e hoxe vemos esta
Os arquivos abandónanse, uns caen por instalacións totalmente inadecuadas e outros arden tamén por abandono, por non falar das destruccións planificadas. A estas alturas é non só lamentable, senón incrible que cos medios técnoloxicos que existen, deixemos que se perda a memoria. E xa se sabe, pobo que non lembra ....claro, que a investigación histórica non está de moda, moitos chámanlle "remexer no pasado, ¿ou non lembrades a Rajoy no segundo asalto cando referíndose a Lei da Memoria Histórica dicia "esa ley que no le interesa a nadie"? ou cando dixo algo así como "yo no ando por ahí investigando". Sentín tanta vergonza coma cando saíra o seu mentor falando tejano.
Os dereitos dos cidadáns cada vez están menos garantidos cunha administración que perde os papeis (en tódolos sentidos, ademais). Pérdense historias clínicas, quéimanse expedientes xudiciais, acumúlanse en barracóns inaccesibles moreas de documentos soterrando os nosos dereitos para toda a eternidade. A situación é alarmante. Ningunha consellería do goberno autonómico ten o seu arquivo organizado e os "papeis" dos cidadáns púdrense nun galpón do polígono do Tambre. Que tempos, amigos. ¿quen endente nada? A Cidade da Cultura segue sendo un monstro que medra chuchando todo canto euro ingresamos nas contas públicas e os documentos e materiais que deberían conservarse alí podrecendo nos escuros e sinistros sotos das sacrosantas administracións.
La caída del archivo impide el acceso a 500.000 historias clínicas de Vigo. El hundimiento de las estanterías privará a los médicos de los datos de 5.000 pacientes cada día. Los hospitales gallegos mueven cada día 20.000 historias clínicas
Valiosa información sobre archivos en el magnífico blog de María José Aldaz archivística.net
VERSIÓN EN CASTELÁN: Los archivos se abandonan, unos caen por instalaciones totalmente inadecuadas y otros arden también por abandono. A estas alturas es no sólo lamentable, sinó increible que con los medios tecnolgicos que existen, dejemos que se pierda la memoria. Y ya se sabe, pueblo que non recuerda ....claro, que la investigación histórica no está de moda, muchos le llaman "remover en el pasado, ¿o no os acordais de Rajoy en segundo asalto cuando refiriéndose a la Ley de la Memoria Histórica decía "esa ley que no le interesa a nadie"? ou cando dijo aquello de "yo no ando por ahí investigando". Sentí tanta verguenza como cuando saliera su mentor hablando tejano. Los derechos de los ciudadanos cada vez están menos garantizados con una administración que pierde los papeles (en todos los sentidos, además). Se pierden historias clínicas, se queman expedientes judiciales, se acumulan en barracones inaccesibles montañas de documentos enterrando nuestros derechos para toda la eternidad. La situación es alarmante. Ninguna Consejería del gobierno autonómico tiene su archivo organizado y los "papeles" de los cidadanos se pudren en un galpón del polígono del Tambre. Que tiempos, amigos. ¿quien entiende nada? La Cidade da Cultura sigue siendo un monstruo que crece engulliendo todo cuanto euro ingresamos en las cuontas públicas y los documentos y materiales que deberían conservarse allí pudriéndose en los oscuros y siniestros sótanos de las sacrosantas administraciones.
26 comentarios:
Eche o que hai. En Vigo e mais Lugo hai un arquivo intermedio que recolle a documentación das diversas delegacións provinciais das consellerías. Algunha Consellería como a de Cultura ou Facenda teñen arquivo -en tanto que os serve un arquiveiro ou arquiveira; en Santiago hai un heroe que atende todo o Arquivo Xeral da Xunta de Galicia, instalado nun barracón no polígono do Tambre, aínda que este parece que se instalará en boas condicións nun dos edificios da Cidade da Cultura; nos demais arquivos administrativos dependentes da Xunta: un páramo. Cos gobernos do PP fíxose moi pouco, ao estremo de que nas últimas eleccións, o seu programa electoral en cuestión de arquivos decía: "se organizarán, describirán y digitalizarán los archivos musicales de las catedrales gallegas". E nada mais. Se cos gobernos do PP fíxose ben pouco, co actual goberno, tampouco andiveron finos, a non ser o proxecto de instalar o Arquivo Xeral da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, que aínda non é unha realidade.
