martes, abril 07, 2009

semana de paixón...ou as intermitencias da igrexa

Os pasos da semana santa, coma a totalidade da iconografía que inspirou excelsas obras de arte, eran o xeito de ensinar a biblia a un pobo que non podía ler o libro sagrado. E seguimos co mesmo ritual. A igrexa segue pastoreando a gusto ao seu rabaño de fieis, mais hai unha sutil diferencia. O actual analfabetismo é un way of life deliberadamente cultivado que baixo unha apariencia de correción política agocha os xermes dunha volta de ciclo certamente arrepiante. Volto estes días sobre os meus propios pasos, chanzos placebo nos que reafirmo a miña fe nas verbas máis profanas e a miña inclinación definitiva cara o pecado, ou o que é o mesmo, ser feliz a conciencia.
Imaxe: Detalle do retablo da Catedral de Ourense. Cornielles de Holanda, s. XVI.







Noli me tangere Necrosia cultural Eu tamén son atea Os cartos da igrexa (III) (II) (I) Nosa Señora da Ascención....a motor A única igrexa que ilumina é a igrexa que arde, ¡aVe mArÍA pURÍsima ! (sic) ¡00001101100111! ¡dremialamorhermoso!, Exposición Arte e Omosessualità...

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Acabo de ler a túa antiga entrada titulada "La única iglesia que ilumina es la iglesia que arde". Non saio do meu asombro. Ti, que deberías de sobra saber os infinitos custos que hoxe supón o mero mantemento dun edificio antiquísimo como unha catedral, paréceche intolerable que cobren unha mísera entrada para axudar aos gastos. Seguro que pensas que coas subvencións do Estado queda todo pago, e aínda dá para que os cregos vivan na fartura. Sen embargo, creo que pagas relixiosamente (velaí a verba) as entradas ao cine, por máis que o cine español está bastante máis subvencionado que as catedrais, e por máis que os "artistas" viven con moito máis luxo que os cregos.

E aínda lle ris as gracias aos que estarían encantados con volver a esas gloriosas queimas de igrexas que tanto fixeron polo noso patrimonio artístico e cultural.

Ana Bande dijo...

Interesantísima reflexión, amigo anónimo, sen dúbida por representar o pensamento acríticamente correcto da maioría da poboación. Surfeas polo meu comentario...¿queimar iglesias?...non oh..ese lema é unha ironía ben doada para quen queira entender. Ti non queres. A totalidade do patrimonio eclesiástico existe, como saberás, grazas á detracción do escasísimo excedente que as economías do antigo réxime proporcionaban. As igrexas erguéronas a costa de moita fame e con traballo escravo de xentes que tiñan que pagar décimos, prebendas, subsidios, excusados e unha interminable lista de impostos. Non deberían ser agora considerados bens de titularidad privada. ¿que non ten cartos a igrexa? consulta as entradas ad hoc que puxen ao respecto. Polo pouco que se sabe, teñen cartos abondo. Se se consideran propietarios dese enorme patrimonio ¿por que non presentan as súa contabilidade como toda sociedade privada? Se publicasen a súa contabilidade ao mellor podían reclamar algo, pero asi, pola cara, creo que non. Seguen a conservar o privilexio de non pagar imposto algún, pola graza de deus. Neste país, que eu saiba, cando algúe pretende cobrar por unha obra ou servizo, ten que estar de alta en algúns rexistros públicos. Non lle río as grazas aos que gostarían de queimar igrexas porque, afortunadamente, non existen, é un medo apocalíptico dos que ven o demo en calquera crítica a esta rancia e inxusta institución.

legnaresa dijo...

