O outro día tomando un café na Praza da Constitución o camareiro tivo a mala sorte de esvarar e ciscou tódalas consumicións polo chan. Bueno, todo non o ciscou porque para non ensuciar e queimar aos clientes virou a bandexa cara o seu peito que sufriu unha boa queimadura. A miña primeira reacción foi protestar polas manchas de café na prenda do meu compañeiro pero afortunadamente tiven presente a derradeira historia de Belén Gopegui. ¿Que tería pasado se o dono do establecemento despedise ao camareiro? ¿presentaríase na miña casa culpabilizándome da perda do seu traballo? ¿Sería eu quen vivir con esa culpa? ou ¿esquecería o asunto nun par de días como moito e a sorte do camareiro? Unha simple anécdota pode virar o rumbo da túa vida e de súpeto os piares que a sustentan poden tremer dun xeito ben desacougante. A novela da Gopegui acada boas e malas críticas pero o certo é que para aqueles que procuramos na literatura reflexións intelixentes aos problemas cotidianos acadamos nestas páxinas atinadísimos e sutís parágrafos que nos achegan ao xeito de pensar dos progresistas, dos conformistas, dos liotadores, dos ecoloxistas, dos que queren mudar as cousas, dos seres individuais e dos colectivos, dos mozos, dos empresarios, dos estudantes, dos namorados, dos pais, dos amigos. Algúns critican nesta obra unha eiva na caracterización dos personaxes aos que non acaban de coñecer, pero ¿e que acaso nos coñecemos a nós mesmos? ¿Actuamos sempre de acordo co riguroso perfil psicolóxico da persoa que pensamos que somos? Gústame a novela pola cuestionamento continuo que fai dos "seres normales", que para min son os conformistas, os irresponsables, os que deixan que todo vaia a peor porque queren quedar ben con todos e teñen medo ao ostracismo dun sistema que rexeita sempre aos disidentes, dos que non fala R.F. Retamar no fermoso poema que introduce Belén na súa obra e que podedes ler aquí.
Algúns tamén se preguntan logo de ler a novela quen é o dichoso pai de Blancanieves, pois amigos, eu penso que o mesmo que quedou cos cartos en No Country For Old Man.
Versión en castellano
Versión en castellano
El otro día tomando un café en la Plaza de la Constitución el camareiro tuvo la mala suerte de resbalar y tiró todas las consumiciones por el suelo. Bueno, todo no porque para no ensuciar y quemar a los clientes giró la bandeja hacia su pecho que sufrió una buena quemadura. Mi primera reacción fue protestar por las manchas de café en la prenda de mi compañero pero afortunadamente tuve presente la última historia de Belén Gopegui. ¿Que pasaría si el dueño del establecimiento despediese al camarero? ¿Se presentaría en mi casa culpabilizándome de la pérdida de su trabajo? ¿Sería yo capaz de vivir con esa culpa? o ¿olvidaría todo el asunto en un par de días como mucho y la suerte del camarero? Una simple anécdota puede cambiar el rumbo da tu vida e de repente los pilares que la sustentan pueden temblar de forma preocupante. La novela de la Gopegui tiene buenas y malas críticas pero lo cierto es que para aquellos que buscamos en la literatura reflexiones inteligentes a problemas cotidianos encontramos en estas páinas acertadísimos y sutiles párrafos que nos acercan al modo de pensar de los progresistas, de los conformistas, de los luchadores, de los ecologistas, de los que quieren cambiar las cosas, de los seres individuales y de los colectivos, de los jóvenes, de los empresarios, de los estudiantes, de los enamorados, de los padres, de los amigos. Algunos critican en esta obra una falta en la caracterización de los personajes a los que no terminas por reconocer, pero ¿es que acaso nos conocemos a nosotros mismos? ¿Actuamos siempre de acuordo con el riguroso perfil psicológico de la persoa que pensamos que somos? Me gusta la novela por el cuestionamento continuo que hace de los "seres normales", que para mi son los conformistas, los irresponsables, los que dejan que todo vaya a peor porque quieren quedar bien con todos e tienen miedo al ostracismo de un sistema que rechaza siempre a los disidentes, de los que no habla R.F. Retamar en el hermoso poema que introduce Belén en su obra e que podeis leer aquí.Algunos también se preguntan despues de leer la novela quién es el dichoso padre de Blancanieves, pues amigos, el mesmo que se quedó con el dinero en No Country For Old Man.
16 comentarios:
Dálle tantas voltas ás cousas, Ana, que pode quedar paralizada se pensa todos e cada un dos seus actos.
Cóntolle unha historia.