Hai pouco lía que a Consellería de Presidencia ía poñer en marcha a Xunta de Expurgo de arquivos xudiciais de Galicia, ao abeiro do famoso R.D. 937/2003 de 18 de xullo, de Modernización de arquivos xudiciais. Da creación dos arquivos xudiciais territoriais (intermedios) previstos no mesmo RD, non se sabe nada; de dotar con persoal técnico, tamén ao abeiro do mesmo decreto, os distintos arquivos de xulgados e tribunais, nada de nada. A cousa é expurgar para facer sitio, sexa como sexa, aínda que se perdan documentos dun indudable valor secundario; ou contratar a Eulen para que "limpe" (¿expurgue?) os arquivos dos xulgados, audiencia de Ourense e antiga Cámara da Propiedade, dotalos de compactus e separar as pezas de convición dos papeis ¿Persoal técnico? Xa che hai unha arquiveira no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e Audiencia da Coruña; no resto dos órganos xudiciais non deber ser necesario ou prioritario ter persoal especializado. ¡País!
Moi bo blog. Perdón polo mega-rollo e aperta.
ya se sabe lo que no archive una..., por cierto ¿haces copias de seguridad de tu blog?.
como se pegue un día la hostia bloger ya verás la que se lia
Grazas por enriquecer co teu coñecemento o propósito do meu post. Si, coñezo a ese superheroe que atendo todo o arquivo central da Xunta, levas rázón. E tamén coñezo aos que traballan no nivel inferior (en tódolos sentidos) da Administración Municipal. No concello de Ourense temos un arquiveiro que malia tódolos bechos aos que tivo/ten que facer frente (uns cantos anóbidos e milleiros de burocracitas corruptus) acadou recuperar un arquivo tan importante.
Anarkasis,
Muy buena pregunta, no, como buena archivera renegada que soy no hago copias de seguridad. Si el blogger se pega ostia que le den, yo también me la pegaré un día u otro y no habrá avatar que me sustituya. Además no tengo ni idea de cómo se hace esto sin tener que renunciar a mi siesta diaria.
Un abrazo.
Falar de arquivos é chorar.
Caramba, Ana, poder botar a sesta todos os días: quen dera! Ten que ter un cutis excelente.
Un saúdo.
Magoa o corazón ver o estado actual dalgúns arquivos. Eu teño estado hai anos na "canceira" do Concello de Ourense a investigar en condicións que dan vergoña. Nun zulo baixo terra sen apenas luz no que case non se podían abrir os grosos volumes alí gardados. E non podo esquecer a imaxe arrepiante dun paquete duns 300 xornais empodrecidos pola humidade e perdidos para sempre. O arquiveiro Paco Espino merece un monumento por ter traballado nesas condicións de insalubridade e por esforzarse na conservación dos ricos fondos do arquivo municipal.
Saúdos a todos.
Si, David, Paco E. merece moito máis que un monumento, élle unha desas persoas das que unha sempre se sentirá orgullosa de ter coñecido e querido. E como sei que moi de cando en vez asoma por aqui, voulle mandar un par de mecagüendioses ao pil pil que tanto lle gostan. E aproveitando vou mandar á merda tamén a tódolos políticos de merda que engordan e engordaron nese concello de merda. Antes malfalada que vendida. Dixit.
Ana, ¿que tal vai o edificio de arquivo histórico provincial e biblioteca pública(¿e museo?) de Ourense? As últimas noticias que tiven insistían en que o edificio era arrepiante, para saír correndo: cos depósitos orientados ao sul, con grandes panos acristalados para torrar ben a documentación; sen un peirao de carga; sen que se houberan separado as zonas de circulación de persoas e documentos... Para botarse a chorar.
Xa é magoa porque se non lembro mal, Ourense perdeu a maior parte dos libros da biblioteca pública procedentes de mosteiros e conventos suprimidos, nos anos vinte; o arquivo histórico provincial de Ourense, sen parangón en Galicia no que atingue a fondos eclesiásticos, era xa unha referencia cando o dirixía Olga Gallego, e segue nun local estreito, cativo; ¿qué vou dicir do Museo Arqueolóxico Provincial se teñen gañado a pulso a fama de bos profesionais; a sua magnífica web na que inclúen todos os meses un artigo adicado á "Peza do mes". En resumo, ¿cómo vai o do edificio que tanto merecen esos centros? ¿segue parado? ¿van desbotar o proxecto e adicalo a hotel ou calquera outra cousa?
En definitiva, que Ourense merece mellores instalacións, polo que vexo, tamén no arquivo municipal, e se me permites, tamén no diocesano ou catedralicio, que me díxo radio macuto que nun destes, os medios son tan precarios que os investigadores sérvense eles mesmos a documentación, entran no depósito, soben escaleiras, tanto para coller os mazos como para deixalos no sitio que os atoparon ¡País! ¡País!