De anónima a anonimo eu tampouco saio do meu asombro. Os infinitos custos que supuxeron a factura desas obras,o seu mantemento, así como os que supoñen os dos gastos actuais en novos edificios,etc, efectivamente véñense producindo dende esa aclamada antiguidade a que vostede se refire. O pago da "mísera" entrada de axuda non supón máis que unha nova claudicación simbólica baixo premisas impostas baixo o marchamo dunha suposta naturalidade, dunha suposta normalidade,dunha lóxica supostamente incontestable, do presuposto, do "por que sí". Da asumción das condicións sin tan siquera ler o contrato. ¿Cal é a razón de que o Estado teña que subvencionar todo ou unha parte dun pago sobre algo que non é seu?. ¿Polo concepto de patrimonio artístico e cultural?. Pois vai ser que non. Que non debían recibir un can, pois o que agora é patrimoio artístico e cultural na súa orixe non era nin foi tal. A orixe, a finalidade e funcionalidade única destas obras (arquitectura, pintura, esculturas, ourivería,incunables,misales,órganos,...) foi relixiosa, foi de propaganda, foi de traducción dun pensamento relixioso único, dun pensamento monástico e eclesiástico ben regulado e premeditado,buscando un beneficio como contrapartida e procurandoo dende a prepotencia dun poder económico,político e social que chucharon directa e indirectamente como parte do estamento dominador da sociedade. Dende a visión da élite que non contenta co título de "primus inter pares" tiña o poder moral sobre o ben e o mal, sobre o futurible do máis ala, o que o pobo tiña que reverenciar. ¿E aínda hai que rirlle as grazas os que pretenden perpetuar ese seu xeito de xestión?
Non o non, non imos queimar igrexas por que sí. Non hai que ser parvos e matar a galiña dos hovos de ouro.O que si se pode e cambiar o modelo de xestión e tamén os propios xestores. Empecemos por facer oposicións para acadar postos nesas empresas sen ter que presentar o título de bautismo debaixo do brazo. Empecemos por facer desa egrexa-empresa unha verdadeira empresa adicada ó turismo, á Educación,á edición, coa transparencia legal precisa segundo as mesmas leis que regulan a calquera ciudadano da rúa.

susanamoo dijo...

...miña fe nas verbas máis profanas e a miña inclinación definitiva cara o pecado, ou o que é o mesmo, ser feliz a conciencia.

mmmm, si si si...
Ana! Qué lingua!

Anónimo dijo...

Estou totalmente de acordo en que o patrimonio da Igrexa débese á posición de preminencia desta institución durante moitísimos séculos. Nuns casos este patrimonio proviña de donacións voluntarias, noutros de contribucións impostas, e noutros, en fin, de situacións máis ou menos intermedias.

¿Diferénciase nisto de calquera outra organización que nalgún momento acade certa magnitude? ¿Acaso o patrimonio do que dispón agora a Universidade de Vigo non provén tamén duns impostos que a xente non paga voluntariamente? ¿É menor a violencia que hoxe exerce o Estado da que noutra época podían exercer os cregos?

A gran maioría das chamadas ONG, ¿de ónde sacan os cartos? Nunha proporción inquedante proveñen precisamente dos presupostos do Estado: vivimos nun país de "Organizacións non gubernamentais" pagadas polo Estado. A máis emblemática de todas, por certo, a Cruz Bermella, utilizaba non hai moito a man de obra escrava que supoñían os "obxectores de conciencia". E non digamos nada de institucións como os sindicatos: nas administracións públicas --que é onde máis alta é a afiliación-- o Estado é o patrono contra o que estes sindicatos teñen que loitar..., pero é o propio Estado o que se encarga de pagarlles.

A parte de que nas súas análises das contas da Igrexa Ana Bande o único que deixa en evidenza é a súa ignorancia sobre os sistemas contables, ¿seguro que as contas da Igrexa son máis escandalosas que as da Universidade?

Ana Bande detesta a Igrexa, cousa que eu podo comprender, pero ao mesmo tempo parece ter unha fe cega no Estado, o que é unha posición tan irracional como as dos que cren que o bo goberno da Igrexa se debe á inspiración do Espíritu Santo. Todo melloraría, semella crer Ana, se o Estado se fixese cargo directamente da propiedade dos centos de miles de templos, dos milleiros de institucións docentes, das innúmeras obras de caridade e, en fin, de todo iso que durante milenios foi caendo, polas boas ou polas malas, nas mans da Igrexa Católica.

Pero muller, mira un pouco ao teu redor: ¿de verdade que o que ti ves na xestión da Universidade de Vigo é para que teñas esa confianza absoluta na bondade da xestión estatal? ¿Caracterízase a Universidade porque os máis competentes son os que chegan aos postos de máis responsabilidade? ¿Son os nosos profesores un exemplo de sabiduría e os nosos funcionarios un modelo de eficacia? ¿A xestión económica da Universidade caracterízase pola súa racionalidade?