Unha vez botaron do traballo a unha caixeira de Carrefour pola miña denuncia. Non era esa a miña intención, tan só que a amoestaran, pero botárona.
Tivera un comportamento chulesco e xenófobo cun curmán meu que viñera da Arxentina, e como non se quixo desculpar e aínda por riba se puso insolente e desafiante cando lle recriminei educadamente a súa actitude, fixen a reclamación por escrito.
Ao cabo dunha semana chámame a xefa de persoal para interesarse polo asunto. Cando llo expliquei dixo que inmediatamente quedaba despedida, que tiñan moita xente á espera dese posto e que ese non era modo de tratar aos clientes.
Contesteille que me daba por satisfeito con que a amoestaran, pero que tampouco era competencia miña entrar na súa política de contratación de persoal.
Sinceramente, non quedei con ningunha mala conciencia.
¿que é esa cousa que chaman empatía?
Prezado Api,
Ás veces pensar nos nosos actos con certa calma é un acto de solidariedade. Esa caixeira seguro que meteu a pata profundamente pero a desproporción do "castigo" amosa a prepotencia dun sistema totalmente inxusto. ¿puxo vostede unha reclamación logo de que botaran a caixeira? Sinceiramente, penso que era o mínimo que tiña que ter feito porque esa historia demostra que os clientes ao final sí somos responsables da política de contratación. Claro que hai moita xente que queren traballar, sobre todo moitas mulleres e iso tiña que ser unha "oportunidade", non unha "ameaza" para a empresa. O que non tiña que ser nunca
é un factor de discriminación e dominio absoluto á hora da contratación. Hai moitos parados e moitas situacións de precariedade, sempre haberá alguén disposto a facer máis renuncias ca un para atopar emprego, pero ¿é xusto facer que a xente renuncia á súa dignidade para traballar? Eu podo imaxinar as presións e condicións ás que está sometida a caixeira porque tamén estiven nesa beira do río, tamén tiven días malos e moi malos onde tiña gañas de asasinar ao primeiro cliente que se me puxera diante. Como clientes temos que saber o poder que temos e administralo. Pensar non doe Api, nen paraliza, se cadra fainos máis bos, o malo é precisamente que non nos deixan tempo para facelo non sexa que vexamos os problemas do sistema e tentemos amañalos. Para pensar xa lles pagan abondo aos técnicos en calidade, márketing, reingeniering e outros chuchasangues especializados do sistema.
Eu, francamente, non podo sentir empatía con quen se comportou como a caixeira que describo. E dame igual que teña ou deixe de ter un traballo precario.
Dínlle a oportunidade de que se desculpara e, no canto de rectificar, respodeu aínda peor.
Eu non fun quen a botou, circunstancia da que tampouco teño constancia documental. Pero aínda téndoa non considero propio que eu protestase. Cada un debe ser responsable dos seus propios actos e das súas consecuencias, incluídas as caixeiras, os notarios ou os cosmonautas.
Sinceramente creo que unha solidariedade mal entendida acaba convertíndose en corportativismo, en inercia, en privilexios inxustificados e nunha rémora para moitas cousas. Na retórica solidaria agóchase non poucas veces intencións espúreas que prexudican á maioría. E se fai falta poñemos exemplos, que os hai de abondo.
Un saúdo.
Si Api, ten vostede razón, paseime un pouco provocándoo, pero comprendame é que os seus discursos son unha tentación. ¡apertas!
Muller, tampouco me dea a razón como aos tolos!
:-)
Diso nada, non lle dou a razón e menos coma os tolos, o caso é que comentando esta súa historia co meu asesor intelectual decateime de que podía estar prexuzgando o seu caso. O máis rexeitable é que a propia empresa, lle diga que hai moita xente esperando para ocupar un posto de traballo. ¡que sutileza! En fin, para gañáns, moitos empresarios.
Ao meu compañeiro ofrecéronlle un bo dias "unhas hostias" no Banco de Santander porque levaba a ingresar o peto da rapaza. Que non se ían poñer a contar calderilla, que se sacase da cola, que se ameazas, que se che parto a cara. Incrible. Neste caso o propio banco o citou e ofreceulle tamén o despido do traballador, finalmente indultado pola esaxerada paciencia do meu colega. Para todo hai, Api. Pero postos a decantarse, eu sempre me poño do lado dos que saen perdendo, que case sempre levan razón. De tódolos xeitos direille que son unha experta en reclamar, a miña filla sempre me bota en cara que colecciono follas de reclamación, é certo. Algún día, cando me aburra vou montar un album no Flickr con tódolos modelos que teño,na Xunta, no Sergas, nas Axencias de Viaxes...hoxe mesmo tiven que poñer unha nun cutrebar que me puxo un infame salteado sen desconxelar e pola tarde outra contra R porque logo de vir amañar o que xa estaba amañado me chamaron por teléfono para informarme de que me ían pasar 40 euros na próxima factura por non sei que servizo. Debo ter cara de pailoca. En fin. Un cachondeo esto del timo. Bueno, ala, xa desafoguei.