Miguel,
Polo que sei e me contaron hai pouco cando visitei o que se pode visitar (unha sala do antigo Mosteiro de San Francisco) está TODO PARADO. As obras pois eso, en obras e o museo literalmente "empaquetado". Os cartos que había foron parar ao Auditorio que da moitos máis votos e Arquivo, Biblioteca e Museo están agardando mellores épocas. O arquivo municipal está tamén exiliado nun cotroso local nun barrio periférico ourensán. En fin, para que imos falar. Mágoa dos excelentes profesionais que traballan arreo nestas condicións, é para botarse a chorar. A iniciativa da Peza do Mes que fai o museo é un intento desesperado de berrar ¡ei, aínda estamos aquí!
Non estaría mal facer un percorrido cultural por estes depósitos esquecidos, facer unhas fotiños e falar disto para ver se lle cambia a cara de ledicia aos nosos flamantes políticos.
Moitas grazas Ana. O de facer un percorrido por estes centros paréceme unha excelente idea. Ás veces teño a sensación de estando tan perto, enterámonos mais do que pasa en Murcia, que en Ourense, Vigo ou calquera outra vila ou cidade galega.
Pois nada, calquera día destes colgo unhas fotos do "estado da cuestión". Eu estou en Vigo pero calquera finde se andas por Auria podemos quedar.
Pensaba que estabas en Ou. A ver se fago unha escapada da Coruña a Auria, que hai mais dun ano que non a piso. Se vou, aviso.
Ok, o meu correo:
ambb@uvigo.es
Fagánme caso, ós arquivos xudiciais que lles dén -pro que hai que lér-.
Enténdaseme ben, quero dicir que investir en arquivos pero non nos xudiciais que son un engorro e unha auténtica perda de tempo e cartos.
Xaime,
????
Xaime, menos mal que no Archivo Histórico Nacional (Madrid), no Archivo General de Indias (Sevilla), no Arquivo de Reino de Galicia (Coruña) e tantos outros non pensaron o mesmo, cando se fixeron cargo de diversos arquivos xudiciais.
Os fondos do Consejo de Castilla, oo o de Hacienda, ambos no Archivo Histórico Nacional; os do Consello de Indias, no Archivo General de Indias; ou os da Real Audiencia de Galicia no Arquivo do Reino de Galicia, son na súa maioría xudiciais. Os fondos do Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo, dentro do Archivo General de la Guerra Civil Española, son xudiciais. Os fondos dos distintos tribunais rexionais de responsabilidades políticas, son xudiciais. Dille aos historiadores que todos os días consultan esos fondos que non teñen interese. Dille aos donos de montes comunais, que queren demostrar que o seu monte foi sempre comunal, que os pleitos que tratan de montes e comunais, integrados no fondo Real Audiencia de Galicia, non teñen interese...
Sempre estamos cos mesmos tópicos, os productores dos documentos, os que os tramitan, sempre pensan que a súa documentación non ten interese, que os documentos con valor histórico deben nacer e fabricarse nos arquivos históricos, ou que os documentos importantes son outros, os seus nunca teñen importancia.
Aínda que Ana me reña por enrollarme coma unha persiana, permíteme un exemplo persoal. Hai poucos anos acudín aos xulgados da Coruña para obter información sobre o cementerio xudeo da Coruña, medieval claro. Nos anos 70 e 80 cónstame que se abriron sendas dilixencias previas ao atoparse osos no lugar que ocupaba. Por suposto que esas dilixencias, o informe do forense e as posibles imaxes que tomou, eran interesantísimas ,con -ísimas, para min. Non houbo maneira. Buscaron os documentos e non chegaron a atopalos, e eu quedei co cabreo que supós debido ao estado lamentable en que se atopan os arquivos xudiciais galegos.
De reñir nada, só faltaba. O caso é que eu penso que Xaime estaba extremadamente irónico e cabreado ¿non é Xaime? porque senón, non entendo.
Escrebín como me saiu pensando no tema de Mari Luz no que por moito arquivo e arquiveiros o diaño andivo solto.
Pero nos arquivos xudiciais recentes, reafírmome, non hai nada gardable.
