miércoles, septiembre 03, 2008

Camposancos, a versión galega da violencia fascista.

Teatro do antigo colexio empregado como sala de xuizos.



[Ei, Rubén, este post vai para ti, por encomenda do Aser]. Estivemos alí. Tiña escoitado algo sobre este Mauthausen de noso e había pouco que viramos o excelente documental sobre o Memorial de Camposancos. Esoutro día, logo dunha fermosa xornada na outra beira da raia, decicimos apurar a volta e cruzar no ferry. O monumental edificio en ruinas recibiunos cunhas chiscadelas de fiestras escuras e cristais esnaquizados polas pedradas do abandono. Axiña recoñecimos ángulos, torres, arcos, cresterías, linteis, portas e cancelas. Non ía ser doado desaproveitar calquera oportunidade por perigosa que se presentara, para saltar ao interior. Decidimos dar unha volta arredor deste monumental cascallo concentracionario e ao dobrar a primeira esquina da fachada, unha porta metálica fechada ¡co pau dunha basoira! convidounos a entrar. Menos mal que dende que mercamos a preciosa Nikon non a quito de enriba. Comprenderedes que para unha viciosa do alleamendo de propiedades abandonadas esta é unha ocasión que non se presenta a cotío. Fixemos moitas fotos, botade unha ollada á galería que colguei na columna da dereita. Un lugar sinistro que agarda a que esmoreza o repuntar dunha mísera memoria da que non queremos oir falar. Pero está aí, aínda viven algúns que poden falar do que aquí pasou. E houbo un pobo que todos estes anos loitou por conservar a memoria dos que morreron POR NADA pero foron lembrados con toda a dignidade do mundo cuns nomes escritos cun esprai no muro do que ten que ser por moito tempo unha lamentación. Esta teimuda xentiña que viu tanta morte e tanto sufrimento conseguiu que se lembrase aos seus parentes, amigos e coñecidos torturados e asasinados POR NADA cun monumento non me atrevo a dicir que máis digno, só un pouco máis duradeiro.Agora, polo que sei, queren facer un hotel de luxo. E nin siquiera temos onde asinar para opoñernos, non sei dunha plataforma para recuperar este non lugar que podería ser tan ben aproveitado como centro nacional de documentación sobre a represión. Pero como ningún dos que rexeitamos festas gastronómicas seremos escoitados xamais po estes políticos tan preocupados pola recuperación dos bolos celtas, pois non haberá nada que facer. ¿ou si? Se chega un día e facedes uso dunha suite deste futuro hotel que saibades onde estades a durmir.


Nunha das paredes aínda quedan grafittis dos condenados. Neste vese claramente o debuxo dun avión durante un bombardeo.


O DVD Memorial de Camposancos podes atopalo na biblioteca Central da Universidade de Vigo. Aquí. Video. Máis noticias en: La Voz de Asturias .
Fonte: Memorial de Camposancos [DVD]. José Ballesta y M. Anxo Fernández. [Oviedo] : Principado de Asturias : Blaster, 2007
"A la memoria de los hombres que moran en esta fosa común. Aquí no enterraron sólo cadaveres. Enterraron semillas que hoy florecen. Por favor respetad este lugar"

Durante moitos anos os veciños de A Guarda lembraron deste xeito tan digno a memoria dos asasinados. Moito aprenderían destas xentes os que porfían por botar aínda máis terra ao asunto. Todos os casos de represión traen as mismas tráxicas consecuencias, e entre as máis vergoñentas é esta incapacidade para escoitar ás víctimas. Desto falou abondo Primo Levi, cuxa lectura recomendo. Aquí estabamos a esperar a que morresen tódolos fillos ou tódolos netos para esquecelo todo pero o sufrimento adoita deixar fondas pegadas e agroma cando menos se espera. Por moito que se enterro aos fusilados, por moito expediente que se negue ao investigador, por moitos piosmoras que aparezan, a xente ten dereito a lembrar, a saber e a contar aos fillos como viviron e morreron os seus parentes.

10 comentarios:

Raquel López dijo...

Espléndido reportaje.
Nunca haremos lo suficiente para sanear el ambiente.
Cada vez soportamos menores dosis de verdad.

SurOeste dijo...

Grazas Ana, por dar luz á escuridade.

r.r. dijo...

Impresionante, moitas gracias ó Aser e a ti. Pelos de punta, quero ver ese DvD. E si, xa me mandaras a foto...

