No marco do curso de verán organizado porla USC "Liberdade relixiosa e sociedade contemporánea" asistín onte á conferencia de Pedro Bouso sobre a sempre misteriosa cuestión dos cartos de igrexa. Ofreceu datos moi interesantes dos que vos irei informando en sucesivas entregas. De 1997 ata 2006 a igrexa recibe do Estado 2.200 millóns de euros como adianto dunha conta da que ata agora non se devolveu nin un céntimo. Cada español, independentemente de si é católico, xudeo, agnóstico, ateo ou chií paga á igrexa católica do seu peto 3,5 euros ao ano. O compromiso de autofinanciamento da igrexa establécese nos Acordos do ano 1979 coa santa sede onde se establecía un plazo de 3 anos de adaptación que foron prorrogados logo a oito e...ata hoxe. A Igrexa NO PAGA IMPOSTOS. Agás o I.V.E. a partir de 2008 (a requerimento da Unión Europea) e as taxas de alcantarillado e auga. No tocante ao tema da cruciña no I.R.P.F. a as súas consecuencias reais, na declaración que facemos cada ano temos dúas posibilidades, poñer a cruz no recadro que di "para a igrexa católica" ou no que sinala "para outros fins sociais". Pois ben, nos dous casos, segundo parece, os nosos cartos van dar ao mesmo caldeiro, como no moderno peto que afea o interior da belísima igrexa de San Francisco de Betanzos. e que ilustra este post. Si eliximos a opción "para a igrexa católica" estamos a dar o 0,7% da nosa cota para a igrexa, e dicir, se temos que pagar a facenda 1000 euros, ingresaremos 997 no Tesouro Público e 7 nas arcas da igrexa. Pero é que se marcarmos a aparentemente laica casilla que di "para outros fins sociais" tamén estamos a darlle cartos aos curas. Do que se ingresa por este concepto un 80% é xestionado polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social e o 20% restante polos Ministerio de Asuntos Exteriores. Todos eses cartos asígnanse non a institucións senon a proxectos concretos. Nestoutro manancial de cartos a igrexa ten unhas 30 institucións "sen animo de lucro" que chuchan do mesmo teto, os nosos salarios. Algúns exemplos: Cáritas Diocesana, que ingresa 6,5 millóns de euros, Mans Unidas, 12 millóns de euros, etc. A igrexa é a que leva o cacho máis grande da tarta da que comen esas institucións de interese social. Curioso, e por esto ninguén protesta, aquí a lei semella ser tan "positivamente" discriminatoria que pagamos todxs, xs burrxs, xs listxs, xs ricxs, xs pobres, xs piadosxs, xs asasinxs, xs...CONTINUARÁ.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
E o peor de todo é que están tan absolutamente acostumados a gozar de toda sorte de privilexios que, cada vez que lle negan un, por ilexítimo que se demostre que era, compórtanse nenos mimados e contrariados que non consenten que se lles diga que "non" a nada.
Xa verá, xa. Malia tal ristra de privilexios, seguro que os católicos se van a seguir a sentir "perseguidos" e "discriminados". O día menos pensado tamén eles nos saen cun manifesto ao estilo do parañoico.
Publicar un comentario