Prezado Marcos:
Adiei tanto a cousa que agora quedo sen poder darte unha aperta en persoa, mais non quería deixar pasar este fermosísimo día sen che adicar tamén a miña pequena homenaxe. Dende que agromaron esas uvas túas tomei demasiado gusto ao bo viño. Mais o verdadeiro fado destas túas riquísimas colleitas está na compañía. Xa che dixen hai tempo que a túa baiuca virtual é a mellor herdanza que non acadarían a imaxinar aqueles do Volter. Que teñamos un recuncho na rede para ir tomar uns chatos cando nos pete e saber que alí están Marcos, Medela (¡canto te quero!), Arumes, Apicultor, XdC, Lourixe, XMG, [et. al.] -disimulen os vicios do oficio- é algo impagable. Cando lle expliquei a miña nai o fenónemo das Uvas sabía que estaba dando un chimpo imposible. Aos maiores nunca lles entrou na cabeza esto del interné mais todos debecen por entender. Lembro a sorpresa que levou aquel día que fixen sentar diante do ordenador e fomos pasando esas túas uvas e as fotos de Orensalia ¡que cara de felicidade!. Mira meu, ti es moito máis que un bló, ti es a demostración do trunfo da humanidade sobre tódolos ceros e uns do mundo. Seguirei a ler e sobre todo a degustar esas uvas que van caendo e que prometen caldos moito máis milagrosos que os de Panoramix.
¡Unha grande aperta!
[Velaquí está a miña nai fuchicando nas Uvas]
E un agasallo: A foto de arriba, Marcos, é unha Tarxeta do Liceo de Ourense de 1942. O asociado era Aser F. Novoa. Xa che mandarei por correo a outra cara.

1 comentario:
Fermoso comentario, fermosa a túa nai. Foi mágoa que non puideses estar entre nós nun día inesquecible.
Apertas.
Publicar un comentario