miércoles, noviembre 05, 2008

Adiviña quen vai morrer

Non vou falar da muller número 60 que ven de morrer a mans do seu home porque segundo o fillo non había quen a fixera calar. Non, non o vou facer. Vou aproveitar para poñervos unha adiviña moi doada e que ven ao caso. Mentres vía a película miraba de esguello para A. Sempre me sorprendeu a tendencia a solidarizármonos co malo da peli. Coma se ninguén nos tivera explicado que non se mata, que non se rouba, que non se viola e que non se despreza. Pero non, A. segue agasallándome coa claridade e afouteza de recoñecer o mal e desprezalo de xeito contundente. Agardo que non sexa ningunha heroína. Baixemos o telón.

NIVEL I: ¿cómo se titula a película?

NIVEL II: ¿Como rematou a cousa entre eles?

NIVEL APICULTOR: ¿que pasou co Oscar á banda sonora?

4 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Nivel 1: a peli é O Padriño.
Nivel 2: a el deronlle hostias ata no carné de identidade os irmans dela.
Deixo o Level 3 para Api. Por non abusar.

Ana Bande dijo...

Amiga mia...(a voz rota e o ton pausado de don Vito ten que imaxinala vostede)...o post non tiña premio pero tratándose da raíña de Corleone non podo menos que axeonllarme e bicalle o seu anel...¡¡¡mamma mia!!!
Apiiiiiiiiiii volveeeeeeeeeeeeee!!!!

Anónimo dijo...

A banda sonora, de Nino Rota, foi descalificada por ter sido utilizada antes. A historia ten su aquel e pode ser consultada na web
http://www.loscorleone.com/

P.D Haberá contubernio a vindeira semana???

Ana Bande dijo...

Docta puellae, si señor, fíxose vostede co premio, convidada a unha ronda no próximo contubernio ¿a próxima semana? nin idea...sabes máis ca min. Eso si, se programades algo eu o xoves xa quedei, e por certo creo que cunha amiga túa tamén, princesa, compartimos reinos, aínda que eu estou coma sempre no barrio máis lumpen. ¡¡¡¡muac!!!!