Anónimo dijo...

gostaríame saber ata que punto eses avións son froito da man algún dos pobres homes represaliados neste enorme edificio.Dado o seu abandono, calquera -incluso eu mesma- son capaz de pintar eses aparellos logo de que alguén me conte in situ o acontecido no lugar e na época. Non é que desconfíe pero xa sabemos que non todos os graffitis e gravados que hoxe vemos nos monumentos megalíticos non son da época nin moito menos e é que todos temos un artista no noso interior.

Zerovacas dijo...

Tomo nota do DVD, tamen. É un tema que me remove especialmente

sisachosudo dijo...

banquerida Ana, disfruto da consulta deste taboleiro,
un bico

bagoas insomnes dijo...

Pois, a ver, a ver como empezo?

Pois resulta que xa ai unhas cantas semanas que buscando non sei que no google din co teu taboleiro ( como di sasochosudo) e claro, nese intre quixen deixarte un comentario, pero a verdade e que me abrumou a cantidade de información valiosisima q ía atopando cando lle daba cara abaixo a rodiña do rato. Tantas cousas, debuxos, libros, historias, que decidín demoralo meu comentario, ata ter ben explorado este recuncho de verbas!

A verdade e q si non me equivoco, e con iste nome que tes, creo que a neste recuncho e aquela que xa fai uns mesiños me acompañou ao Coto de Novelle, coa boa compaña do Senén e as xentes de Noallo, que me nos convidaron a culler e ledicia. Graciñas por aquel día, foi moy importante para min e para Pablo.

Gracias por achegar a este recuncho tanta beleza e sabedoría.

P.d: se me equivoquei de Ana Bande, non pasa nada, este recuncho merece todas estas letras.

Ana Bande dijo...

Raquel,
Tódolos esforzon son poucos con tanta terra que seguen a botar enriba. Un biquiño.

Suroeste,
Grazar rula, aínda queda moito lume por prender. E parabéns, xa sabe.

R.R.,
Conta con el.

Anónimo,
Concordo co que dí pero neste caso o de menos é a autenticidade dos debuxos, aínda que visto o documental eu os teño por auténticos. Os grafiteiros do sector vandálico teñen un "estilo" ben diferente,

Zerovacas,
Se non se pode facer co DVD, eu teño unha copia que lle podo enviar.

Sisachosudo,
Grazas pola súas agarimosas verbas.

Báboasinsomnes,
¿pero candas anasbandes hai pola rede? eu son a auténtica, non se fíe das copias. Gostaríame ser a protagonista do seu conto pero vai ser que non. Bico.

câosemdono dijo...

Puxéchesme un nó na gorxa. Seguro que Mayor Oreja nos había de chamar radicais ou resentidos, ou non sei qué máis, pero eu considero que a guerra civil rematará cando sexan removidas todas as foxas, saibamos os nomes dos mortos e dos verdugos, os grupos políticos que amparen, xustifiquen ou fagan apoloxía do fascismo proscritos, devolto a totalidade do patrimonio espoliado (mesmo o que continúa nas mans dos prebostes do réxime ou dos seus herdeiros) e, por suposto, desartellado o Val dos Caídos (desartellado quere dicir dinamitado).

Mentres tanto, a Mayor Oreja, mayor sordera.

José Fidalgo dijo...

carissíma Ana, parabéns pela sua reportagem fotográfica e pelos demais posts que aqui apresenta.
Sou estudante de arquitectura da Universidade Lusiada do Porto e estou neste momento a preparar a minha prova final de mestrado sobre o tema: "deslocações-peregrinação, nomadismo e catástrofe. muito do que eu analiso no trabalho envolve a relações transfronteiriças que ocorrem entre La Guardia e Caminha, dado o território de estudo ser uma imposição académica. neste momento a estratégia do trabalho prático está no estirador e está a ser muito bem recebida pelos meus mestres.
o ponto fulcral deste meu trabalho é precisamente o "colexio", pois apresenta-se como um objecto carregado de história (apesar de alguma ser negra), e melhor de tudo, encerra todas as questões teóricas que pretendo abordar. como nem tudo pode correr bem, tenho tido algumas dificuldades em recolher material sobre este edíficio; e pelo que eu vi, já não é tão fácil saltar para o interior... pois ,sendo assim, nem fotografias do interior eu consegui recolher.
pedia-lhe encarecidamente que entrasse em contacto comigo para poder partilhar informação.
o meu e-mail : zeluis_lf@hotmail.com

P.S. desculpe escrever-lhe em português mas não domino o galego...

muito obrigado!
José Fidalgo