viernes, abril 01, 2011

booomniversidade! (III) o asundo das folgas e dos profesores

Estes días algún@s compañeir@os da universidade para a que traballo está a recibir a comunicación oficial do desconto que se lles aplicará na súa nómina por mor dun día de folga. Pero compañeiros non somos todos. Nin iguais. Algun@ cicais por ter un mostrador por diante, vamos, os operarios, eses non poden asinar e liscar para a casa o día de folga. Outros, de xeito vergoñento por seren precisamente os máis "docentes" acudiron, asinaron e fuxiron. Verdadeiramente é unha mágoa que sexa precisamente nun sector adicado á educación superior onde se rexistren os índices de abstinencia e irresponsabilidade laboral máis elevados. Eso si, sen rexistrar porque como non fichan en ningures pois non hai quen @s controle. Preguntaredes algúns o por que deste desmelene. Pois porque sendo administración pública, fai coma que non o é co consentemento da administración pública que a financia. E porque o sistema de insaculación co que se rexe o choio é tan reviradamente endogámico coma un embigo que se alimenta de si mesmo. Sería unha oportuna e saudable medida para o sector docente implicado co seu traballo que dunha vez por todas se adoptasen os sistemas de control de asistencia que obrigan ao resto dos empregados públicos ¿é ou non é?


...e para quitarlle un pouco de pincante á cousa aí vai unha acaidísima viñeta do mestre...¡boa fin de semana a tod@s!


5 comentarios:

Beluka dijo...

Aí falaches! Dende o meu posto vin chegar asinar mesmo a membros do sindicato organizador da folga... Eu firmaba xa polo control de asistencia (e de chegada a tempo), sen pensalo.
Por outra banda, dá a risa que normalmente non se descontasen os día de folga: así é moi fácil protestar, claro que si.
Apertas grandes!

Ana Bande dijo...

que os membros do sindicato que unilateralmente organizou o cotarro foron os primeiros en asinar e liscar a lume de carozo por desgraza non é un feito illado, vergonza allea é moi pouca cousa para definir ese acto infame de que fixeron gala incluso os que teñen postos nos comités de empresa, pero como el@s son os progres e os guays, a calar tododios! como diría o Forges (ver viñeta de hoxe) ¿e non tería algo menos patético?....en inepto non. Fantástico si no fuera cierto.

Sigrid de Thule dijo...

Totalmente dacordo, BandeBande!!! Unha xa está farta deste sistema de castas universitario que fai que o PAS sea o can de palleiro no que todos baten e os profes a puñeteira aristocracia ... son traballadores coma os demáis.

Voz en off dijo...

Non son quen de abri-lo texto sobre a muller anónima.

Ana Bande dijo...

Sigrid de Thule, home castas non que hai pases e pases, e hai docentes moi decentes, a maioría penso, pero o que si hai é un sistema totalmente inxusto xa dende o comezo que vicia o sistema de por vida.

Voz en Off, síntoo, dinlle ao botón de publicar antes de rematar a faena, grazas por estar aí.