miércoles, septiembre 01, 2010

Eu non tampouco te agardo...

Foto tomada por Marcos en Santiago. Grazas.

O problema do mal e a teodicea, a cuestión do inferno, creación e salvación, sobre a resurrección, a cuestión da oración, a ver colegas, botádeme unha man, ¿a que conferencia me apunto?, e digo eu ¿darán certificado acreditativo os que organizan este congreso? ¿servirá para facer un pouco máis vistoso o meu currículum? ¿da puntos para as oposicións de secundaria? preguntame algún. Imaxino que si vale o curso de catador de viños e cortador de xamón tamén valerá a asistencia a un congreso que conxuga cristianismo, teoloxía, gastronomía e cuestión nacional. E digo eu, ¿será a crise, que tamén afecta á nosa intelligentsia? Eu desconfiei da situación en canto vin tanta bruxa na tele e tanto cura falabarato na radio. Agora teño para min que a profusión de montes de piedade e franquicias de compravenda son a proba definitiva de que a explosión simultáneas de burbullas terá un efecto apocalíptico e voltaremos á velocidade do descrédito en Zapatero a entregarnos a calquera deus ou heroe, real ou de ficción, chámese Buda, Jesucristo, Breogán o Gandalf. Como lle contaba onte a P., xa só me río ata desencaixarme cun par de cousas, a Vida de Brian, e as viñetas de Forges, e El Roto, así que imaxinar peregrinacións de galegos para xantar-comungar cantando a Breogán e facendo terapia conxunta contra o mal a golpe de "berro seco", déixame sen verbas. Claro que logo cando vexo que a crítica máis feroz que teñen que soportar ven das sotanas de toda a vida xa quedo sen folgos. En fin. Que me uno a eses frikis que din que non esperan por ninguén, pero porque non están organizados que senón tampouco. Gensanta!

No hay comentarios: