lunes, junio 09, 2008

Unha dúbida.

Esoutro día asistín á presentación de Votos de riqueza, Ignacio Castro Rey. ¡que alivio saber que alguén todavía pode ser máis pesimista que un mesmo co mal que queda hoxendía ir por aí falando da tiranía do presente, da exasperante banalidade do consumismo, da incomunicación global na sociedade máis hipervinculada da historia, da absoluta e dirixida terciarización do prefabricado excedente de tempo de lecer inventado polos demiurgos máis cool dun sistema, xa non productivo, pode que nin sequera xa especulativo, da violencia que xera a seguridade, do perigo da paz a golpe de bombas de racimo e de tantas cousas que seica son invencións dos filósofos para amolarnos. Outro filósofo, hai un par de días, asegurábame que non hai que facer moito caso deste desacougante libro e de paso, aconselloume a lectura do súa derradeira obra, ao parecer un ensaio sobre a arte, o terror e a morte. Agora dubido entre a filosofía seria ou a relectura da viaxe de Pomponio Flato que veño de rematar.
En Brétemas tendes unha boa reseña de Votos de riqueza. E non esquezades pasar pola páxina de Ignacio Castro, paga a pena a lectura detida dos seus escritos sobre cine.

No hay comentarios: