viernes, noviembre 28, 2008

Seica me andan a amolar...

As autoridades universitarias debaten a fondo as medidas a tomar perante a folga do servizo de limpeza.

Logo de once días de folga, seica o sector da limpeza chegou a un acordo coa patronal. Esoutro día xa din conta da miña sorpresa perante a total indiferencia coa que as "autoridades" desta nosa universidade ollaban a situación. O lixo co que os piquetes tuneaban o noso campus ata lle daba un toque festivo que non invitaba a reflexionar sobre o grave conflicto social subxacente. Co paso dos días, xs folguistas recrudeceron as súas accións ampliando a gama de desperdicios ao ritmo da súa carraxe. A administración é un ente colectivo (deses con vida propia dos que fala a Gopegui) moi especial. E a administración universitaria, xa non digamos. Dende que se funciona con parámetros empresariais, aquí só se fala de calidade e procedementos e a realidade, aquelo do estudo, a investigación, a reflexión, o ser un modelo para a sociedade...antiguallas. Aquí só se move o que sente que lle andan na carteira. Así de prosaicos. Si señor. Ao alumno só lle preocupa o sucio que está todo -eso si, nos locais de copas onde se empapan literalmente de todo o líquido elemento duns WC de cortello, nin chío- os profesores que se pechen (ou non) as portas para evitar aos piquetes, os investigadores, berrando porque seica alguén lles estragou o resultado da investigación acumulada logo de anos de traballo. Claro, claro. Pero as preguntas debían de ser outras. Ben diferentes. Por exemplo ¿pagou a pena a externalización dos servizos universitarios? ¿que pasa con sector da limpeza? ¿non será unha especie de burbulla onde unha pandilla de cobizosos empresarios quere multiplicar o seu beneficio a costa dos traballadores? Pero como é venres imos botarlle unhas risas e mirar a decoración da sala de xuntas da foto, seica hai alguén por aí facéndome falcatruadas co fotoxop...¡boa fin de semana e próspero ani novo!

8 comentarios:

Anónimo dijo...

E, en consecuencia, que? Seica vas pasar a finde en Bolivia co Che.

Ana Bande dijo...

¿comorrrr?

Diosss, lo juro, palabra de verificación "pringe", ¡juás!

Asia dijo...

por fin! pense que no lo ibas a poner al final...

saludos de POlonia!

Ana Bande dijo...

¡Asia! Eres un peligro con tu ordenador. ¡la reina del tunning!¡te quiero princesa!

Rubicho dijo...

Menos rollo, señora. Chame a atención sobre o retrato da raíña que preside a reunión, que se non non se decata un do traballazo da pola... da gran polaca. Ola Asia!

Ana Bande dijo...

Rubicho, non teño que chamar a atención sobre nada, os que veñen por aquí teñen ollos de mais e ven cousas onde non as hai se que eu teña que avisar a ninguén. Pero voulle cumplir o gusto porque Asia meréceo. Foi unha noite de esmorga na miña casa, Asia tiña gañas de troula, coma sempre, e a súa amiga Ania, nin lle conto.
E fou falar castelán que se non Asia non se entera. Fue todo quitar los chupitos y una figurita de esas sagradas que a mi me gustan, tallada por A. of course y ya no parar de reir. Bueno, también fue culpa de ese vino un CURVA (ver traducción polaca...ja...ja...

Anónimo dijo...

O retrato da raíña está tamén nas portadas dos informes que ollan os catedráticos.

Doutora Seymour dijo...

Viva o sentido do humor! Coa que está caendo se agradece.