viernes, mayo 30, 2008

This is not pornography

Paul M. Smith. Untitle,from series This is not pornography, 2002.

Foi outra semana de mal tempo e visto que os gurús das isobaras seguen aconsellando que non esquezamos o paraugas, imos ver se poñemos un punto de humor por aquelo cumprir co refraneiro. Ademáis estou seriamente preocupada con esto do paso dos anos. Máis que as enrugas e esa deformación dos corpos para a que estamos tan pouco preparados, realmente, o que máis me amola é a perda do sentido do humor.Un sentido ben pouco común, por certo.

A recuperación ou estímulo desta capacidade para facer as cousas un pouco máis divertidas xa hai tempo que é explotada polos xestores de recursos humanos (¿quen pode rir existindo expresións así?) para aumentar a producción. Os famosos cursos de risoterapia, que profileran coma fungos, seméllanme tan sinistros que me dan ganas de fuxir á carreira cando alguén coñecido me fala do ben que se pasa nestas sesións.

A propósito disto, hai na peli A idade da ignorancia (esto sí é unha boa terapia contra a perda do sentido de humor ¿ou non?) unha escea sobre este tema divertidísima (cando saiba furrular co muvimeiquer vola poño). Eu trato de procurar remedio por outros medios. Por exemplo, tomar unha caña con esas persoas tan especiais que lle encontran chiste a todo, postear en blós irónico/festivos, ler diariamente as viñetas do mestre do humor gráfico, abrir só os pouerpoins de persoas de moita confianza e, aínda que cada vez é menos doado, levarse aos ollos unha boa novela que desdibuxe da túa cara, alomenos perante unhas horas, ese rictus de cabreo permanente que che provoca a estupidez e mediocridade que te abafa.

A imaxe que encabeza este desbarre de post foi quitada da revista EXIT. Aos que vos gusta a fotografía tendes aquí unha boa publicación. No monográfico adicado ao humor hai artistas moi orixinais con propostas que che farán pasar un bo rato. Unha gozada para o sentido do humor e para os outros.

E como é venres, e seguro que vai chover, aquí vos deixo estas ligazóns "ad hoc".

Son as consecuencias do efecto Vailima.

Miguel Calderón / Karen Knorr / Liliana Porter / Olaf Breuning / Yoshua Okon / Philippe Ramette / Plonk & Replonk / Elliott Erwitt / Teun Hocks / Erwin Wurm / Paul M. Smith / Win Delvoye / William Wegman / Anna and Bernhard Blume / Pedro G. Romero / Isaac Montoya / Tibor Gyenis / Carles Congost / Matin Parr / Marcos López / Peter Land / Urs Lüthi

VERSIÓN EN CASTELÁN:Fue otra semana de mal tiempo y visto que los gurús de las isobaras siguen aconsejando que no olvidemos los parguas, vamos a intentar poner un punto de humor por aquello cumplir con el refranero. Además estoy seriamente preocupada con esto del paso de los anos. Más que las arrugas y esa deformación de los corpos para la que estamos tan poco preparados, realmente, lo que me fastidia es la pérdida del sentido del humor. Un sentido bien poco común, por cierto. La recuperación o estímulo de esta capacidad para hacer las cosas un poco más divertidas ya hace mucho que es explotada por los gestores de recursos humanos (¿quien puede reir existiendo expresións así?) para aumentar la producción. Los famosos cursos de risoterapia, que profileran coma setas, me parecen tan siniestros que me dan ganas de huir despavorida en cuanto algún conocido me habla de lo bien que se pasa e n estas sesiones. A propósito hay en la peli de la edad de la ignorancia (esto sí es unha buena terapia contra la pérdida del sentido de humor ¿ou no?) una escena sobre este tema divertidísima (cando sepa fuchicar con muvimeiquer os la pongo). Yo trato de buscar remedio por otros medios. Por ejemplo, tomar una caña con esas personas tan especiales que le encuentran chiste a todo, postear en blog irónico/festivos, leer diariamente las viñetas del maestro del humor gráfico, abrir sólo los pouerpoints de personas de mucha confianza y, aunque que cada vez es más dificil, llevarse a los ojos una buena novela que desdibuje de tu cara, por lo menos durante unas horas, ese rictus de cabreo permanente que te provoca la estupidez y mediocridad que te ahoga.La imagen que encabeza este desbarre de post fue tomada de la revista EXIT. A los que os gusta la fotografía teneis aquí un buea publicación. En el monográfico dedicado al humor hay artistas muy originales con propuestas que te harán pasar un buen rato. Una gozada para el sentido del humor y para los outros. Y como es viernes, y seguro que va a seguir lloviendo, aquí os dejo estos enlaces "ad hoc". Son las consecuencias del efecto Vailima.

14 comentarios:

Vailima dijo...