Cubrir follas de reclamación é a miña principal especialidade. Sobre todo en tintorerías, grandes superficies, restaurantes, Correos, bancos, comercios de roupa, Concello, ...
A propósito, case se me está ocurrindo poñerlle unha a vostede de tan vicioso que son!
:-)
Un cretino dun banco semellante ao que conta, pero non tan violento, levou un bo nabo hai moitos anos cando fun falar directamente co interventor central. Aos cincos minutos estaba o guicho pedindo desculpas ante a cara de asombro dos meus pais. Salvouse de que eu aínda non chegara a casa porque lle ía dicir un par de frescas.
Unha aperta.
Ja....Jaaaa...pois agora mesmo vou deseñar un formulario de reclamación "ad hoc", mellor dito, un protocolo de "non conformidades" como se di nesa neolingua de calidade tan axeitada a estes tempos asépticos. Veña Api, xunte esas follas e facemos unha especie de concurso tipo "ferve a rede" pero sen orgasmos...mmm. Que eu lembre agora así de repente teño reclamacións en Iberia, Metro de Madrid, orgasmos (sic) oficiais varios, proveedores de internet, telefonía móbil, touroperadores, en fin, como di o noso insigne representante eurovisivo (comezamos por mandar ao chikilicuatre e acabaremos por votar tamén a un actor para a presidencia) ¡perrea! ¡perrea!
Os meus maiores éxitos téñense dado en tintorerías e establecementos de cociña e calefacción, ademais de en bancos.
Hai arredor de doce ou máis anos púxeranse de moda unhas estufas canadienses de pellets supercaras lareostiaenverso. Mercaramos unha en Vigo para a casa, que viviamos preto. Pero non furrulaba ben e poidemos intoxicarnos, entre outras cousas porque non sabían instalala! Monteille tal movida no comercio (con reclamación escrita na oficina do consumidor do Concello incluída) que fixen que viñeran recollela. Veu un operario en plan borde e boteino con caixas destempladas. A continuación: chamada e ultimatum ao comercio. Ao día seguinte, veu o mesmo guicho coa cabeza gacha a recollela sen rechistar, traéndome en man as 200.000 ptas., porque, así llo subliñei, non aceptaba cheques de xente tan tramposa e pouco seria.
A repera xa foi co guicho que nos montou esta cociña (a punto de ser estrangulado, e non por min precisamente), aparentemente un profesional moderno cun comercio inmmenso por todo o grande. Tardou dous anos en cobrar até que rectificou todas as chapuzas que fixera (algunha pequena aínda quedou). Dous anos lle levou montala ben: os mobles viñeron e fóronse tres veces até que chegaron e se montaron en perfecto estado. Menos mal que aínda non viviamos aquí e non tiñamos urxencia.
Por certo que debe haber cousa de ano e medio que non presento ningunha reclamación. Por iso teño mono.
Saúdos.
Api, recoméndolle visitar un establecemento de informática co nome de personal computer abreviado e cidade traducido ó inglés. Alí póñenllas "a güevo". Eu, que son de natural pacífico, puxen dúas na miña primeira visita.
¿Qué carallo ten que ver isto co post? Voulle poñer unha reclamación a vostede, carallo.
Eso digo eu, eu viñen aqui para falar dun libro e veña a desbarrar...céntrenseme por favor
É que eu cando me lanzo... :-)
Por certo, Ana, puido facer aquela solicitude?
JA, JA ,JA...qué divertido estar aquí agochada vendo esta regueifa. Bicos Ana e bicos tamén para ese "espíritu de mosca cojonera".
(para ti tamén, RR :))
Si Api, o mesmo día quedou tramitada a solicitude, agardo que o asunto remate felizmente para vostede (voyeuristas blogueiros, tranquis, estamos falando en clave pero dun asunto nada morboso)
Eissss Lula, xa levo días ollándoa a vostede agochada por aí...un pracer pero tamén unha mágoa que non sexa en vivo e en directo, xa teño mono doutra saída tan cooooollllll
Está feito, Ana. Á volta das vacacións, chamamos a Api e a Rurru e repetimos :) Eu tamén o pasei en grande. Este mundo dos blogs é ben curioso. O venres vou coñecer en Santiago a outros dous blogueiros... de Madrid!!!
Temos o mundo dominado!!!!
Bicos.
Publicar un comentario