miércoles, agosto 25, 2010

Sacrificio mexica

Imaxe: representación dun sacrificio humano (Códice Laud)

A maldición obsesiónase doadamente e adoita ensañarse co máis infeliz e inxenuo, co que malia coñecer o sabor do seu propio sangue expón a vida miserable que conserva para que lla volvan arrebatar unha e otra vez. A maldición obsesionouse dende hai séculos con México onde os homes disimularon a súa irrefrenable pulsión asesina con rituais de sacrificios humanos que tiñan a función de saciar aos seus deuses. Pero estas prácticas non son orixinarias da rexión. Están documentadas en todas as civilizacións, son o berce da nosa propia cultur. Pero semella que os deuses mexicas non se sacian nunca e os antigos Tláloc, Huitzilopochtli e Quétzalcoatl disfrázanse agora de policías, narcotraficantes, políticos, funcionarios, empresarios, mafiosos, procuradores e presidentes asasinos. Imaxine vivir nun país onde a súa filla non volve un día a casa e pasados dous meses ten que recoñecela nun corpo ao que lle arrincaron un peito ou o corazón. Imaxine que seu fillo de trece anos sae un día para ensaiar cos seus colegas de instituto e aparecen tiroteados no garaxe, entre os seus intrumentos musicaes e coas primeiras partituras que debuxaban na súa vida metidas nas súas bocas ensanguentadas. E malia todo os mexicas son un dos pobos máis alegres e apaixoados. Cicais esa curiosa complicidade coa morte lles fai tan valerosos e dignos. Non sei. De momento eu estou coma bloqueada co que pasa alí e procurando respostas atopo esceas como esta que vos deixo. Trátase dunha película que vos recomendo, O Violín, de Francisco Vargas, non a perdades.

5 comentarios:

Kaplan dijo...

Sempre pensei que detrás de tanta morte e tanta violencia hai sobre todo unha exaltación do macho entedido como depredador irracional.
Gustoume moito o seu post.

Paz Raña dijo...

Que vas gañando en sabedoría, sagacidade, beleza...

Arevalo dijo...

La crisis financiera a obligado a la nación del norte a cerrar sus fronteras para evitar la fuga de capital: los inmigrantes no deben sacar los dolares del país, ni los ciudadanos deben venir de compras a México. Desde que empezaron las guerras en medio oriente, ha habido una campaña de desprestigio contra México que incluye la exaltación de noticias amarillistas, cuando la violencia siempre ha existido en las grandes urbes...checa este link: http://www.vidahumana.org/vidafam/violence/estadisus.html
Y desde mi punto de vista hay tranquilidad en las calles y violencia en los noticieros...
Ah, y a los aztecas les fue mal:
las naciones que tenían sometidas se levantaron contra sus opresores aliándose a Hernán Cortés...

Ana Bande dijo...

Paz, quedas nomeada socia de honra do clube jarvikeiteliano.

Arévalo, desgraciadamente, a violencia non é patrimonio de país, raza, cultura e creo que nin de sexo, aí está toda a historia, sobre todo a relixiosa, para demostralo ¿non?, dende logo o camiño para erradicala nunca e o de "e ti mais" ou agochar crimes baixo bandeira alguna, sinto que me leses dende esa óptica, non ía por aí a cousa como creo que xa sabes. Que os periódicos minten case sempre non o dubido por eso pescudo pola rede de cando en vez e trato de atopar xente de palabra, ¿non é certo o que conta Judith T. no seu blog? ¿pois logo?

Arevalo dijo...

Admito que es cierto lo que Judith Torres publicó...
Propongo que se presione (de alguna manera) al gobierno de México para que, como prioridad uno, estudie y resuelva el problema de la violencia en Cd. Juárez, Chihuahua.