¿Que ten que ver isto coa Igrexa?, podes preguntar. Pois eu creo que moito. Cando unha institución como o Estado está moi lonxe de ser un exemplo de boa xestión e de ética, o menos malo que nos pode pasar é que o seu poder estea limitado. A liberdade dos cidadáns non está garantida nun Estado omnipotente, e o estado só pode ser controlado se existen ao seu redor outras institucións poderosas en conflicto con el. Este conflicto entre os poderosos é o único que permite que aos simples cidadáns lles quede algún área de liberdade. Se ao actual poder do Estado Español (que consume el só case a metade do PBI) lle sumases todo o poder --residual e en descenso, pero aínda enorme.-- da Igrexa Católica, o resultado sería unha inmediata disminución das opcións individuais.

De feito, as razóns fundamentais polas que a Igrexa Católica española resulta hoxe tan impresentable son, por unha banda, a case total ausencia de "competencia" nos eidos espirituais, e, por outra banda,a súa habituación á ser dependente económicamente do Estado. Podes comparalo co que sucede en Estados Unidos ou Alemania: onde hai competencia e onde a súa financiación depende directamente dos fieis, e non da benevolencia do Estado, a Igrexa é sorprendentemente moito máis sólida.

Noutra orde de cousas, e aceptando de antemán que este argumento está baseado máis na estética que na racionalidade, eu confeso que cando visito un templo budista prefiro que nel exista realmente un culto budista, e non que estea convertido nun museu, e outro tanto me pasa cando vou a unha mezquida ou a un templo da India. O culto relixioso, na miña opinión, é unha actividade artística non menos valioso que a pintura ou a arquitectura relixiosas: de feito, é o que lle da sentido a ambas. As traxedias clásicas non eran máis que actos relixiosos, moi semellantes ao que hoxe é (ou debería ser) unha misa católica; eu teño que confesar que non "creo" no deus Baco nin na deusa Atenea, pero para poder desfrutar dunha traxedia grega teño que recorrer a iso que se chama "suspensión da incredulidade": para ver con proveito as Bacantes de Eurípides, teño que "crer" en Baco durante o tempo da representación.

A Catedral de Santiago de Compostela convertida nun inmenso parque temático creo que sería infinitamente menos interesante dende o punto de vista estético que a Catedral tal e como hoxe está, dedicada ao culto. De feito, a chata que eu lle atopo hoxe é que ese culto se celebra dun xeito irreponsable tanto por parte dos cregos como da "parroquia": aquelo parece unha representación teatral na que nin os actores se toman a máis mínima molestia en dar verosimilitude á accion, nin o público se está calado. Ou como un concerto no que os músicos non prepararon a obra, e a xente estea de cháchara entre ela.

r.r. dijo...

Consólame a súa brevidade, Señor Anónimo.

A comparación entre o gasto na Igrexa e o gasto nas Universidades paréceme perigosa. as universidades suponse que as pagamos de boa gana para que o noso coñecemento medre. Que a súa xestión sexa mala é outra cousa. A Igrexa... home por favor. Se o negocio vai mal, que fechen. E xa miraremos que facer coa arte ou cos solares.

E chegan tarde co dos parques temáticos: O casco vello compostelán xa é un parque temático. ¿Decátase de que xa non hai lugares onde sentar de balde, como nos parques temáticos anunciados como tales? O único asento libre que queda aí son as escaleiras da Quintana, e é cuestión de tempo que as tiren abaixo para facer un parking. E así deberan ser todos os templos mundiais: parques temáticos, ou museos da historia do maior síntoma de estupidez humana, das relixións que nos levaron a coñecementos e praceres artísticos pero nos impuxeron durante séculos e séculos, e aínda nos impoñen, dores, castigos, discriminacións e vergoñas.

r.r. dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ana Bande dijo...

Señor anónimo, a prolixidade como recurso retórico quedou clara, malia todo, vou tentar respostar sen cansar ao escaso auditorio que me reservan os rituais desta semana de paixón:

¿doacións voluntarias? referirase vostede á recaudación via cepillo e outras curiosas figuras de "control social" coas que a xerarquía pasaba revista diaria ao estado de submisión das súas almas?

