lunes, noviembre 10, 2008

Ohhhbama!

O de Obama, é importante, non cabe dúbida. É a cabeza do país que reinventa as regras de xogo cando lle peta. A súa victoria veu coroar un proceso electoral vivido como propio por moitos países. En España dubido moito que as eleccións nacionais concentrasen tanto interese a xulgar pola tinta derramada durante tanto tempo. Penso incluso que o final feliz da historia ten tamén que ver cun desexo colectivo de que "todo remate pronto e ben". Os primeiros días deixeime levar pola onda de preguiza crítica que debe adobiar os escasísimos momentos de orgamos colectivos e ata puxen a Obama de wallpaper no meu ecran. Porque ademáis de tódolos globos de ouro que recibe cada día, non me negaredes que o tío campa moi ben (v.g. á saída do ximnasio na portada do País). Cando desapareceron as olleiras preceptivas da noite electoral preguntei por ahí cánto nos tiñamos que alegrar coa noticia. Hoxe gostaría comentalo con vós:

Reacción 1: É todo tan perfecto que non pode ser verdade.
Si, este é unha reacción moi común. É verdade, nótase moito o guión pero...¿non foi perfecto tamén el 11S e, desgraciadamente tamén verdadeiro? Velaquí a confusión que resulta dese xogo tan "americano" que levou ata consecuencias ¿tan imprevistas? a manipulación da realidade. O derrubamento das torres foi interpretado, penso que atinadamente como unha gran labazada de hiperrealidade que atordou aínda máis aos cidadáns máis deliciosamente modernos e dixitais do mundo. Os que espertaron percatáronse, cicais de que precisaban dárlle a volta ao pastel pero cun producto de fabricación propia. Non deberiamos deixar que o medo a este sinistro sistema que rinde culto ao envoltorio nos peche as fiestas dun razoamento sempre á contra. En moitos xogos esta é a única estratexia para salvarse.

Foto: A imaxe "We can do it" é o famoso poster de H.Miller con ocasión de "animar" ás mulleres ao duro traballo nas fábricas de armamento logo da IIGM. O máis curioso, como me lembrou hai pouco A. é que xunto ao que xa ten de repulsivo o aproveitamento da muller que se fai nesta ocasión (aínda está por estudar o papel da muller nas guerras e na reconstrucción así como a violencia contra a mesma a grande escala como vimos na famosa novela "unha muller en Berlín) é a conservación do pano na cabeza. Segue sen poder separarse a imaxe feminina do seu cárcere particular. ¿imaxinades a Obama na súa réplica cun peto e a ferramenta de traballo nos campos de algodón?

Próximamente: "Retóricamente perfecto". "A grande esperanza". "The times they are changing". "¿Obama? ¿a ese que se van cargar dentro de pouco?". "A min qué Obama. Déixate de andrómenas e preocúpate pola túa vida....". "Ana, estamos muy esperanzados aquí, y si...tenemos un presidente muy guapo pero a mi me gusta más Zapatero con sus hermosos ojos azules (A. dende os USA). Lectura obrigada: Obama Victory Speech.

2 comentarios:

Lula fortune dijo...

¿Sabes? eu teño ese poster na miña casa e a min gustame o trapiño na cabeza, é unha forma de dicir: "fago o mesmo que ti e ademáis estou divina".
O discurso de Obama teñoo fotocopiado para levalo ao traballo e comentalo párrafo a párrafo. Unha xoia da retórica.
Bicos divinos.

X dijo...

Moi interesante a interpretación de A., teño observado moitas veces esa obra mais nunca reparara nesa posible lectura.
E si, demasiadas ganas de que todo saia ben.
Saúdos.