sábado, mayo 24, 2008

Dan choiva e vento....

[A. contra o temporal]
Procurádevos un morno acubillo esta fin de semana. Eu, como ando un pouco ao revés vou ir de picnic á praia. Estes días pódese disfrutar dunha gloriosa soidade ao abeiro dunha cervexa ollando o mar e tamén escoitar aos mariñeiros arranxar o país na baiuca do peirao. Para os que quededes podedes aproveitar e ver o mundo cos ollos deste vagamundo de luxo, elixir unha boa lectura da man de Blanca, visitar o magnífico bló sobre arte e activismo de Paul M., ou repasar a galería de debuxos do noso amigo Mazen.

6 comentarios:

O Raposo dijo...

Pois eu marcho de sendeirismo o monte aínda que chova, que vai ser que si.

Paul M. dijo...

muchas gracias, ana! ya me iría yo también con gusto de picnic a la playa...

Suso Lista dijo...

Pois eu vou ir de marcha a Malpica, que están de festas do Corpus, e ao abrigo de suroeste.

Cati dijo...

Pois eu penso engruñarme entre as mantas no sofá, desexando ter a elegancia do ourizo pero abondarámeme ver xirar os mirasois cegos. Mentres lambo as patiñas e me quero a min mesma. Seméllame un bo plan porque aborrezo a auga! ¡¡FFFU!!

Ana Bande dijo...

Un raposo facendo sendeirismo? cajiná o mundo animal toleou...

Ah Paul, pues cuando quieras, sólo tienes que avisar y ya te hacemos un huequito en la playa, estos días están todas para tí solito, ni un alma, sólo gaviotas...una auténtica maravilla...

mmmm....Malpica...pois páseo ben aínda que sexa co "corpus".

Ei cati, xa vexo que se coida vostede ben, como sodes os michiños, sempre a carón do lume....

Cati dijo...

Ao final non fixo tan mal tempo como dicían. Supoño que o picnic na praia non necesitou de parasol. Son os meses que mais prestan... os das primeiras raiolas.
Xa contarás do escoitado na Casa do Mar.

Ben pola aposta do raposo, ¡so pode gañar quen arrisca!

Eu saín co libro ao tellado e estábase de vicio, quentando o lombo.Espertei coas primeiras pingas da tarde cun arrecendo a Primavera mollada. Miau!