A comparación co Estado e a Universidade de Vigo déixame abraiada. Case non dan ganas de respostar. ¿que se non é maior a violencia do EStado que a dos cregos?...pero vostede de que fala? Malia non ter fe cega en nada, como vostede me achaca, son capaz de vez que esas institucións baséanse nunha participación do pobo na súa xestión, democracia, que aínda con toda a súa imperfección venlle ser un sistema moito máis repetable que calquera dictadura ou estado autocrático tipo Vaticano. ¿alguén elixe ao Papa?¿ao cura da parroquia?¿quen lle retruca ao cura na misa? e no da violencia, por favor, ¿que entende vostede por violencia? xa sen ir cara atrás, señor anónimo, ¿non lle parece violentísima a actitude da igrexa con respecto ao uso do condón? ¿non lle resulta repulsiva a violencia contra as mulleres nesa campaña que nos debuxa coma asasiñas de nenos?...
Agora chámame ignorante en sistemas contable...¿a que ven eso, señor anónimo? eu non fixen alarde ningún da miña pericia en haberes e deberes, só digo que a igrexa non presenta as súas contas, e mal podemos comparalas coas da Universidade de Vigo (que teima a súa, por certo con esta institución) porque simplemente non as coñecemos. Pola contra, no noso imperfecto Estado, as administracións teñen obriga de publicalas e ata de ser auditadas. Por eso precisamente podemos falar da mala xestión, p.ex. da Universidade de Vigo, podemos recurrir ao informe do Consello de Contas e denuncialas e corrixilas. ¿quen controla os cartos da igrexa?

NO que atinxe ao rito relixioso como elemento artístico, eu non preciso desa suspensión da incredulidade...sí preciso, para apreciar o Beato de Liébana, ou a Pasión según S.Mateo, ou o Crismón de Quiroga, ou unha traxedia de Eurípides, unha morea de referencias que só podo acadar pola vía do coñecemento obxectivo. E non esqueza tampouco que foi a igrexa a que literalmente expulsou do templo aos que querían levar a ese espazo sagrado as súas representacións teatrais no medievo.

Ana Bande dijo...

Ben señor anónimo, a prolixidade como recurso retórico quedou clara, malia todo, vou tentar respostar sen cansar ao escaso auditorio que me reservan os rituais desta semana se paixón:

¿doacións voluntarias? referirase vostede á recaudación via cepillo e outras curiosas figuras de "control social" coas que a xerarquía pasaba revista diaria ao estado de submisión das súas almas.

A comparación co Estado e a Universidade de Vigo déixame abraiada. Case non dan ganas de respostar. ¿que se non é maior a violencia do EStado que a dos cregos?...pero vostede de que fala? Malia non ter fe cega en nada, como vostede me achaca, son capaz de vez que esas institucións baséanse nunha participación do pobo na súa xestión, democracia, que aínda con toda a súa imperfección venlle ser un sistema moito máis repetable que calquera dictadura ou estado autocrático tipo Vaticano. ¿alguén elixe ao Papa?¿ao cura da parroquia?...e no da violencia, por favor, ¿que entende vostede por violencia? xa sen ir cara atrás, señor anónimo, ¿non lle parece violentísima a actitude da igrexa con respecto ao uso do condón? ¿non lle resulta repulsiva a violencia contra as mulleres nesa campaña que nos debuxa coma asasiñas de nenos?...
Agora chámame ignorante en sistemas contable...¿a que ven eso, señor anónimo? eu non fixen alarde ningún da miña pericia en haberes e deberes, só digo que a igrexa non presenta as súas contas, e mal podemos comparalas coas da Universidade de Vigo (que teima a súa, por certo con esta institución) porque simplemente non as coñecemos. Pola contra, no noso imperfecto Estado, as administracións teñen obriga de publicalas e ata de ser auditadas. Por eso precisamente podemos falar da mala xestión, p.ex. da Universidade de Vigo, podemos recurrir ao informe do Consello de Contas e denuncialas e corrixilas. ¿quen controla os cartos da igrexa?

NO que atinxe ao rito relixioso como elemento artístico, eu non preciso desa suspensión da incredulidade...sí preciso, para apreciar o Beato de Liébana, ou a Pasión según S.Mateo de J.S.B., a Saint Chapelle ou unha traxedia de Eurípides, unha morea de referencias que só podo acadar pola vía do coñecemento obxectivo. E non esqueza tampouco que foi a igrexa a que literalmente expulsou do templo aos que querían levar a ese espazo sagrado as súas representacións teatrais.

legnaresa dijo...

