Foto roubada en Arumes Street
Achégase o día, leidis an llentelmans, hai que ir afacendo o padal ao Forever Young bat de taims ar cheinguin, oh sister!, e oremus para que ningún hurriquein nos estrague o blouguin in de guin.
Este guinken repasade a dylipedia do grande mestre da orde dylaniana dos derradeiros e vindeiros días e non canto de ir papar hostias por aí a calquera chiringuito visitade o novo templo dylanita que asomou pola blogopraia.
¡é unha orde!
VERSIÓN en CASTELÁN: esto...que ven deus (RR dixit) a Vigo o 27. ¡Vémonos!

9 comentarios:
Estou desexando ver as costas de Mr Robert Zimmerman o venres!!! Será a terceira vez e esta vez en Vigo!!!!
Supoño que isto é pecado, pero o cartel é pelipuntífero; case faiq ue un colla ganas de revender a entrada...
¿Dixen eu iso?
Quen queira escoitar dylanidades en galego hai descargas gratuitas aquí:www.7lvvas.net
Ah! Así que ti es Ana Bande, a membra da Igrexa Adventista Dylaniana Dun Día Destes! Pois encantado.
Ala, evanxelizando que é xerundio! Así me gusta.
Canceleiro, e logo ¿onde anda vostede ao rabo de Don Roberto? Bicos longos, mágoa non coñecernos o careto, non poderemos botar un bailiño dylaniano.
RR. Non o podo crer, vostede non vendería a súa entrada din ao diaño por tódolos pecata mundi.
unnagumma, grazas, agora vou para alá.
Vicario, si, son eu, unha grande pecadora que agarda chegar á comunión ao venres un pouco máis limpa de pecado logo da súa confesión, se me da cita e hora, claro.
Pero cómo: esto é unha nova blogoquedada? Será o Dylan o noso padriño? Vas vir Rurrú?
Qué nerviossssssssssss!
O templo para a celebración das novenas anteriores será na rúa Canceleiro (what a coincidence!) ao pé do cartaz da foto.
E a primeira vez que quedo ao pe dun cartaz, esto promete. Prezadx Arume ¿e si arrancan o cartaz e non hai Estrela nin Jeineken que nos guíe?
Rubénnnnn ben....ben....ben...ben....ven....ven....eeeeeeeeo.........eeeeeeeeeeo...........
Vou Lula, vou, pero sen satélite, Ana...
A ver se dou chegado á rúa do canceleiro, cajindecouna, porque teño presenteixon ás seis en Santiago. Non penso nin falar, por aforrar tempo, nin parar nas peaxes, nin determe por ordes da Garda Civil. Cando dean chegado a trincarme xa estou grampado á pata do organillo de Deus.
¡Ah, e si, vendín a entrada pola noite no ebay! Pero logo ardín nos lumes infernais e espertei agarradiño a ela. :-P
Publicar un comentario