miércoles, marzo 05, 2008

Rubén R. en Vigo.

Rubén R. estará hoxe na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo para falar da súa Limpeza de Sangue. Un día de ledicia para moitos que imos disfrutar da compañía deste escritor, blogueiro, amo de casa, nonseicantascousas máis pero sobre todo, amigo. Como fannámberguán vos animo a achegarvos ata Marcosende pola mañá ou pola tarde na sede da ESAD e por suposto a ler a súa obra premiada que xa se atopa traducida ao castelán. Aquí tendes a estupenda crítica que fai da obra o benquerido Arumes.

Rubén R. estará hoy en la Facultad de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo para hablar da su Limpieza de Sangre. Un día de alegría para muchos, vamos a disfrutar de la compañía de este escritor, bloguero, amo de casa, nonsecuantascosas más pero sobre todo, amigo. Como fannámberguán os animo a acercaros hasta Marcosende por la mañana o por la tarde a la sede de la ESAD y por suposto a leer a su obra premiada que ya se encuentra traducida al castellano. Aquí tenéis la estupenda crítica que hace Arumes.

1 comentario:

r.r. dijo...

Ai, qué ben o pasei (sobre todo despois dos "atos"). Xa puxo vostede a foto para que veña o apicultor a criticarme por andar en chándal...