Antes de saír á rúa a disfrutar do día, de todo o día que poida antes de iniciar a noite, e a falta de púlpito onde expor os meus pensamentos, tomarei a libertade de utilizar este blog e largar un speech sabendo de antemán que o zucre cambia de estado sólido a líquido pero mantense na esencia do refresco. A min gústame máis o doce que o salgado malia posibles futuros problemas de diabete. Dende a prehistoria o control e a canalización do medo, do descoñecido, do excepcional ou do anormal supuxo un enigma a resolver e un reto a superar. Quen por calquera circunstancia se fixera con este dominio daba un grande paso cara ao control vía diferenciación e especialización. O máis alá, o outro lado, ...podía ter unha chave de entrada e saída e debía haber alguén “especial” que ticara os billetes. Esta clarividencia non resultou exclusiva da igrexa católica pero sí hai que recoñecer que esta organización foi e sigue sendo un “crack” neste asunto de xogar as cartas, repartilas e guardalas. Falar nun plural comunitario e tomar as decisións polo ben dos outros probiños ignorantes e desvalidos aos que hai que amosarlle a luz pola súa incapacidade para intuila, por falta de madurez, é asumir o rol do ancián-pai experimentado ao que hai que ter un respeto absoluto e incuestionable. Esto véndese mellor se a carga asumida resulta cuasi insoportable e ademaís véndese como un grande favor prestado. Entre as labouras deste infalible “pater sapientísimo”(necesariamente multiplicado a medida que aumenta a comunidade ou algúns grupos vanse decantando da conveniencia de que entre os que mandan e os mandados sempre compre estar entre os primeiros) non caben as ovellas descarriadas nin os “outsiders” que contra natura e tradición optan por quedarse fóra. Esto resulta tan antisistema que non caben as voces disonantes ou os outros xeitos de vivir e de pensar. Ou ben pasan a engrosar as filas da elite de elexídos ou ven deben ser expulsados ao caos. Unha vez co bandullo cheo sempre se pode reposar e co lecer xurde a meditación. O simple pensamento de estar nunha mellor posición predispón ó conservadurismo unha vez se consigue a preeminencia.O que ten fame non ten tempo para pensar noutra cousa que non sexa o día a día. O iletrado, temeroso e confiado, deixa que outro pense por él. Cimentados e atrincheirados baixo unha verdade única e inmutable, que posúen dende as orixes dos tempos e incluso antes, o resto está perdido e equivocado polo que resulta preciso acollelos, dirixilos e perdoalos. É máis, a planificación do sistema xa conta con eso e con eles polo que contempla e permite o perdón en ventanilla única (poder sacerdotal) baixo clausulas penitenciais pecuniarias, morais ou físicas. Dereito a equivocarse, solicitude de perdón e posibilidade de recuncar, que diría o cómico xudeo Mel Brooks. De paso,o sistema facilita a retroalimentación de información mediante o segredo de confesión e como todos sabemos información é poder. Do mesmo xeito que calquera organización de hoxendía en tempos de regresión a igrexa non abandona a colonización como método expansivo máis agora é momento de loitar na casa pola fidelidade dos seus acólitos e adláteres que xa non queren estar baixo o manto protector da Misericordia. Onde hai excedentes existe a posibilidade do expurgo ou da selección, máis en épocas de carestía resulta máis frecuente a reconversión. Ao mellor a organización eclesiástica esquécese conscientemente da liberdade de cada quen para saírse do xogo cando lle pete sen temor algún a que o extorsionen unha vez abandone o barco. Igual cas grandes empresas de telefonía, doado é ingresar (na igrexa faise no mesmo momento do nacemento) e complicado o trámite de sair. Noutros tempos a igrexa coñecía a realidade e eso proporcionáballe a posibilide de mellorar as súas estratexias,de innovar e inventar (o martirio e o sufrimento como redención, a aparición da figura da Virxe María ou a aposta pola extensa haxiografía como exemplificación), de adaptarse o cambio. Como toda organización ou te adaptas ao cambio ou morres. E xa virá alguén que ocupe o teu lugar. Non entendo Sr. Anónimo a súa fuxida cara adiante na comparativa coa Universidade de Vigo aínda que postos a facer comparacións e pensamentos varios prefiro falar do principio de obediencia e submisión que a muller ten a obriga de asumir frente ao varón. Principio que a igrexa asumiu e asume plenamente como organización machista de primeiro orde que é igualando varón-igrexa e muller-fieis nun totum pechado inscrito no intocable concepto de familia patriarcal. Dito principio de submisión resulta esencial pero non único. Faise imprescindible outro principio máis: o principio de xerarquía. Nesta suma de principios, a situación cara a muller resulta doblemente punible pois asumir a suá propia liberdade de pensamento e acción e a súa independencia expona a cometer a culpa de faltarlle aos principios anteditos, respecto a igrexa, ao home, á familia e á sociedade. Agora ben, todo producto debe ser ben comunicado, a menaxe debe estar claramente codificada e co seu envoltorio preciso e precioso. Dignificar o producto é dignificar a obra e os actores. Imprescindible pois un contundente ritual que marque ben os momentos e os espacios utilizados así como as funcións e papeis de cada actor. O transcurrir do tempo exercitando un ritual conleva o perfeccionamento do mesmo. A Igrexa sempre supo facerse co coñecemento e os instrumentos do coñecemento lavando todo o que recollía do entorno e eliminando os competidores directos. Estudar ao contrario ao diferente, ao competidor chámanlle hoxe “benchmarking” e como técnica resulta imprescindible para coñecer os puntos débiles e fortes propios e alleos. O preocupante pode ser a finalidade do estudio sobre todo se o obxectivo resulta o monopolio do espíritu. Vamos, o que Maruxa Mayo chamaba abertamente a Mafia Santa. Pero bueno, xa se sabe que esta moza que chegou a vella era un tanto rara, díscola e tola.

