na que dou clases na universidade (a Universidade de Bos Aires), ten unha pintada que di isto precisamente. E moitas veces pérdenseme os ollos nela debuxándome un sorriso, claro...

Silvana dijo...

Se o mercantilizan tiñan que ter polo menos unha folla de reclamación ou directamente á oficina do consumidor. É un abuso.

Ana Bande dijo...

A Mafia Santa, lle chamaba a grande Maruja Mallo.
Oes Cansendono, parece ser que se nos "mosquearon" los postaleros por aquel post, cajiná...vou ter que ir confesar, en serio.
TorreBabel, ¡pois que sorte ter unha pintada así no choio! Eu traballo nun entorno totalmente deshumanizado, a mensaxe máis provocadora é o de "mostrador de préstamo" e logo un que di "estes ordenadores estás exclusivamente para consultar os OPACs".
Un saudiño Silvana, facía moito que non te lía. Apertas.

Ana Bande dijo...

A Mafia Santa, lle chamaba a grande Maruja Mallo.
Oes Cansendono, parece ser que se nos "mosquearon" los postaleros por aquel post, cajiná...vou ter que ir confesar, en serio.
TorreBabel, ¡pois que sorte ter unha pintada así no choio! Eu traballo nun entorno totalmente deshumanizado, a mensaxe máis provocadora é o de "mostrador de préstamo" e logo un que di "estes ordenadores estás exclusivamente para consultar os OPACs".
Un saudiño Silvana, facía moito que non te lía. Apertas.

câosemdono dijo...

A qué post te refires, Ana?

Ana Bande dijo...

câosemdono: http://anabande.blogspot.com/search?q=academia+postal

Lula Fortune dijo...

Encantoume a foto(voucha roubar)e o post. Na catedral de Bacelona pasoume o mesmo (4'50 euros!!!)por recobrar os claustros da miña infancia. Din media volta e comprei un super xeado de 5 euros. Será por cartos...
Bicos laicos.
PD: qué lle pasa Cansendono, "chapa" os suplementos dominicáis?

câosemdono dijo...

Que va, Lula, de feito aborrezo (cordial e literariamente) bastante á maioría das plumas senlleiras que escriben neles, uns por rancios, outros por fascistillas, os de máis aló por resabiados e case todos eles por autocompracentes encantados de térense coñecido a sí mesmos. O que pasa é que de cando en vez mesmo nos vertedoiros pode aparecer algún diamante, como este que citei.