viernes, mayo 02, 2008

Lembranza de Peralejos.

Amigo Peralejos, grazas outra vez ao noso guía espiritual lembreime de ti. Xa sei que che teño un pouco abandonado nese adosado virtual que aínda non hai moito proxectei para ti. Pero xa sabes como anda o sector inmobiliario, o ladrillo virtual estase poñendo polas nubes e teño que ir pouco a pouco. Un poverpoin de segunda man por aquí, unha viñeta por alá....¡que lle queres! Tanta ponte, ponte tanta que non hai tempo para descansar, anda un estresadiño de tanto sendering e mecagocaravaning.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Xa postos hai de decir que un aguda non son moito pero o que está claro é que o funcionario do chiste non é ningún xefe-a (alto-medioalto-mediobaixo-pseudo) pois ningún deles precisa nin ticar nin que lle tiquen. A súa fortuna é a inmaterialidade. Cuan Tiqué(vexase mitoloxía grega), o xefe-a pode decidir a sorte de calquera mortal sen que ninguén decida sobre a súa propia sorte, fortuna ou decisión . ¿Quen vai notar a falta dun xefe tan encumbrado, mitolóxico e etereo? ,¿quén custodia ós custodios?.
Non hai máis que ver as novas xornalísticas sobre a medra, coma fungos nos humedais da administración, dos xefes de servizo, xefes de sección, xefes de xefes, Asesores técnicos da xefatura de nova creación,etc... e os seus incrementos salariais en función de denominacións variopintas e rimbombantes.