Anónima dijo...

Teño que confesar que me perdo un pouco na longura dos post, aída que me gusta que se anime o debate nesta páxina, nos últimos tempos estaba un pouco de capa caída. E o blog gústame.

Son crente e muller, pero creo non ser idiota e a maior parte das veces estou da miña Igrexa ata os ovarios.

Non me ofenden os comentarios de Ana, sempre os tomei como os berros das feministas: "Hai que queimar, hai que queimar á Conferencia Episcopal" nas manifestacións do 8 de marzo. Teño que dicir que eu tamén berraba e con coñecemento de causa. Aínda así non creo que chegado o caso queimara a ninguén e Ana tampouco.

A miña Igrexa fai e fixo moito dano aos "pobres" que tanto di defender e máis se eses pobres eran mulleres, o peor de todo é que segue a facelo. Ese paternalismo de tratarnos sempre como a menores de idade e de mente, ás que hai que pastorear, é insultante.

A Igrexa xestiona cartos dabondo para manter o seu patrimonio, outra cousa é que lle interese seguir dando penita e aforrando cartos por medio de subvencións, colectas, entradas, donacións, etc. Económicamente falando non é nin un pouco a comunidade de fillos e fillas de Deus que di ser. Propúxoselle ao Arcebispado de Santiago a contratación dunha empresa de limpeza con traballadores/as de difícil inserción (a xestión de dita empresa era levada por unha asociación sen ánimo de lucro e da Igrexa). Dixo que non , non era rendible, e preferiu darlle a gañar cartos a unha empresa privada. Conclusión: Os excluídos/as molestan.

Históricamente e tamén na actualidade son escasas as persoas de igrexa que se preocupan polos que o pasan mal. Pero nesto a Igrexa é tamén un reflexo da sociedade.

A pesar do interesante debate sobre a democracia, penso que en todos lados hai "bispos", tamén na Universidade de Vigo. E ás veces, a escaseza de democracia nos órganos democráticos é máis perigosa... por sutil. Aínda que admita que o da Igrexa e a democracia é de... cagarse (perdón pola escatoloxía en ambos sentidos)

A Igrexa é unha institución de dous mil anos e algo terá que ver esa facultade que ten para evolucionar o xusto sen que o poder mude e sexa compartido... Os mecanismos de control que exercen sobre os fieis (medo-culpa), curas (celibato), profesorado de relixión (ameazas de perda de posto de traballo), mulleres (escarnio público-ignorancia) seguen a ser as súas fontes de poder.