Xa, Xaime, xa sabía que estabas a pensar no terrible caso de MariLuz, non ten sentido falar de papeis e arquivos cando no día a día esquécese rematar unha tramitación dun expediente que tería evitado esta e tantas outras desgracias. Mais o tema da conservación de documentos é importante Xaime. Ogallá non precisaras nunca ter que xustificar algo para ter un dereito pero eso non é frecuente nas nosas burocratizadas ¿democracias?. Cobrar unha axuda (por exemplo os que tiñan que demostrar que estiveran no cárcere durante o franquismo), recibir un tratamento médico adecuado (imposible sen a historia clínica) e ata votar nas eleccións precisamos que os arquivos públicos estén en boas condicións. Saúdos.
Non teño noticia que os documentos do caso de Mari Luz estiveran no arquivo ou dependendo dun arquiveiro. Ao mellor estou equivocado, pero estaban na mesa da funcionaria que tramitaba o caso, pero non no arquivo.
Pero di Xaime: "nos arquivos xudiciais recentes, reafírmome, non hai nada gardable".
Coincidindo con Ana, engado ¿non crees que os arquivos xudiciais antigos algunha vez foron recentes? E sendo esto así, se os arquivos xudiciais antigos son gardables, non sei porque non van selo, os recentes, que pasado certo tempo serán antigos, poderán consultarse tanto por cidadáns para xustificar dereitos, como por historiadores, ao igual que agora consultan fondos xudiciais antigos que alguna vez foron recentes. :-)
Se poden que teñan razón pero é a miña idea. Estou tódolos días entre rollos, expedientes e autos e non son, insisto, gardables.
Intuiao no primeiro mensaxe que insertaches. É algo moi común que os que traballan nun campo, desprecen a documentación que producen e os rodea, sen decatarse de que cando os papeis non lles serven a eles, servenlle a outros.
Os expurgos incontrolados están á orde do día. Pódese tirar a documentación producida na delegación de Educación da Coruña correspondente ao franquismo, porque total, eso xa non serve; pódese tirar a documentación producida polas cámaras agrarias na provincia de Pontevedra, porque total, xa non hai cámaras; unha delegación de Industria cambia de sede, e pode tirar o arquivo aos contedores de lixo, porque total, xa está todo tramitado e non é importante... ¿Pero haberá algún documento importante, que mereza ser conservado, no sentir dos seus productores?
Os documentos teñen un valor primario en tanto que serven a quen os produciu ou os afectados como memoria do feito, que ás veces hai que retomar; pero tamén, cando teñen anos, adquiren valor secundario como fonte para a historia. Os documentos históricos non se fabrican nos arquivos históricos, é todo moito mais natural: no caso de documentos públicos, nacen nas oficinas, pasan ao arquivo desas oficinas e posteriormente a un arquivo intermedio, onde se elimina o que non debe enviarse a un arquivo histórico, porque evidentemente non se pode nin debe conservar todo. De ahí a eliminar todo, como quererían os productores, media un abismo.
Asegúroche que se eses rolos, expedientes e autos que te rodean, estiveran nun arquivo no que traballara un arquiveiro, o teu traballo sería moito mais doado. A documentación aparecería sempre, con rapidez, e non se perdería o tempo buscando uns autos como quen busca unha agulla nun palleiro. Se tes algunha dúbida, pregunta aos funcionarios que traballen en oficinas xudiciais nas que teñan un arquivo no que traballe un arquiveiro, e se non están contentos co seu traballo, cóntasmo. Como estou tan seguro do que digo, e en Galicia tan so hai unha arquiveira xudicial -que ademais é amiga miña- pregunta aos funcionarios do Tribunal Superior de Xustiza ou aos da Audiencia Provincial da Coruña se non están contentos con esa arquiveira, e se non funcionan mellor que noutros sitios onde no arquivo non hai arquivero ou arquiveira.
Se chegáchedes aquí, volvo a pedir disculpas polo mega-rollo.
Este sábado pasado asistimos en Rábade a homenaxe dunha bibliotecaria célebre como era Juana Capdevielle, en Agosto do 36, esposa do Gobernador de A Coruña, que apareceu mortiña nunha cuneta da antigua estrada Madrid-A Coruña, o mesmo día que pasearon a Lorca, o fatídico 18 de Agosto.
Como non sei por enlaces, anímote Ana a que fagas un post desta túa colega.
O monolito é unha preciosidade de Couselo e cando pasedes por Rábade parade para velo.
Grazas Xaime, por suposto que o farei, esta historia deixoume impresionada, ¿que tería sido deste maravilloso país sen guerra civil e sen discriminación sexual? Con esta dramátia "selección non natural" dende logo sobreviviron os máis adaptados, sí, pero á selva. En canto poida tamén farei esa visita. Grazas outra vez.
Publicar un comentario