¿qué ven mis ojos? los palillos orientales están haciendo estragos. En esta casa me pareció ver un lindo gatito...
Por cierto, la imagen es imposible a todas luces. Ninguna mujer permitiría a su pareja tener las piernas sin depilar.

el brujo don carlos dijo...

Buena maestra, Vailima

Pero las piernas peludas son las de la chica :D

Vailima dijo...

ajjjj, el mundo de la estética ya no es lo que era.

Brujo, tengo tanto que aprender!!!

Ana Bande dijo...

Queridísima Vailima, a mi lo que realmente me espanta es el bigote. En esto de los pelos la moda es un verdadero incordio, ahora largos, ahora rubios, cortos, lisos...no sabe una que hacer con ellos xD...
DonCarlos, bienvenido, si, cierto, la señora Vailima es de lo mejor que llevo visto en la red, y mire que me paso horas espigando. Voy a aprovechar la ocasión y me voy hacia su casa que es la hora del café...

Lula Fortune dijo...

Pois vaia coñazo levar un tío así pendurado todo o día! Bicos e sorrisos.

Ana Bande dijo...

Si lula nunca mellor "vaia coñazo"...ja...ja...!

apicultor dijo...

Desculpas pola abrupta irrupción, pero acabo de ler agora mesmo o que puxo no de RR, e non é así a cousa, Ana.

Non lle veño por aquí porque me tratou moi mal, inxustamente, e moito máís sabendo quen son.

Daquela, supuxen que eu era persoa non grata, polo que me retirei con discreción e facendo o menor ruído posible. Agora que de anoxado, nada de nada. Simplemente defraudado, permítame a franqueza.

Reciba un saúdo.

Ana Bande dijo...

Pois sintoo ben, Api, pero ¡que va! vostede sabe ben que non houbo maltrato nin intención, só manifestación contundente de criterios e opinións diferentes. De persoa non grata...uf! nin falar, sabe vostede ben o que lle quero a todos os que veñen por aqui, e o de "máis sabendo quen son"...¡que lle diría! aquí a comunicación non é como na vida real, cando hai debates e discusións eu contéstolle case sempre a un nick ou aínda a un anónimo, non estou falando coa persona, eso fágoo cando contactamos privadamente vía correo-e, teléfono ou medios convencionais. E o de defraudalo, a eso non podo poñer remedio, a verdade, unha xa non está en idade de merecer. Alégrome moito desta visita ¡unha aperta!

Cati dijo...

Oes ti, Vailimia! Que é o que tes contra as pernas sen depilar? Eu teño un precioso pelaxe brancuxiño nas miñas patotas e ben contenta que estou con elas.

Respecto a ti Ana, esto non será pornografía pero como ese rollo ambiguo me encanta...Esta foto ponme moito!
¡¡GRAZAS!!

Sego no tellado, estes días deixan a velux aberta para que poida saír ao meu antollo, e como no podo sacar o ordenata fora, aínda non me deu tempo a mergullarme e todas as túas recomendacións. En canto chova, entro e me poño a facer os deberes. Pero é que se está tan ben fora. Adoro cando se trabucan os/as gurús!
Lambetadas para quen as queira

Vailima dijo...

Leñes, Cati, que unas piernas con tanto plumaje no sé, no pegan. Aunque claro, depende del pájaro.
No obstante, ya sabemos que para gustos los colores y aquí nuestra amiga Ana nos ha regalado una imagen para disfrutar.
besos
p.s. a alguien se le hará la boca agua pensando en la idea de "dar por cul..." a un hombre. Pero esa es otra historia ¿no?

cati dijo...

Vailimia...gústame esa cabeziña que tes!

Ana Bande dijo...

Vale tías, xa vexo por onde hai que ir para fomentar o debate. Nada de filosofía seria, esgotamento de recursos enerxéticos, mudanzas de paradigmas e moito menos Deleuze, Agamben e de Foucault nin falar, aquí o que interesa é a sodomía e escatoloxía variada, ¿e para iso estudiei unha carreira, fixen milleiros de cursosquetecagas e fun profeparatodo?
Vailima pordeussanto un poquitode xfavor!!!!
Cati, déixate estar no tellado muller que tempo haberá de facer os deberes cando sexas unha peraleja entodoelsentidodelapalabra.
http://peralejos.blogspot.com/

Anónimo dijo...

¡Que lista es Cabr...!
Estou ata a escatoloxía de tanto tema.
E xa se sabe, calquer excusa é boa para deixar de chapar. Teño a casa como os chorros, o teu bló xa me sae en canto toco o rato, e mente libidinosa ¿Que pasa? XD.
So quedan dous meses.
Slurp para as dúas!!

cati dijo...

Evidentemente o post anterior é meu. Deille ao rato antes de tempo!!
pd: Onde estaba Foucault?, non sería o do mostacho, porque tía seguro que non era.
Muas