Tou dacordo con Legnaresa en que o pago da "mísera entrada" é unha claudicación ás condicións que impoñen, pero tamén admito que non é o único ámbito no que me pasa. Querería rebelarme máis, pero estou farta de loitar contra xigantes e esa creo que non é a batalla importante. Nen sequera desde posicións ateas. É so unha opinión, porque non son atea.

Tou dacordo en que non me gustaría ver as igrexas adicadas ao turismo exacerbado, pero eso é cara a onde camiñamos e a Igrexa foi das primeiras en deixarse vencer polo xogo do consumismo. A pesar dos discursos dos púlpitos, das pastorais e das encíclicas.

Concordo plenamnete con Susanmoo no do gusto polo pecado, pero é que entendo que Deus califica de pecaminoso cousas diferentes a "eles", os portavoces da Igrexa.

...e con todo cristiá. Ao final vai ser certo eso de que a fe é un don e certo tamén o de que é cega.

Relendo o post creo que quedou con linguaxe demasiado cristiá, non era a miña intención. Espero que se entenda.

P.S.:Non creo que o profesorado de relixión teña que estar na escola pública, ese non quero que sexa o debate.

Ana Bande dijo...

Anónima,
Si, grazas por estar aí e polas túas agarimosas verbas. Tratarei de resucitar un pouco este recuncho, un pouco abandonado cicais por mor dun cambio climático que asolaga ata as ideas. Levas razón, custa seguir o debate con comentarios tan longos, mais penso que a necesidade de reflexión neste e en tantos outros temas ben merece un esforzo. Estamos demasiado afeitos a unha especie de laisser faire perverso que ameaza con acabar con calquera residuo de disconformidade con tanto dogma. Valoro especialmente a túa opinión, como crente e muller xogas unha posición importante e cumpriría moito que outra xente se manifestase críticamente como ti fas. Podo entender as posturas fundamentalistas dunha igrexa que leva séculos traballando arreo por conservar o poder absoluto urbi et orbi, o que non entenderei xamais é esa voluntaria aceptación do castigo e do mal porque sí. Ese consentir consciente cicais teña algo que ver con algunha eiva que no xénero humano se expresa a nivel individual en outras actitudes incomprensibles como sabemos ben as mulleres, sobre todo. Os exemplos que pos son claramente indicativos do desprezo da igrexa cara ao seu rabaño. Hai centos de exemplos así, pero a xente non os coñece, e o que é peor aínda, non lles importa a ninguén. Xa case nin importa que os curas violen masivamente, afacémonos a todo. Esoutro día, por exemplo, con motivo do que pasou en Irlanda, un cidadán dicía que a noticia amosaba unha aptitude aperturista de igrexa, sempre disposta a recoñecer os seus pecados. ¿imaxinas? o mesmiño que dirían dunha banda de violadores en serie recén detidos, seguro. Esto que dis de "Querería rebelarme máis, pero estou farta de loitar contra xigantes" é unha boa mostra do sentimento de impotencia que nos afoga. A tiranía do capitalismo leva inoculada da crise, agora estamos vendo desmoronarse auténticos castelos de area que tantos idiotas tomaron por fortalezas inexpugnables, mais a igrexa non entra en crise xamais porque conta co mellor dos activos, a eternidade, nin mais nin menos. E sobre todo conta cun rabaño sempre inocente e ignorante, disposto a adorar calquer imaxe que se lles poña diante. De momento non hai nada que facer, certamente, só estes pequenos debates que molestan tanto a algúns que seguen vendo igrexas ardendo. Manda truco tamén coa xente culta, ao final as lecturas só serven para reafirmar as nosas crenzas mais primitivas a xulgar polas verbas daquel primeiro anónimo tamén crente. Estaba ben clariño que non tiña eu intención de amolar a ninguén, como recoñece a amiga anónima, pero é que hai moitos católicos que semellan cruzados dunha causa superior á que sempre ven en perigo. Creo que estades trabucados e o mellor que podiades facer pola vosa igrexa é achegala ao pobo e aos tempos que corren. Ou non.

cãosemdono dijo...

Para este can que escribe, a conclusión é a seguinte: Nen Deus, nen amo.

E xa postos, tamén abolición das universidades galegas, agás a de Santiago: Gallaecia fulget!

Bicos, apertas et lambetadas!

Ana Bande dijo...

ei canciño....unha aperta ¿cando vés por aquí?